Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Concello de Rianxo acaba de sacar a licitación o subministro de WiFi aberta e de balde para espazos públicos do Concello. Serán dez ou máis os puntos previstos que inclúen canda menos un punto por parroquia nos centros sociais e prazas públicas.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/licitacion-da-rede-wifi-publica-do-proxecto-wifi4eu
Rianxo cociña o mar, guía de receitas da gastronomía rianxeira.

Rianxo cociña o mar é unha publicación que recolle, da man de hostaleiros locais, as receitas máis tradicionais da gastronomía rianxeira, xunto con creacións culinarias máis innovadoras de profesionais da hostalería que reinterpretan a elaboración dos produtos locais.

A guía de receitas está dispoñible para a súa descarga en formato PDF.

http://omarfeitotradicion.gal/gastronomia
Música en Feminino, ensembles da Escola de Música de Rianxo.

Ssábado 7 de marzo, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/musica-en-feminino-ensembles-da-escola-de-musica-de-rianxo
Bando informativo sobre as medidas de contención da doenza COVID-19

No caso dos servizos municipais, recoméndase restrinxir ao máximo a atención ao público e reducila á atención telefónica e telemática agás para os casos estritamente necesarios.
http://concelloderianxo.gal/bandos/-/blogs/bando-informativo-sobre-as-medidas-de-contencion-da-doenza-covid-19
O Concello de Rianxo pon en marcha, debido á situación excepcional do estado de alarma pola pandemia da doenza COVID-19, un servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade​​​​​​​, destinado a atender as necesidades básicas de alimentos, produtos de primeira necesidade e medicinas.

As persoas que por diversos motivos non poidan ou non deban saír da casa para desprazarse para obter estes produtos de primeira necesidade, poderán chamar aos teléfonos habilitados:

De 8 a 14 h: SERVIZOS SOCIAIS: 981 860 061
De 14 a 22 h: POLICÍA LOCAL: 901 860 065
As 24 horas: ​​​​​​​Asociación barbancesa de axuda e solidariedade: 696 058 821

https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/servizo-de-axuda-a-persoas-en-situacion-de-dependencia-e-especial-vulnerabilidade-durante-a-pandemia-da-covid-19
O Centro de Información á Muller do concello de Boiro pon á disposición das mulleres que, de forma especial durante a crise provocada pola pandemia da doenza COVID-19, precisen de asesoramento ou sofran unha situación de maltrato, un teléfono de atención de 9 a 20 h.

669 582 674

http://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/telefono-do-centro-de-atencion-a-muller-do-concello-de-boiro
Rianxo Streaming Festival, creación de contidos dixitais contra o aburrimento na corentena.

O Concello de Rianxo propón investir parte do tempo de confinamento durante esta crise cunha iniciativa de creación de contidos dixitais de todo tipo: música, contos, monólogos, divulgación... para seren publicados na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co hashtag #RXtreaming

A fin é a de ​​​​​​​combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a rianxeira.

O modo de participación é doado:

1. Crea o teu vídeo
Música, monólogo... o que se che ocorra!

2. Envíanolo ou Publícao
rs@concell​​​​​​​oderianxo.gal ou publícao e etiquétao co hashtag #RXtreaming

3. Avísanos
Por Telegram ou WhatsApp no 667 18 55... https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/rianxo-streaming-festival-creacion-de-contidos-dixitais-contra-o-aburrimento-na-corentena
Imos lanzar un reto para empezar o #RXtreaming

Esta noite do 18 de marzo, atréveste a gravarte cantando "A Rianxeira" dende a túa ventá ou balcón? Pois tes que, ademais, conseguir que algún veciño ou veciña che acompañe de forma espontánea dende a súa ventá.

Grávate e etiquétao con #RXtreaming ou envíanolo!
Novo vídeo do #RXtreaming desta vez cun cantar popular de Rianxo interpretado por Bernal ao saxofón e Aldara ao clarinete.

Cando veño da lusada,
cando vou para o axexo,
cando veño da lusada,
quérote ver, rianxeira,
sempre na ribeira
no peirao sentada!

Corre, rianxeira, vente, mariñeira, que van a chegare
os nosos mociños que veñen do mare;
que veñen do mare, que veñen do mare, veñen pola ría,
mira como veñencheos de sardiña!

Coñecedes máis coplas deste cantar?
https://youtu.be/UXgw7te8WXw
O Concello de Rianxo ofrece un servizo de información sobre as medidas económicas que está levando a cabo o Goberno de España para combater a situación de alarma provocada polo COVID-19.

Este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas ou persoas autónomas afectadas pola situación. As persoas que o desexen poden contactar co Concello a través de:

Teléfono: 604 022 090

Correo electrónico: marcos.alejandro@concelloderianxo.gal

O horario de atención será de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas.
http://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/servizo-de-informacion-sobre-as-medidas-economicas-que-esta-levando-a-cabo-o-goberno-debido-a-situacion-de-alarma-1
Lembra que na web do concello podes atopar información actualizada sobre os trámites e medidas relacionadas coa pandemia da doenza COVID-19: prestación por cese de actividade, modificacións no funcionamento dos servizos (emprego, axuda no fogar...), xestión de resíduos, prazos administrativos...
http://concelloderianxo.gal/