Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
URXE​​​​​​​NTE

​​​​​​​No reparto de máscaras realizado onte (mércores 8 de abril) dábase a coñecer unha dose excesiva no microondas para este produto, que debe reducirse a un máximo dun minuto por cara da máscara. Sentimos as molestias causadas que se irán corrixindo nos vindeiros repartos.
Subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal. Información sobre o subsidio e sobre as condicións e os trámites para solicitalo.
https://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/subsidio-de-desemprego-excepcional-por-fin-de-contrato-temporal
"Eu quedo na casa", de Ramón D. Veiga . Ilustracións de Iván R. Diario da corentena. Abril de 2020. Escola Rosalía de Castro de Taragoña (CRA de Rianxo)

#RXtreaming


https://www.youtube.com/watch?v=1qPg8ZZnqlg
Estes días estanse a recibir máis ciberalertas de seguridade do habitual. Se recibes un correo ou mensaxe sospeitosas e dubidas da súa autenticidade, contacta connosco e comprobaremos se é seguro. https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/aviso-ante-correos-e-mensaxes-fraudulentas
Iniciamos o reparto de portátiles entre o alumnado de primaria, que se completará ao longo desta semana con conexións wifi para quen non dispoñan do equipamento e a conectividade necesarios para seguiren o terceiro trimestre do curso de forma telemática. https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/prestamo-de-equipos-informaticos-e-conexions-wifi-entre-o-alumnado
Jitsi é un proxecto libre de código aberto que desenvolve unha plataforma de vídeo-conferencia múltiple, que podes utilizar no canto doutras solución privativas como Skype, Hangouts, Duo ou Zoom.

O Concello de Rianxo adóptaa nun servidor propio para as sesións telemáticas dos Plenos, e pona a disposición dos centros escolares e outras asociacións municipais.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/o-concello-de-rianxo-implanta-jitsi-a-ferramenta-de-videoconferencia-libre
O Concello de Rianxo coa achega da Deputación da Coruña repartiu un lote de mil máscaras entre as cinco farmacias do concello, para a súa distribución preferente entre a poboación de maiores de 60 anos, mentres non se vaian normalizando as posibilidades de adquisición comercial. Na vindeira semana está preparándose un reparto de 10.000 directamente nas vivendas e en establecementos comerciais abertos.
Recorda que durante o estado de alerta os trámites administrativos débense facer por vía telemática. Aquí tedes unha pequena guía dos servizos electrónicos do Concello de Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/tramites
Recorda que durante a corentena, as persoas dependentes e máis vulnerables dispoñen dun servizo de axuda para obter produtos esenciais.
https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/servizo-de-axuda-a-persoas-en-situacion-de-dependencia-e-especial-vulnerabilidade-durante-a-pandemia-da-covid-19
O sábado 2 de maio estrearase por streaming o documental Rianxo con boa letra, da produtora Xurdir, no que intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ignacio Seijo, director de Xurdir. O acto será presentado por Eva Iglesias.

A emisión en directo será ás 20.30 h pola canle de YouTube da Produtora Xurdir: https://www.youtube.com/channel/UCGGEa0hV7mTHBfNm--HfXGA ​​​​​​​

https://concelloderianxo.gal/comercio/-/blogs/rianxo-con-boa-letra-estrea-do-documental-sobre-a-industria-e-a-actividade-economica-no-concello-de-rianxo
Os locais comerciais afectados pola crise da COVID-19 poden acollerse a un cambio de tarifa a outra máis vantaxosa durante o segundo cuadrimestre
https://concelloderianxo.gal/bandos/-/blogs/bando-informativo-sobre-a-recollida-de-lixo-para-locais-comerciais-durante-a-crise-da-covid-19
O Open Source Observatory and Repository (OSOR), un proxecto da Unión Europea, vén de facerse eco do proceso de implantación de Software Libre no Concello de Rianxo, tras unha entrevista co noso Departamento de Informática.
https://joinup.ec.europa.eu/collection/open-source-observatory-osor/news/end-troubleshooting
PuntoGal ofrece dominio, espazo web e correo electrónico DE BALDE durante un ano para axudar a comerciantes, hostalaría, artesás e artistas a abrir os seus espazos na rede.

É unha boa oportunidade para dar o salto á presenza na Internet para poder dar o servizo tamén en liña. http://dominio.gal/abre-na-rede/