Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Do 30 de outubro ás 20.00 h ao 28 de novembro poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de pintura: Reivindicación das mariscadoras de Vilanova de Arousa realizada polo pintor Francisco Pérez Alonso. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-de-pintura-reivindicacion-das-mariscadoras-de-vilanova-de-arousa
En poucos días (tras a súa publicación no BOP) as microempresas e persoas autónomas poderán solicitar na Sede Electrónica do Concello de Rianxo as axudas do PEL-Reactiva, destinadas a paliar os efectos da COVID-19. Xa dispoñibles as bases da subvención.
https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/axudas-pel-reactiva
Hoxe saíu publicado no BOP o anuncio da convocatoria das axudas do PEL. A partir das 00.00 h de mañá día 7 de novembro a solicitude estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Rianxo para ser tramitada de forma telemática. As bases están publicadas na web do concello.
Até o 25 de novembro podes solicitar as axudas para gastos correntes (arrendamentos, materiais, reparacións, seguros, subministracións de auga e luz...) e derivados da COVID-19 para a túa microempresa ou negocio. Bases e solicitudes na Sede Electrónica.
https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasPelReactiva
Escola de familias: Quererse ben, a urdime do bo trato, coa psicóloga Natalia Guedella.

Charla educativa encadrada na programación especial do 25N, que procura homes para participar nas actividades relacionadas cos coidados infantís do Programa Apego.
https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/escola-de-familias-quererse-ben-a-urdime-do-bo-trato-coa-psic-loga-natalia-guedella
VENRES 20 DE NOVEMBRO - 20.00 h - "Ola de crímenes" dirixida por Gracia Querejeta

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña desenvólvese na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo os vindeiros venres 20 e 27 de novembro, ás 20.00 horas.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/venres-de-cine-no-auditorio-de-rianxo
Esta fin de semana, o "+ que tapas" recunca en Rianxo. Do venres 20 ao domingo 22, degusta as tapas nos establecementos participantes e puntúaas para escoller a gañadora.
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/vi-edicion-do-que-tapas-en-rianxo
A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro o encontro Tradición en feminino, no Pazo de Rianxiño.
Escola de familias: Educando nas novas masculinidades, con Jorge García Marín

Relatorio e presentación do libro "Papa, por que non pintas as unllas de cores?, Educando (construíndo) masculinidades disidentes".
https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/escola-de-familias-educando-nas-novas-masculinidades-con-jorge-garc-a-mar-n
A Asociación Ondiñas Mainas organiza nos baixos da Biblioteca Municipal unha exposición itinerante sobre o alfombrismo de Galicia. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-nos-baixos-da-biblioteca-municipal
O sábado 28 de novembro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo desenvolverase a proposta teatral Nanda na encrucillada, escrita e dirixida por Gustavo Dieste e interpretada por Teatro do Improvisto. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-familiar-nanda-na-encrucillada-por-teatro-do-improvisto
A Asociación de Empresarios de Rianxo vén de lanzar o portal de comercio e venda en liña mercarianxo.gal. Como cliente, podes mercar nas distintas tendas e solicitar o envío ao teu domicilio, ou ben pasar a recollelo no propio establecemento.

https://mercarianxo.gal/inicio/gl/
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/mercarianxo-gal-o-portal-de-venda-online-do-comercio-de-rianxo
Emisión en directo do Pleno de novembro
https://youtu.be/tK4olYaXS0k
O Pleno da Corporación aproba por unanimidade a exención da taxa de terrazas durante os anos 2020 e 2021, de forma retroactiva. Trátase dunha medida de apoio ao sector hostaleiro para axudar paliar a crise da COVID-19.
https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/exencion-terrazas
O Correlingua chega en formato concerto do grupo Biribirlocke, que actuará ante o alumnado do CEIP Ana María Diéguez de Asados.

A actividade é interna no CEIP, mais poderá seguirse vía streaming nesta ligazón: https://youtu.be/m50030ry76M
https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/o-correlingua-en-rianxo
Exposición Son Agasallo. Artesanía en madeira, do 4 ao 26 de decembro no Auditorio de Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-son-agasallo-no-auditorio-de-rianxo
O sábado 5 de decembro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar o espectáculo A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleáns interpretado pola Asociación Cultural e Folclórica o Fiadeiro xunto co antigos alumnos e alumnas da ESAD de Galicia. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/a-viaxe-de-jose-do-campo-un-espectaculo-de-o-fiadeiro