Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O grupo 2na Fronteira actuará o vindeiro sábado 6 de marzo, ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, co concerto-exposición Arredor de Nós. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/arredor-de-n-s-concerto-exposici-n-de-2na-fronteira-
A brass band Brassica Rapa cun pasacalles, a compañía De Ste Xeito Producións con Feminíssimas e ButacaZero con 32 metros cadrados estarán en Rianxo dentro da programación cultural arredor da celebración do 8M 2021. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/programacion-cultural-arredor-da-celebracion-do-8m-2021-rianxo
O Concello de Rianxo vai presentar proximamente no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, as ofertas de emprego para a contratación do persoal necesario para o “Programa de Integración Laboral PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021, mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o exercicio 2021”. https://concelloderianxo.gal/procesos-selectivos/-/blogs/pel-concellos-reactiva-2021
Publícanse as Bases reguladoras para a concesión de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana, nos núcleos de Rianxo, Fincheira e Rianxiño, 8ª fase https://concelloderianxo.gal/odr/-/blogs/convocatoria-de-axudas-na-ari-1
O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Rianxo elaborou unha Guía de mobilidade para traballar e formarse no estranxeiro, que podes descargar na ligazón:
https://concelloderianxo.gal/orientacionlaboral/-/blogs/guia-de-mobilidade-para-traballar-e-formarse-no-estranxeiro
O Servizo de orientación laboral do Concello de Rianxo publica de forma habitual, na súa rede social do Facebook, ligazóns ás ofertas de traballo da contorna, tanto da empresa privada como de organismos públicos. https://www.facebook.com/orientacionrianxo
A Xunta de Galicia ofrece, no seu espazo do PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA, o necesario para que os establecementos hostaleiros poñan en marcha as medidas que garanten a seguridade sanitaria: acceso, rexistro dos locais, xeración dos códigos QR e os modelos dos carteis que indican a capacidade nos interiores e nos exteriores dos locais.
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura
Xa están en funcionamento os 10 puntos de acceso en Rianxo e nas parroquias da rede WiFi gratuíta WiFi4EU, unha iniciativa da Comisión Europea.

Só tes que buscar a rede "WiFi4EU Rianxo" e conectarte, nos espazos públicos habilitados:

1. Campo de Arriba (Rianxo)
2. Parque de Galicia - Auditorio (Rianxo)
3. Praza Virxe de Guadalupe (Rianxo)
4. Parque da Martela (Rianxo)
5. Praia da Torre - Castelo da Lúa (Taragoña - Rianxo)
6. Campo de Pasos (Taragoña)
7. Centro Social da Capela (O Araño)
8. Casa da República (Isorna)
9. Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro)
10. A Atalaia (Asados)

https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/a-rede-europea-wifi4eu-entra-en-funcionamento-en-rianxo
O domingo 7 de marzo, ás 12:30 h, ​a brass band-fanfarria Brassica Rapa (100% feminina) realizará un pasarrúas polas rúas de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas, dentro da programación cultural do 8M Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-feminissimas
Dentro da programación cultural do 8M de Rianxo, o domingo 14 de marzo, ás 19:30 h, a compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-32-metros-cadrados
O artista rianxeiro Duarte Galbán presenta o seu espectáculo Vello aos vinte e pico, o vindeiro sábado 20 de marzo, ás 20.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/monologo-duarte-galban-vello-aos-vinte-e-pico
O Concello de Rianxo e a Agrupación Local de Protección Civil, organizan un Obradoiro Formativo para a elaboración de trampas e atraentes caseiros para atrapar as raíñas de nespra velutina. O vindeiro sábado 27 de marzo ás 11.00 h no Liceo.
https://concelloderianxo.gal/medioambiente/-/blogs/atrapa-a-nespra
Restricións sanitarias que entran en vigor hoxe, venres 19 de marzo.
O vindeiro venres 26 de marzo, no CEIP Castelao de Rianxo, representarase a obra teatral A Gran Viaxe, de Inventi Teatro. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/espectaculo-teatral-a-gran-viaxe-por-inventi-teatro
O vindeiro xoves 25 de marzo, no Auditorio de Rianxo, monólogo "Contos de Contrabando" de Avelino González. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Dirixido ao alumnado de 1º da ESO do IES Félix Muriel de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/monologo-contos-de-contrabando-por-avelino-gonzalez
O vindeiro martes 23 de marzo, no CEP Brea Segade de Taragoña, concerto didáctico "24 instrumentos populares galegos" polos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña para escolares.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-didactico-24-instrumentos-populares-galegos-por-suso-vaamonde-e-xose-lois-romero
Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do vindeiro 25 de marzo de 2021 https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-ordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-25-de-marzo-de-2021