Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Festival Noites de Jazz Rianxo 2021 celebrarase do 4 ao 7 de agosto. A programación inclúe concertos, accións formativas e a exposición Trazos de Jazz: A visión de Matisse.

Os concertos celebraranse no exterior do CEIP Castelao, ás 22.30 h. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-noites-de-jazz-rianxo-2021
No marco do festival Noites de Jazz, e en colaboración coa Escola de Música de Rianxo, ofértanse diversas accións formativas.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/accions-formativas-do-festival-noites-de-jazz-2021
O venres 30 e o sábado 31 o Festival da Lúa alumeará varios edificios e lugares da vila de Rianxo: casas de Manuel Antonio, Rafael Dieste e Castelao, Pazo de Martelo, Peirao de Setefogas... a partir das 22.00 h.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-da-lua
FESTIVAL DA LÚA
UN XEITO DISTINTO DE PASEAR RIANXO
Este fin de semana, nas noites do venres e o sábado, propoñemos un paseo distinto por Rianxo. O Festival da Luz, na súa primeira edición baixo o lema “Alumeando letras”, ten o obxectivo de aportar unha nova perspectiva do valioso patrimonio literario do noso concello a través de intervencións artísticas baseadas na luz e son. Un recorrido que vai permitir redescubrir espazos cotiáns do pobo, achegarnos a eles con outros ollos, reinterpretalos e observar dimensións que habitualmente pasan desapercibidas, así como reforzar elementos clave da vida comunitaria: arte, patrimonio, natureza, tecnoloxía, innovación e compromiso social.
Concello de Rianxo Turismo Rianxo ARE Rianxo Barbanza Arousa
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-da-lua