Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
A Asociación Ondiñas Mainas organiza, dentro do proxecto Viladomar, máis alá dos muros, unha acción veciñal para a limpeza da senda litoral de Taragoña, o vindeiro luns 30 de agosto ás 18.30 h.
https://concelloderianxo.gal/medioambiente/-/blogs/recollida-vecinal-de-residuos-na-contorna-da-senda-litoral
Dende o 27 de agosto ao 14 de setembro, poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de Arte Reciclado da Asociación Amicos. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-de-arte-reciclado-da-asociacion-amicos
O espectáculo MEZZO. O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo presentase en Rianxo o vindeiro 5 de setembro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/mezzo-o-fantastico-circo-de-insectos-xigantes-do-dr-mezzo
O Concello de Rianxo publica con data 09/09/2021 no Boletín Oficial da Provincia (núm. 172) a aprobación das bases para a convocatoria das bolsas municipais destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio para o curso 2021-2022. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/bolsas-municipais-curso-2021-2022
Os Premios Youtubeiras abren a inscrición dunha quinta edición que buscará a consolidación da comunidade creadora “que medrou ao abeiro do concurso” https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/youtubeiras-2021-magnetismo-en-lina
Volve o teatro á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo da man do grupo de teatro Airiños, o sábado 25 e o domingo 26 de setembro realizarán dúas funcións de Cataturxia, cata de textos breves do teatro galego contemporáneo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-cataturxia-a-cargo-de-teatro-airinos
AGG organiza o vindeiro venres 24 e sábado 25 de setembro, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa participación do Concello de Rianxo, a novena edición das Xornadas arredor da música tradicional, con relatorios de investigación vencellados á nosa cultura e a presentación de novas publicacións. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/ix-xornadas-arredor-da-musica-tradicional
Oobradoiro de iniciación ao gravado os sábados 9, 16, 23 e 30 de outubro de 10.00 a 13.00 horas, destinado para persoas maiores de 16 anos. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/obradoiro-de-iniciacion-ao-gravado
AGASOL ofrece dous talleres de tecnoloxía e creatividade dentro do proxecto Girl STEAM, derrubando estereotiopos, os días 1 e 2 de outubro para a rapazada de 8 a 16 anos, na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/obradoiros-de-tecnoloxia-steam-derrubando-estereotiopos-
Youtubeiras chega á súa quinta edición neste 2021 para continuar enchendo a Rede de vídeos en galego no Youtube. Youtubeiras xera contidos propios sobre a creación en galego na Rede e promove a consolidación de referentes na nosa lingua con contidos de crecente calidade. https://www.youtube.com/watch?v=n4fhu7-Nd9Y
PROGRAMA ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2021-22. https://concelloderianxo.gal/deportes/2021-22
Xoves 30 de setembro as 18:00h, primiero "Xoves da Biblioteca" onde nos acompará Pablísimo co contacontos "O arquivo do Chibo" para cativada a partir de 4 anos. https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/contacontos-o-arquivo-do-chibo-
O venres 1 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a representación do tríptico teatral para 11 bruxas en 101 minutos Soga e Cinsa a cargo da compañía Aporía Escénica. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/triptico-teatral-soga-e-cinsa-a-cargo-de-aporia-escenica
O vindeiro sábado 2 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía de danza de Fran Sieira achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co espectáculo DeMente. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/espectaculo-de-danza-demente-a-cargo-da-compania-de-fran-sieira-entradas-esgotadas
O sábado 2 de outubro, ás 18.00 h, terá lugar no Pazo de Rianxiño o II Foro de alfombrismo de Galicia e patrimonio inmaterial.

Enmarcado no foro, do 4 ao 17 de outubro na Biblioteca Municipal terá lugar unha exposición arredor do alfombrismo en Galicia.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/ii-foro-de-alfombrismo-de-galicia-e-patrimonio-inmaterial
O programa mixto de emprego e formación "Carnero Valenzuela II" pon fin a 12 meses de formación e traballo coa presentación dos proxectos realizados polos 16 alumnos e alumnas ante a presenza da Secretaria territorial da Coruña da Xunta, Patricia Rodríguez Franco, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez. https://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/clausura-do-obradoiro-de-garantia-xuvenil-carnero-valenzuela-ii-e-presentacion-dos-traballos-de-deseno-web-realizados
Os traballos realizados consisten en 7 webs de interese para Rianxo, entre as que descata o Portal de Entidades, un escaparate colaborativo do tecido asociativo do municipio.

Neste tríptico preséntanse os 7 traballos realizados.
https://concelloderianxo.gal/documents/13270/0/Proxecto_Carnero+Valenzuela+II.pdf