Concello de Rianxo
143 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Publícanse as bases da convocatoria de unha (1) praza de operario/a de limpeza, persoal laboral fixo, reservada a persoas con discapacidade. OEP-2017. Publicadas no BOP núm. 237 de 15-decembro-2021 https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20211222103006225.html
Convocatoria e Bases 1 tractorista limpeza praias, persoal laboral fixo descontinuo

Anuncio de Convocatoria e Bases dunha praza de 1 tractorista limpeza praias, persoal laboral fixo descontinuo, (execución sentenza) OEP-2018. Publicado no BOP 237 de 15-decembro-2021

https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20211222113140775.html
Convocatoria e bases 1 arquitecto superior de funcionario cobertura definitiva

Anuncio de convocatoria e bases de selección en propiedade dun funcionario, de carreira 1 praza de a Arquitecto/a, para cobertura definitiva. Publicado no BOP núm. 239 de 17-decembro-2021

https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20211222120006683.html
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
Felicitación do Nadal do Concello de Rianxo 2021
O proxecto de colaboración que se está a desenvolver entre o Concello de Rianxo e RedeAberta.gal para despregar unha rede neutral de fibra óptica vén de materializar a primeira teleoperadora local FibraRianxo.com, que será a empresa de telecomunicacións que prestará os servizos de Internet a través de RedeAberta, ademais doutras solucións de conectividade para zonas rurais e de telefonía móbil.

A rede empezarase a despregar ao longo de 2022 en 3 fases, ata chegar "ata a última casa da última aldea", seguindo a mesma filosofía que RedeAberta está a desonvolver noutros concellos nos que xa ten presencia.

Con esta colaboración o Concello de Rianxo pretende axudar a dar solución aos problemas de cobertura de redes de alta velocidade que sofren non poucos núcleos rurais e incluso urbanos do municipio.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/o-proxecto-de-fibra-neutral-de-rede-aberta-xa-e-unha-realidade-coa-creacion-de-fibra-rianxo-un-teleoperador-local
NOVAS Medidas Covid-19

ℹ A Xunta de Galicia vén de anunciar os cambios nas restricións pola Covid-19 que decidiu o comité clínico ante a SEXTA ONDA 🦠

🔴 A hostalería terá que pechar a medianoite todos os días, excepto os venres e os sábados, que se amplía á 1 da mañá.

🔴 O horario do lecer nocturno redúcese ás 2.
Ponse en marcha un «toque de non queda» entre 2 e 6 da mañá. Só se poderá transitar pola rúa sós ou con persoas da mesma unidade familiar.

🔴Exténdese o certificado covid a todo o horario en bares e cafeterías. Ata o de agora só se requería a partir das 21 horas.
Pechan as barras.

🔴 Evitaranse os eventos musicais masivos. En todo caso deberán ser con público sentado, tanto en interior como en exterior.

🔴 As cabalgatas de reis recoméndanse que sexan estáticas.

⏰ As medidas entrarán en vigor o 31 de decembro ás 00.00 horas e estarán vixentes ata o 18 de xaneiro
AVISO DOS REIS MAGOS

Atención,
Está todo preparado, pero as súas maxestades os Reis Magos téñenlle medo a choiva, polo que van atrasar a saída da cabalgata e farán o itinerario previsto todo seguido.
Sairán ás 14:30 horas dende Isorna. Estade atentos/as as redes sociais e compartide para que chegue a todos/as os rianxeiros/as
#ReisRianxo2022
O Concello de Rianxo forma parte do programa de mobilidade para a asistencia ao novo espectáculo do Centro Dramático Galego, A Peste, dirixida por Cándido Pazó e inspirada na novela de Albert Camus. O sábado 19 de febreiro desprazarémonos ao Salón Teatro de Santiago de Compostela.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/sobes-ao-autobus-do-teatro-
O Concello de Rianxo está integrado no Programa integrado de Emprego do Concello de Dodro 2021/22, do que xa está en marcha o proceso de selección de participantes.

https://concelloderianxo.gal/orientacionlaboral/-/blogs/programa-integrado-de-emprego-do-concello-de-dodro-2021-22
Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o mércores 12 de xaneiro de 2021. https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-extraordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-12-de-xaneiro-de-2022
O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2022 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/actos-castelao-2022
Do 21 de xaneiro ao 6 de febreiro, a exposición organizada pola Deputación da Coruña que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode visitarse a ceo aberto na praza da Manuela no Paseo da Ribeira en Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-a-ceo-aberto-na-praza-da-manuela-arredor-de-ricardo-carvalho-ca
Do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro, terá lugar na sala de exposicións do auditorio de Rianxo Escolanía de Merlos, que recolle os traballos realizados ao abeiro do Obradoiro de iniciación ao gravado impartido por Pepe Míguez o pasado mes de outubro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-de-gravados-escolania-de-merlos