Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2022 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/actos-castelao-2022
Do 21 de xaneiro ao 6 de febreiro, a exposición organizada pola Deputación da Coruña que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode visitarse a ceo aberto na praza da Manuela no Paseo da Ribeira en Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-a-ceo-aberto-na-praza-da-manuela-arredor-de-ricardo-carvalho-ca
Do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro, terá lugar na sala de exposicións do auditorio de Rianxo Escolanía de Merlos, que recolle os traballos realizados ao abeiro do Obradoiro de iniciación ao gravado impartido por Pepe Míguez o pasado mes de outubro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-de-gravados-escolania-de-merlos
O domingo 13 de febreiro vaise celebrar a IX Marcha BTT "Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo servizo de deportes do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/ix-marcha-btt-e-v-andaina-concello-de-rianxo-
O autor rianxeiro Óscar Reboiras presentará o seu novo libro O cronista imposible, o vindeiro venres 21 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. No acto intervirán José Villanueva Rey (xornalista e crítico de cine) e o alcalde do Concello de Rianxo Adolfo Muíños. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-de-o-cronista-imposible-de-oscar-reboiras
Axudas para a adquisición de pastores eléctricos para a prevención dos danos ocasionados polo xabaril
A Deputación da Coruña vén de convocar as liñas de subvencións para entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos e actividades culturais. O prazo de presentación é ata o 4 de marzo.
https://entidadesderianxo.gal/convocatoria-de-subvencions-para-entidades-sen-fins-de-lucro-da-deputacion-da-coruna/
A corporación municipal de Rianxo, na sesión celebrada o mércores 9 de febreiro, aprobou por unanimidade a relación de proxectos presentada polo equipo de goberno para incluír na relación do Plan Único da Deputación para o 2022. As propostas de Rianxo suman un total de 305.885,76 ás que se engaden dous proxectos no Plan Complementario pendente de novas achegas por valor de 275,260,79. https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/o-pleno-aproba-por-unanimidade-os-proxectos-do-plan-de-obras-e-servizos-2022
O domingo 13 de febreiro vaise celebrar a IX Marcha BTT "Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo servizo de deportes do Concello de Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/ix-marcha-btt-e-v-andaina-concello-de-rianxo-
O Concello de Rianxo, acollendo a chamada da Federación Galega de Municipios e Provincias, convoca á veciñanza a unha concentración de un minuto de silencio hoxe ás 11 h na Praza Castelao, diante da Casa do Concello, por mor do tráxico naufraxio do buque galego "Vila de Pitanxo" en Terranova.
Programación do Entroido Rianxeiro 2022. Disfrázate!
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/entroido-rianxeiro
Presentación do segundo volume do Cancioneiro escolar urxente, coordinado por José Luís do Pico Orjais, o venres 25 de febreiro, ás 17.00 h, no exterior do CEP Brea Segade de Taragoña.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-cancioneiro-escolar-urxente-volume-ii