Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
A Asociación " Moreniña" organiza unha charla-obradoro sobre o traxe tradicional de Rianxo enfocado na época do Feirón Mariñeiro. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/charla-obradoiro-sobre-o-vestiario-do-feiron-marineiro
O domingo 17 de xullo terá lugar o XXXVI remonte anual marítimo fluvial conmemorativo da "TRASLATIO APOSTÓLICA" que partirá do peirao de Rianxo ás 17.15.

Para participar no evento pódese recoller o billete na oficina de turismo de Rianxo.
O 17 de xullo, ás 22.30 horas, na Praza de Castelao, terá lugar o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentando o seu novo traballo As Catedrais Silenciadas. Parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-xabier-diaz-adufeiras-de-salitre
Festas do carme de Rianxo, do 14 ao 17 de xullo de 2022.
Do 14 ao 17 de xullo, a Comisión de Festas Virxe do Carme de Rianxo organiza o RianClown, IV Festival Cómico de Rúa, a cargo da compañía Charlatana, en varios espazos da vila.
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/rianclown-iv-festival-comico-de-rua
Do 23 ao 25 de xullo, a Festa da Xouba de Rianxo porá en valor este produto rianxeiro coa creación da Marca de Calidade Xouba de Rianxo-pesca Artesanal-arte do Xeito, ademais dunha serie de actividades de showcookin​​​​​​​g​​​​​​​, a degustación popular e as actuacións previstas no Verán Cultural.
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/festa-da-xouba-de-rianxo
Do venres 22 ao luns 25 de xullo terá lugar en Rianxo, no Campo de Arriba, a Feira do libro organizada pola Federación de Librerías de Galicia coa colaboración do Concello de Rianxo e outras entidades.

Na ligazón podes consultar toda a programación.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/feira-do-libro-en-rianxo-3
programa_completo_feira_rianxo.pdf
475.2 KB
Programación completa da Feira do Libro
O Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, festival de Títeres tradicionais celebraráse en Rianxo entre os días 24 e 31 de xullo. Organizado pola asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, conta cunha programación que inclúe unha trintena de formacións artísticas.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festivais-de-titeres-tradicionais-titiriberia-olladas-sobre-os-cristovos
Presentacións de libros rianxeiros dende o venres 22 ao luns 25 de xullo no Salón de Plenos do Concello de Rianxo, enmarcadas na Feira do Libro de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-de-libros-rianxeiros-na-feira-do-libro-de-rianxo
O venres 22 de xullo, o Mago Antón achégase a Rianxo co espectáculo Mil maxias máis. As funcións serán ás 13.30 h, 19.00 h, 20.00 h, 21.00 h e 22.00 h. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/mil-maxias-mais-do-mago-anton
Concerto infantil Little neno descobre... os Beatles, para achegar o mítico grupo Os Beatles ás crianzas. O sábado 23 de xullo, ás 21.00 h, na Praza Rafael Dieste.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/little-neno-descobre-os-beatles
O domingo 24 de xullo, ás 22.30 horas, na Praza de Castelao, terá lugar o concerto de Sons of Exodus, co rianxeiro Carlos Cernadas, da súa xira de presentación do álbum "Castrexos." https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/musica-na-noite-sons-of-exodus
Concerto de Xisco Feijoo presentando o seu traballo Peixe, o sábado 23 de xullo, ás 22.30 horas, na Praza de Castelao.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-xisco-feijoo-en-rianxo
Bando polo Día da Patria
O venres 29 e o sábado 30 de xullo, a partir das 22.00 horas, o Festival da lúa alumeará de forma artística varios espazos singulares e edificios da vila. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-da-lua-2022