Concello de Rianxo
143 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
“Baila Con Nós”, un programa de obradoiros gratuítos, promovido pola Asociación Cultural Taller Alecrín, que se desenvolverá en diferentes entidades públicas, privadas e asociativas da contorna do Barbanza ao longo de mes de setembro, e que terá como obxectivo xeral a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/baila-con-nos-taller-alecrin
Nesta fin de semana, o venres 23 e o sábado 24 de setembro, ás 21.00 horas, o grupo de teatro Airiños estrea a súa nova produción República Sideral.

A obra é un texto de Esther F. Carrodeguas que foi gañador do Premio Barriga Verde 2020 e está dirixida por Amantia Coello. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/estrea-de-republica-sideral-do-grupo-de-teatro-airinos
XII Seminario sobre a memoria "Diso no se fala" nos Concellos de Rianxo e Boiro, do 23 ao 25 de setembro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xii-seminario-sobre-a-memoria-diso-non-se-fala-
O sábado 24 de setembro, ás 12.00 horas, terá lugar na Praza de Manuel Antonio en Asados un acto homenaxe ás 27 mulleres do Partido Galeguista de Asados. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xii-seminario-sobre-a-memoria-acto-homenaxe-as-27-mulleres-do-partido-galeguista-de-asados
O sábado 24 de setembro, ás 18.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro "Caminos de Resistencia" de Francisco Martínez López, El Quico, no marco do XII Seminario sobre a memoria. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xii-seminario-sobre-a-memoria-presentacion-do-libro-caminos-de-resistencia-de-francisco-martinez-lopez-el-quico
Os vindeiros venres 23 e sábado 24 de setembro, o Araño celebra o seu II Ciclo Hórreo Vivo, un evento cultural que busca a posta en valor do patrimonio arquitectónico, ambiental e inmaterial. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/horreo-vivo-no-campo-da-carballeira-no-arano
Hoxe ábrese o prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais para a tempada de inverno 2022-2023.


https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/actividades-deportivas-municipais-inverno-2022-2023
Programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo.

A finalidade é Promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural socioeducativa, co fin de mellorar a súa calidade de vida, incrementar o seu acervo cultural persoal e comunitario, ofrecer espazos de ocio creativo e mellorar as competencias e habilidades persoais e sociais.

Hoxe comeza o prazo de inscrición e remata o 06 de outubro ás 14.00. As admisións serán por rigorosa orde de inscrición.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/aula-socioculturais-e-ocio-educativo-2022
A Casa Museo de Manuel Antonio organiza un obradoiro de marcapáxinas, en colaboración coa Aula Activa do Mar, para a mañá do sábado 1 de outubro na planta baixa do museo situado na rúa de Abaixo. A actividade está destinada a nenas e nenos de 5 a 12 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos, á que se poderá acceder ao longo da mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas. É recomendable reservar praza . https://concelloderianxo.gal/turismo/-/blogs/obradoiro-de-marcapaxinas-no-museo
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia vén de conceder unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PAZO DE RIANXIÑO por importe de 377.990,25 euros. O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. O alumnado recibirá formación no ámbito da INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES que se centrarán nos xardíns e arborado do Pazo de Rianxiño contribuíndo ao seu mantemento e mellora, á vez que aprenden un oficio con amplas perspectivas de emprego.

Prevese o seu inicio a comezos de novembro e en vindeiras datas sairán publicamente as diferentes convocatorias de selección do persoal de formación e de solicitudes do alumnado.
https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/obradoiro-de-emprego-pazo-de-rianxino
Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do vindeiro xoves 29 de setembro
https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-ordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-29-de-setembro
Comeza o V CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, co concerto da agrupación Theis Saxophone Quatet.

Terá lugar o domingo 01 de outubro ás 12.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/v-ciclo-de-novos-interpretes-theis-saxophone-quatet
Enmarcado nas propostas de Rede Cultural da Deputación da Coruña a compañía Baobab Teatro achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 01 de outubro, ás 18.00 horas, co seu espectáculo Ris Ras.

​​​​​​​Está destinado a un público familiar con crianzas de 1 a 8 anos. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-infantil-ris-ras-a-cargo-de-baobab-teatro
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeu unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PAZO DE RIANXIÑO.

O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. https://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/obradoiro-de-emprego-pazo-de-rianxino-
O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e o Club Atletismo Rianxo organizan a VIII Carreira Popular Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2022. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo, no VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña, e no V Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/viii-carreira-popular-concello-de-rianxo
O CEMMA, que se dedica á investigación dos cetáceos en Galicia, propón unha actividade para este domingo día 9 na praia de Tanxil: un simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños.

​​​​​​​Se a meteoroloxía non acompañase, realizaríase na Aula Activa do Mar. https://concelloderianxo.gal/medioambiente/-/blogs/simulacro-de-rescate-de-tartarugas-e-mam-feron-mari-os
Campaña Informativa sobre "DEREITOS BÁSICOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS EN SERVIZOS FINANCEIROS"
📆 xoves 6 de outubro de 2022
🕐 11:00
🏬 Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.
Impartida dende o Servizo Galego de Consumo e da Competencia.
Duración aproximada: 60 minutos.
Entrada libre.