Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O xoves 05 de xaneiro as SSMM os Reis Magos visitarán Rianxo, e realizarán a Cabalgata polas parroquias e Recepción das SSMM na Praza Castelao.

Toda a información, horarios e percorrido en concelloderianxo.gal
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/volta-a-rianxo-das-ssmm-os-reis-magos-1
Emisión da Cabalgata de Reis de Rianxo 2023 en directo na canle de YouTube do Concello de Rianxo https://youtu.be/i3JsEojru7A https://youtu.be/i3JsEojru7A
O proxecto de colaboración entre o Concello de Rianxo e RedeAberta.gal para despregar unha rede neutral de fibra óptica no municipio vai chegar á totalidade dos núcleos de poboación no novo proxecto de ampliación, que está previsto que remate en abril de 2023.

O despregue da fibra, que se puxo en marcha en 2022, acada actualmente as práctica totalidade das parroquias de Rianxo, Taragoña e Leiro, e estase a estender ao resto das parroquias ata os núcleos máis afastados das redes principais como Paradela, Ourille, Campelo, A Ermida ou Piñeiro.

Os servizos de fibra de RedeAberta pódense contratar a través das seguintes operadoras:

· FibraRianxo / Pizpireta Telecom
· A Túa Xanela
· Toxo Telecom
· Juifi Telecom
· Grelo Comunicacións
· Evoa
· Aurea Telecom
· Itegal
· ItSarria
· Bit Telecom
· 7Play

Máis información na ligazón.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/ampliacion-do-despregamento-de-fibra-optica-de-redeaberta-para-a-cobertura-total-do-municipio
A compañía Amorodio Teatro atópase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción A Nai dentro do programa de Residencias escénicas do Concello de Rianxo.

A preestrea da obra terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro ás 20.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/preestrea-a-nai-a-cargo-de-amorodio-teatro
Do 3 de xaneiro ao 1 de febreiro pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición do 16º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/16-premio-luis-ksado-de-creacion-fotografica
Programación dos Actos castelao 2023, do 19 ao 28 de xaneiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/actos-castelao-2023
Sobes ao autobús do teatro?
O sábado 4 de febreiro, o Centro Dramático Galego pon a disposición daquelas persoas interesadas un autobús para facilitar o desprazamento ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para asistir a produción A Contenda do Río Miño.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/sobes-ao-autobus-do-teatro-2
O grupo Onte e Hoxe presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu traballo A música de onte e hoxe. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/actos-castelao-concerto-onte-e-hoxe-a-musica-de-onte-e-hoxe
O venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do novo poemario do escritor rianxeiro Diorama de José Carou Rey. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/actos-castelao-presentacion-do-poemario-diorama-de-jose-carou-rey
Se tes entre 16 e 29 anos e estás en situación de desemprego, pódeche interesar esta formación gratuíta en Marketing Dixital e Cooperativismo que se vai desenvolver na comarca entre febreiro e xuño. O martes 31 de xaneiro ás 16.30 h terá lugar a charla informativa sobre este programa no Auditorio de Rianxo. O acceso é libre.
https://concelloderianxo.gal/orientacionlaboral/-/blogs/marketing-dixital-e-cooperativismo-sesion-informativa
Xornadas de portas abertas no CRA de Rianxo
O Concello de Rianxo e as entidades asociativas organizan unha ampla variedade de propostas para celebrar o tradicional Entroido, dende o venres 17 ao sábado 25 de febreiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/entroido-rianxeiro-programacion
O Concello de Rianxo organiza o certame de carrozas e disfraces en grupo o domingo 19 de febreiro na Praza de Castelao. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/certame-de-carrozas-e-disfraces-en-grupo-extracto-das-bases
A Xunta de Goberno do 2 de febreiro aprobou unha solicitude para a colocación dunha antena de telefonía móbil no monte de Leiro á altura de Abuín, coa finalidade de mellorar a deficiente cobertura móbil existente en gran parte da parroquia, desde A Pedreira e Brión até Rial e Palleiro, etc.

Esta mellora da cobertura vén cumprir un dos obxectivos que a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais perseguía ao abrir unha consulta pública de incidencias na cobertura de telefonía móbil, que o Concello de Rianxo trasladou á veciñanza nunha enquisa pública hai agora un ano.
Mañá 8 de febreiro ás 6 da tarde, na Praza de Padrón, sumámonos á concentración silenciosa en repulsa do asasinato machista de Baiona.
A Fundación Deloa pon en marcha un programa formativo gratuíto nos concellos de Rianxo, Dodro e Rois sobre Márketing Dixital e Cooperativismo, dirixido a persoas en situación de desemprego de 16 a 29 anos.

É unha oportunidade única para a inserción laboral e a posibilidade de formares parte da creación dunha nova cooperativa. Inclúe unha semana de estancia nunha empresa do sector.

Desenvolverase entre febreiro e xuño, en horario de tarde de 4 a 8 de luns a xoves. O prazo de inscrición é ata o 20 de febreiro na ligazón: https://www.deloa.es/marketing-dixital-cooperativismo/