Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O domingo 26 de marzo, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro Airiños presenta República Sideral na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A función é benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-republica-sideral-a-cargo-do-grupo-de-teatro-airinos-de-asados
Ben Vennas Maio, un espectáculo de Pablo Sanmamed, Elena Tarrats, Begoña Olavide, Iago Mourinho e Chus Pazos para conmemorar o día europeo da música antiga, o vindeiro martes 21 de marzo, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/ben-vennas-maio-concerto-polo-dia-europeo-da-musica-antiga
Presentación do libro de poemas Atlántico Norte, chamádeme Ismael de Xosé Iglesias, o sábado 11 de marzo, ás 19.30 horas no Museo do Mar de Rianxo. Acompañará o grupo musical Barahúnda.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-atlantico-norte-chamademe-ismael-de-xose-iglesias
Presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas de Anxos Castro Parada e editado por "Diverdidad Literaria", o venres 10 de marzo ás 20.30 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo
O Concello de Rianxo organiza dous talleres de iniciación á tecnoloxía: Taller de certificado dixital e Sede Electrónica e Taller de manexo de móbil ou tablet​​​​​​​.

Máis información na ligazón. https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/talleres-de-certificado-dixital-e-uso-de-mobil-e-tablet
O vindeiro 24 e 25 de marzo celebrarase no Auditorio de Rianxo unha serie de actividades audiovisuais arredor da figura do poeta rianxeiro Manuel Antonio. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/lembrando-a-manuel-antonio-
O vindeiro venres 17 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida (elaborado durante o confinamento) do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-xogos-tradicionais-galegos-para-tempos-de-recollida
O vindeiro sábado 18 de marzo, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a nova produción do grupo de teatro Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E. Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio da Agadic-Xunta de Galicia e a colaboración do Auditorio de Galicia/Concello de Santiago de Compostela.​​​​​​​ https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-n-e-v-e-r-m-o-r-e-a-cargo-de-chevere
Presentación de República Sideral, do Grupo de Teatro Airiños, o vindeiro domingo 26 de marzo ás 19:00 na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Baixo a dirección de Amantia Coello e cun texto de Esther F. Carrodeguas, que resultou gañador da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos).

A función é benéfica en apoio á ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e está organizada polo Grupo de Teatro Airiños. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-republica-sideral-a-cargo-do-grupo-de-teatro-airinos-de-asados
A Mancomunidade Barbanza Arousa coordina, cos concellos que a conforman, o Campus Itinerante IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela; dirixido a persoas maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior.

Trátase dun programa de envellecemento activo posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela co financiamento da Dirección Xeral de Maiores e Servizos Sociosanitarios da Consellería de Política Social e Xuventude.

O campus consistirá en conferencias de diferentes temáticas que se desenvolverán nos catro concellos, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/campus-itinerante-iv-ciclo
O venres 31 de marzo, ás 20.30 horas, a compañía Sarabela teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción Arraianos. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-arraianos-a-cargo-de-sarabela-teatro
Presentamos o I EVENTO FITNESS, que se celebrará o vindeiro sábado, 1 de abril, no Pavillón Municipal de Deportes de Rianxo “José Manuel Abuín”.

Este evento sae da colaboración entre a nosa veciña Virginia Torres e a Concellería de Deportes. Será unha xornada de 2h de duración para desfrutar do mundo fitness, as novas tendencias deportivas, a presenza de adestradores profesionais e as últimas novidades musicais.

Virginia leva no ámbito do deporte e a nutrición 16 anos. É diplomada en Maxisterio especialista en Ed. Física, Técnica superior en adestramento persoal, Máster en xestión e dirección de instalacións deportivas, Técnica en Nutrición e Suplementación Deportiva, Técnica en adestramento en suspensión e adestramento funcional, Máster en recuperación postparto e hipopresivos (chan pélvico), Trainer de spinning con Bestcycling, Zumba, Les Mills, Yoga,... https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/evento-fitness-virginia-torres-no-pavillon-de-rianxo-o-1-de-abril
O martes 28 de marzo ás 19 h no Auditorio de Rianxo ofrecerase unha acción informativa sobre autoconsumo en comunidades enerxéticas.
O Concello de Rianxo pretende crear unha Comunidade Enerxética Local desde os edificios municipais do pavillón, piscina e vivendas dos mestres.

As comunidades enerxéticas son proxectos colectivos en que o Concello, xunto a persoas físicas e outras entidades se asocian para xestionar a propia enerxía.

Teñen como obxectivo fomentar a xeración renovable permitindo a participación directa das persoas no mercado eléctrico. Esta figura das comunidades enerxéticas é unha proposta da Unión Europea, que activa subvencións a través dos Fondos de Recuperación Transformación e Resiliencia para dar un forte impulso para a transición enerxética, sendo o autoconsumo e a participación colectiva un dos seus sinais de identidade.

Para avaliar o interese na creación dunha Comunidade Enerxética Local en Rianxo, así como a súa viabilidade... https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/rear-unha-comunidade-enerx-tica-local-desde-os-edificios-municipais-do-pavill-n-piscina-e-vivendas-dos-mestres-
O Concello de Rianxo prepárase para celebrar a Festa da Chuvia o próximo sábado 01 de abril baixo o nome de CH 2023 Nunca choveu que non escampara. O evento contará con ampla variedade de actividades e actuacións tanto durante o día como pola noite. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festa-da-chuvia-2023
O vindeiro sábado 01 de abril, ás 12.00 h, celebrarase no Auditorio de Rianxo o Acto solemne e público de nomeamento de Fillo Predilecto de Rianxo a D. Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo Emérito de Tánxer. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/acto-solemne-e-publico-de-nomeamento-de-fillo-predilecto-de-rianxo-a-d-santiago-agrelo-martinez-arcebispo-emerito-de-tanxer
Rianxo terá unha residencia de maiores.

Rianxo, Ordes e As Pontes acollerán os primeiros centros da rede de residencias públicas comarcais para maiores do plan piloto da Deputación da Coruña, cun investimento de 6 millóns de euros, do que xa se asinou un protocolo entre os tres Concellos e a Deputación. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/plan-piloto-da-deputacion-da-coruna-para-crear-unha-residencia-publica-comarcal-para-maiores-en-rianxo
A compañía Al Grano presenta o seu último espectáculo, Kaldi, o mércores 05 de abril ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Promete ser unha experiencia única e emocionante para todos os amantes do café, a través dun espectáculo de acrobacias aéreas, música en vivo e efectos visuais impresionantes, os espectadores serán transportados a un mundo cheo de maxia e aventura. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/pase-aberto-kaldi-da-compania-al-grano
A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Rianxo, lanzou un proxecto de democratización do coñecemento a través do programa universitario de maiores, IV Ciclo chamado Camiños de Coñecemento e experiencia.

Este programa está dirixido a persoas maiores de 50 anos que desexen seguir aprendendo e enriquecer a súa formación. Os Camiños de coñecemento e experiencia en Rianxo proporcionan unha oportunidade única para acadar novos coñecementos sobre diferentes temas, tales como historia, arte, literatura, ciencia, tecnoloxía e moitos máis. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/caminos-de-conecemento-e-experiencia-en-rianxo