Concello de Rianxo
143 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Concello de Rianxo vén de asinar coa empresa CONSTRUCCIONES ANSPAL, SL a execución do proxecto de construción dun ascensor para o Centro Cultural de Taragoña e outras melloras no edificio. O proxecto forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/dotacion-de-ascensor-ao-centro-cultural-de-taragona
A compañía teatral A Panadaría está a piques de pechar a súa xira co espectáculo "Elisa e Marcela" e fai unha parada en Rianxo. O evento terá lugar no sábado 17 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-elisa-e-marcela-da-panadaria
A Escola de Música de Rianxo presenta o Recital da Aula de Piano do curso 2022-2023, protagonizado polo alumnado dos profesores Alfredo Susavila e Tano Domínguez, o domingo 18 de xuño ás 12.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
A carón do mar, saca o teu labor á rúa, xuntos e xuntas bordaremos e teceremos. Organizado por Ondiñas Mainas coa colaboración do Concello de Rianxo. Será no sábado, 17 de xuño, de 18 a 21 horas, no Paseo Marítimo de Rianxo, diante do Liceo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/a-caron-do-mar-saca-o-teu-labor-a-rua-organizado-por-ondinas-mainas
Festa solidaria en favor da Asociación Galega Fibrose Quística. Venres 16 de xuño, de 16.30 a 19.30 na Praza da Virxe de Guadalupe.

Todas as actividades e ingresos irán destinados integramente á Asociación Galega Fibrose Quística. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festa-solidaria-a-favor-da-asociacion-galega-de-fibrose-quistica-adiada-ao-16-de-xuno
O autobús de “Generación D” fai parada en Rianxo con xogos e actividades didácticas, totalmente gratuítos, que axudarán á veciñanza a potenciar a dixitalización e poñer freo á fenda dixital.

O autobús parará en Setefogas os días 19 e 20 de xuño de 10 a 13.30 e de 17 a 20.30 h. https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/a-autob-s-da-campa-a-itinerante-generaci-n-d-fai-parada-en-rianxo
Hoxe sábado 17 ás 12 h podes seguir o Pleno de investidura na nosa canle de YouTube https://youtube.com/@concelloderianxo2584
O sábado 01 de xullo, en Vilas (Asados), celebración do San Pedro, organizada pola Comisión de Festas do San Pedro de Vilas coa colaboración do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/san-pedro-de-vilas
O sábado 24 de xuño, celébrase en Buía en Araño, a Festa de San Xoan da Ermida, organizada pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/san-xoan-da-ermida-en-buhia-arano
No Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organizan, o venres 23 de xuño, unha festa para conmemorar a Noite de San Xoán, con sardiñada, parrillada, viño e queimada. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/noite-de-san-xoan-no-centro-cultural-vicente-vidal-de-leiro
🔥 O Concello de Rianxo informa á veciñanza das normas e recomendacións para a realización de fogueiras na noite de San Xoán.

☎️ Cada fogueira terá unha persoa responsable que deixará os seus datos de contacto no servizo de información do concello ou chamando ao 981 860 075.

#ConcellodeRianxo
Do 30 de xuño ao 2 de xullo decorrerá o XIX Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo. Un evento que cumpre as dezanove edicións ininterrompidas desde 2004 organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea na práctica instrumental da zanfona nas últimas dúas décadas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/19-encontro-internacional-zona-da-zanfona
O Servizo de Deportes presenta a oferta de actividades deportivas para o verán 2023: actividades municipais, dos clubs deportivos e da piscina municipal. Toda a información e inscricións na ligazón.
https://concelloderianxo.gal/deportes/2022-23
O Pleno para o sorteo das mesas Electorais para as Eleccións Xerais do 23 de xullo está convocado para as 08.30 h do martes 27 de xuño. Será emitido en directo pola nosa canle de Youtube.
https://www.youtube.com/@concelloderianxo2584
Festas na honra da Virxe do Carme de Rianxo, do xoves 13 ao domingo 16 de xullo. Máis información nas redes sociais da entidade: https://www.facebook.com/virxe.docarme
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festas-na-honra-da-virxe-do-carme-de-rianxo
Festas de Taragoña, do xoves 20 ao domingo 23 de xullo. Máis información nas redes sociais da entidade: https://www.facebook.com/Festas-de-Tarago%C3%B1a-106072622281566
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festas-de-taragona
Festas do Araño, do 04 ao 06 de agosto. Máis información nas redes sociais da entidade: https://www.facebook.com/festas.doarano
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festas-do-arano
XIX Festival de música e baile tradicional Fogo Fatuo, Organizado pola Asociación Fogo Fatuo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, o domingo 9 de xullo ás 20.30 horas na Praza de Rafael Dieste (Rianxo)

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xix-festival-de-musica-e-baile-tradicional-fogo-fatuo
O xoves 29 de xuño, na Capela de San Xosé da Foresta (Rianxiño), Conmemoración da chegada da Virxe da Guadalupe a Rianxiño no día de San Pedro do 1773. A partir das 19.30 horas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/conmemoracion-da-chegada-da-virxe-da-guadalupe-a-rianxino-no-dia-de-san-pedro-do-1773