Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para o día de mañá, MARTES DE ENTROIDO, as actividades previstas trasládanse para o Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.

- De 17.00 a 20.00 horas

OBRADOIROS E XOGOS

ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN: Abordaxe pirata por Barafunda Animación

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/martes-de-entroido-traslado-das-activdades-para-o-auditorio-de-rianxo
Programa das actividades do Entroido que se aprazaron para o vindeiro domingo.
Do 8 ao 11 de marzo, podes consultar os teus datos censuais para as vindeiras eleccións xerais.

Podes facelo nas oficinas do concello de 9.00 a 14.00 h ou de forma telemática na sede electrónica do INE.

Asemade, podes solicitar que os teus datos censuais non sexan entregados ás candidaturas políticas para o envío de propaganda electoral por correo postal.

http://concelloderianxo.gal/bandos/-/blogs/consulta-do-censo-electoral-para-as-eleccions-xerais-do-28-de-abril
CANTOS DE LOITA E MALDICER no Auditorio de Rianxo
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/sfgsg
Martes 12 de marzo, ás 20 h, diante do Concello de Rianxo, concentración en repulsa dos asasinatos machistas de Valga e Estepona.
Proceso selectivo de peóns para asfaltado, limpeza e reparación de gabias e actuacións en vías e núcleos para unha listaxe de contratación temporal do Concello de Rianxo.

Prazo de presentación de instancias do 11/03/2019 ao 15/03/2019

http://concelloderianxo.gal/procesos-selectivos/-/blogs/listaxe-de-contratacion-temporal-de-peons
Recorda que ata o 18 de marzo podes solicitar que as candidaturas politicas non che podan enviar propaganda electoral impresa por correo postal, no teu concello ou en liña: https://sede.ine.gob.es/ceexclusioncopias https://sede.ine.gob.es/ce_exclusion_copias
O programa Bono Coidado, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares.

http://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/bono-coida-2
O vindeiro sábado 16 de marzo, ás 20.30 horas, o grupo de Teatro do Imprevisto presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a peza teatral A memoria das rosas.

A proposta está organizada pola Agrupación Teatral Criaturas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatr-8 http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatr-8
Martes 12 de marzo, ás 20 h, diante do Concello de Rianxo, concentración en repulsa dos asasinatos machistas de Valga e Estepona.