Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Mañán sábado, ás 12 h, no salón de plenos. Sesión constitutiva da nova corporación.
Queda constituída a nova Corporación Municipal 2019-2023 e elixido alcalde Adolfo Muiños cos votos do BNG e PSOE
Xa podes inscribirte no Campamento urbano e deportivo 2019. Este ano sera no Pazo de Rianxiño e habera servizo de autobuses e plan madruga.

https://concelloderianxo.gal/campamento2019
Esta aberta a inscrición nas actividades deportivas de verán

https://concelloderianxo.gal/deportes/2019
O domingo 23 de xuño, ás 18.30 horas, no Centro Social do Liceo de Rianxo, o alumnado das materias da Uned Senior de Práctica instrumental e de Cultura musical ofrecerá un concerto de fin de curso, acompañado por Jose e Helena de Barahúnda.
A Asociación Cultural A Carballeira de Baia do Araño recupera as Festas de San Xoán da Ermida, que se celebrarán o 21 e 22 de xuño en Buía.
O sábado 22 de xuño, a partir das 20.00 horas, terá lugar no Campo de Arriba o Serán de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/seran-de-rianxo-organizado-pola-asociacion-vai-de-roda
I xornada medioambiental organizada pola Asociación Ondiñas Mainas coa colaboración doutras entidades.
A escola Rosalía de Castro de Taragoña está de aniversario e cumpre 90 anos.
Celebración do Santísimo Sacramento coa tradicional confección das alfombras florais, procesión e verbena.
O sábado 29 de xuño, a partir das 9.00 da mañá, celébrase en Asados a tradicional romaría de San Pedro de Vilas, organizada pola asociación que leva o seu nome.

http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/romaria-de-san-pedro-de-vilas
O sábado 29 de xuño, a Escola de Música de Rianxo celebra o seu Festival de Verán en dúas sesións, unha ás 12.00 horas e outra ás 20.00 horas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-veran-da-escola-de-musica-de-rianxo
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/mostra-escola-de-teatro-airinos-lendatarias
Programación das Festas do Carme de Rianxo, do 12 ao 15 de xullo. Incluirán, ademais da procesión por mar, o Mercado Celta e o festival de rúa RianClown.
O Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado polo Rianxo do medievo, no que visitaremos dous dos edificios máis representativos da vila: O Castelo da Lúa e a igrexa de Santa Comba.

A visita realizarase o sábado 13 de xullo, a partir das 10:30. É preciso inscribirse previamente, na Casa Museo Manuel Antonio ou en Información turística (turismo@concelloderianxo.gal)