Concello de Rianxo
143 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Grazas ás vosas achegas, xa coñecemos varios puntos con cobertura deficiente, como Campelo, Foxacos, Brión ou Lustres. Seguide enviándonos información que será enviada á Amtega para a súa comprobación técnica. Tedes ata o día 17. Neste formulario: https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/1805275
Outro ano máis, o Concello de Rianxo, organiza os Actos Castelao en homenaxe ao ilustre rianxeiro.

As propostas xa comezaron o pasado 20 de decembro, coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos e continuarán do 24 de xaneiro ao sábado 1 de febreiro.
O domingo 9 de febreiro celebrarase a “VIII Marcha BTT Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e do Concello de Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/viii-btt-concello-de-rianxo
https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/viii-btt-concello-de-rianxo
A sala de exposición do Auditorio de Rianxo acolle a II Mostra de Arte Moderna ... evolución de F. Farrapos, do 7 de febreiro ao 7 de marzo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-ii-mostra-de-arte-moderna-evolucion-de-f-farrapos
O domingo 23 de febreiro, dentro da programación do Entroido 2020, terá lugar o Certame de Carrozas. Eis un extracto das bases, que poderas consultar completas na ligazón:

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/entroido-20-certame-de-carrozas
O Concello de Rianxo organiza un Curso básico de lingua e cultura galega, coa fin de acoller lingüística e culturalmente as persoas de fóra de Galiza e axudar a acadar os niveis iniciais do certificado de lingua galega (Celga 1 e 2)
https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/curso-b-sico-de-lingua-e-cultura-galega-en-rianxo
O vindeiro domingo, 16 de febreiro, vaise celebrar o XII Campionato Galego de Kenpo e Kumite. Ademais, tamén se vai levar a cabo o 1º Encontro Galego de Parakenpo.
https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campionato-galego-de-kenpo
Sábado, 22 de febreiro, ás 12:00, na Biblioteca Municipal de Rianxo. A mina contamina con pinga e lavandeira. Contacontos para familias con crianzas a partir de 6 anos. https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/a-mina-contamina
O sábado 14 de marzo, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a proposta de ópera Madama Butterfly de Puccini. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/a-opera-madama-butterfly-en-rianxo
O xoves 20 de febreiro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa Dieste outra conversa organizada pola Asociación Cultural Bubela de Abuín coa colaboración do Concello de Rianxo e do proxecto da Uned Senior. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/conversas-na-de-dieste-xoves-20-de-febreiro
O prazo de preinscrición para o segundo cuadrimestre da Uned Senior remata o mércores 26 de febreiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/uned-senior-segundo-cuadrimestre