Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
👍
A Xunta aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración.

As familias que durante o curso escolar pagan 0 ou 1 € polo comedor, poden solicitar unha compensación do custo diario do menú. Información no telf.: 881 866 861.
https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/a-xunta-aboar-os-men-s-dos-comedores-escolares-xestionados-pola-administraci-n-s-familias
Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, diríxese á veciñanza pola crise do coronavirus https://youtu.be/u2Py57V1VqM
O Bono Social é un desconto aplicado a determinados colectivos considerados consumidores vulnerables. Este desconto varía segundo a situación de cada aboado, o desconto aplicado é dun 25% ata un 40% sobre a factura total.
Esta porcentaxe, dependendo de diversas situacións máis como o risco de exclusión social, pode ser aínda maior. Por motivos do Covid-19 o Goberno realizará unha prórroga da devandita subvención como medida dentro do Plan de Actuación.
-Hai que ser titular da subministración eléctrica contratada na residencia habitual.
-Ter contratado o PVPC, é dicir, o Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor.
-Ser considerado consumidor vulnerables ou vulnerable severo (familia numerosa ou monoparental, pensionista, vítima do terrorismo ou da violencia de xénero, un membro da unidade familiar con discapacidade igual ou maior ao 33%, etc).
-Non superar o consumo máximo de 345 kWh mensual e o 4.140 kWh anual.
Máis información https://www.bonosocial.gob.es/#inicio
Os portavoces das forzas políticas do Concello decidimos colocar desde hoxe as bandeiras do concello a media hasta na memoria e solidariedade coas vítimas rianxeiras do Coronavirus e as súas familias e por extensión con todas as que se están a producir nestes tempos de dificultades que tocaron vivir máis coa esperanza de xuntos, como colectividade, saír adiante.
Modificouse o calendario fiscal para o exercicio 2020 para aprazar o pagamento dos tributos de lixo e vehículos. https://concelloderianxo.gal/recadacion/-/blogs/modificaci-n-do-calendario-fiscal-2020-aprazamento
O Igape reavalará ata un 25% do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas para favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as PEME's e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19.
https://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/ig257-prestamos-avalados-para-apoiar-as-peme-s-e-autonomos-no-contexto-do-actual-brote-da-covid-19-2020-
As persoas que estean rexistradas como traballadoras do fogar antes da entrada en vigor do estado de alarma, que deixaron de prestar servizos nun ou varios domicilios, total ou parcialmente, terán dereito a esta nova prestación, para reducir o risco de transmisión debido á crise sanitaria Covid-19. Tamén as persoas traballadoras do fogar que foron sometidas a despedimento ou finalización de contrato durante a crise sanitaria. https://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/subsidio-para-empregadas-do-fogar-afectadas-polo-cese-ou-reduci-n-de-actividade
Hoxe publicouse no BOP a ordenanza de AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL. Na ligazón pódense descargar os documentos para facer a da solicitude e o texto completo da ordenanza.
https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/axudas-de-emerxencia-social-municipal-aes-1
O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Rianxo publica decote noticias relacionadas coas axudas de toda a Administración para a crise da COVID-19.

Recomendamos que para estar ao día o sigades na súa páxina de Facebook.
https://www.facebook.com/orientacionrianxo
Teléfono Social de acompañamento ante a crise do COVID

A Xunta de Galicia activou o Teléfono Social (900 400 800) para ofrecer apoio e acompañamento á poboación galega nesta situación de crise sanitaria, especialmente a aquelas persoas máis vulnerables.
https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/telefono-social-900-400-800
URXE​​​​​​​NTE

​​​​​​​No reparto de máscaras realizado onte (mércores 8 de abril) dábase a coñecer unha dose excesiva no microondas para este produto, que debe reducirse a un máximo dun minuto por cara da máscara. Sentimos as molestias causadas que se irán corrixindo nos vindeiros repartos.
Subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal. Información sobre o subsidio e sobre as condicións e os trámites para solicitalo.
https://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/subsidio-de-desemprego-excepcional-por-fin-de-contrato-temporal