Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
A Banda da Escola de Música de Rianxo estivo 17º de aniversario o 1 de maio, e déixannos este vídeo para celebralo.

#RXtreaming
https://www.youtube.com/watch?v=cj8mSWrDqPE
Documental Rianxo con boa letra, de Xurdir Producións, sobre a industria e a actividade económica local, e o patrimonio natural e cultural.
https://concelloderianxo.gal/comercio/-/blogs/rianxo-con-boa-letra-documental-sobre-a-industria-e-a-actividade-economica-no-concello-de-rianxo
A Xunta vén de confirmar, tras unha consulta coa delegación do goberno, que as restricións de paseos por franxas horarias só se aplican a núcleos de máis de 5000 habitantes, e non a municipios completos. Polo tanto, todos os núcleos do concello de Rianxo quedan libres destas restricións por franxas horarias, mais si que se aplican o resto das restricións de distancia ao domicilio de 1 km, tempo máximo de 1 hora e as distancias de separación de 2 metros, para persoas soas ou acompañadas de outra persoa coa que convivan, ou un máximo de 3 crianzas.
A partir de agora xa podes tramitar na Sede Electrónica só con estar de alta no sistema Cl@ve (mediante a carta de invitación), xa que se vén de activar a solicitude que fixemos para baixar o nivel de seguridade durante o estado de alarma.

Recorda que os trámites urxentes podes presentalos de forma presencial no Rexistro Xeral con cita previa.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/facilidades-para-a-tramitacion-electronica-durante-o-estado-de-alarma
O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 11 de maio na fase I de desconfinamento. Ábrese a mobilidade, pero sempre mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións. https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/medidas-da-fase-i-do-desconfinamento
Os servizos municipais atenderán, durante a desescalada do estado de alarma, de forma telemática preferentemente, e para os casos nos que sexa imprescindible facelo de forma presencial, mediante a concertación dunha cita previa​​​​​​​.
https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/cita/index.html
Mercar no comercio de proximidade é a mellor forma de previr a crise económica e xerar riqueza que repercute no concello, na veciñanza, no tecido comercial e tamén no social.

O comercio de proximidade, o das nosas veciñas e o dos nosos veciños, estivo aí para nós durante a crise sanitaria. A mellor forma de agradecérllelo é mercar nas súas tendas e contratar os seus servizos.

Inviste en Rianxo. Merca no comercio local.

https://concelloderianxo.gal/comercio/-/blogs/agora-mais-ca-nunca-merca-no-comercio-local