Concello de Rianxo
143 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Concello de Rianxo propón unha serie de reunións
por videoconferencia con persoas
autónomas ou que rexentan un pequeno comercio en Rianxo co fin
de analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar
necesidades e valorar propostas de colaboración

https://concelloderianxo.gal/comercio/-/blogs/reuni-ns-por-videoconferencia-con-persoas-aut-nomas-ou-persoas-que-rexentan-un-pequeno-negocio-no-concello-de-rianxo
O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 25 de maio na fase II do desconfinamento. Ábrese a mobilidade sen restricións horarias e para grupos máis amplos, e retómase a actividade comercial e cultural co aforo restrinxido. Sempre, mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións.

Ábrense as praias para o baño, que no caso do Concello de Rianxo serán de acceso libre, coas restricións de
distanciamento indicadas, e controlarase o aforo mediante inspeccións periódicas.
Ábrese o prazo para a consulta do censo electoral para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020.

https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/consulta-do-censo-electoral-para-as-eleccions-ao-parlamento-de-galicia-do-12-de-xullo-de-2020
A partir do 15 de xuño poderás solicitar o Ingreso Mínimo Vital. Para saber se tes dereito a el, utiliza o simulador que a Seguridade Social pon á túa disposición.

https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/ingreso-m-nimo-vital
O luns 8 Rianxo entra na fase III do desconfinamento. Nesta fase increméntanse as capacidades permitidas nas actividades económicas, culturais e deportivas.

Ollo! A mobilidade entre as catro provincias galegas aínda non está permitida ata que a Xunta de Galicia emita unha instrución específica.

Recorda que a máscara segue a ser obrigatoria cando non se poda respectar o distanciamento de 2 metros coas demais persoas.
Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se convocan para o ano 2020

https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/axudas-nos-alugueiros-de-vivenda-habitual-para-minimizar-o-impacto-econ-mico-e-social-do-covid-19
O Concello de Rianxo vai presentar oferta de emprego no Servizo Público
de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, para a contratación do
persoal necesario para o “Programa de Integración Laboral mediante a
execución de obras e servizos mínimos municipais, anualidade 2020”.

https://concelloderianxo.gal/procesos-selectivos/-/blogs/proceso-de-seleccion-para-a-contratacion-do-persoal-adscrito-ao-programa-de-integracion-laboral-deputacion-da-coruna-2020
En marcha a cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, organizados por catorce servizos de normalización, entre eles o do Concello de Rianxo

https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/en-marcha-a-cuarta-edicion-dos-premios-youtubeir-s-organizados-por-catorce-servizos-de-normalizacion-entre-eles-o-do-concello-de-rianxo