Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
INFORMACIÓN DE INTERESE. ELECCIÓNS 12 DE XULLO.

Con motivo das eleccións autonómicas do día 12 de xullo de 2020, e a vista das medidas a adoptar pola crise do COVI-19 e de acordo coas directrices da Xunta de Galicia.

* Acceso ao local electoral: Auditorio de Rianxo queda da seguinte forma:

1. Porta principal do Auditorio só poden acceder as persoas que voten nas mesas do 1º andar

mesas electorais seguintes:

distrito 01 sección 002, mesa a
distrito 01 sección 002, mesa b

2. Portas zona traseira do Auditorio, só poden acceder as persoas que voten nas mesas no corredor da planta baixa

distrito 01 sección 001, mesa a
distrito 01 sección 001, mesa b

3. Porta lateral que da a explanada (zona de aparcamento) do Auditorio, só poden acceder as persoas que voten nas mesas da sala multiusos da planta baixa

distrito 01 sección 003, mesa a
distrito 01 sección 003, mesa b

* Acceso ao local electoral: colexio do CRUCEIRO en Taragoña queda da seguinte forma:

1. Porta principal do colexio de Cruceiro só poden acceder as persoas que voten na mesa:

distrito 03 sección 001, mesa a

2. Porta traseira do colexio de Cruceiro, (acceso a porta xunto ao parque infantil) só poden acceder as persoas que voten na mesa

distrito 03 sección 001, mesa b

Seguir as normas e recomendacións que estarán indicadas nos colexios electorais e seguir os percorridos sinalados no chan.
A Xunta de Galicia vén de anunciar o uso obrigatorio da mascarilla tanto ao aire libre como en espazos públicos, sempre que haxa outras persoas e aínda que se cumpra a distancia mínima de seguridade.
Verán cultural 2020. Programación dos meses de xullo e agosto.

Debido a situación xerada pola COVID / 19, as actividades precisan reserva previa. As condicións deberán consultarse na información específica de cada proposta que se publicará no sitio web do Concello de Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/veran-cultural-2020-no-concello-de-rianxo
Curso gratuíto de decoración sobre azulexos para todos os públicos a partir de 12 anos. Prazas limitadas a 15.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/curso-gratuito-de-decoracion-sobre-azulexos
O venres 24 de xullo e o martes 25 de agosto, ás 21:00 horas, celebrarase no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo o congreso público "A astronomía nas rutas xacobeas", que contará con relatorio e posterior observación. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/congreso-p-blico-a-astronom-a-na-ruta-xacobea-
A máscara é obrigatoria en Galicia aínda que poida manterse a distancia social, coa excepción de ⬇️
🔹 Persoas con problemas respiratorios
🔹 Consumición nos locais de hostelería
🔹 Exercicio individual no exterior
🔹 Baño e ausencia de desprazamento en praias e piscinas
#covid19 #rianxoseguro
Volve a Feira do libro a Rianxo, no Campo de Arriba, do 23 ao 26 de xullo, cun 10% de desconto en todos os libros.

Máis información: http://www.librarias.org/axenda/feira-do-libro-de-rianxo-3/

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/feira-do-libro-en-rianxo-2
A ruta de 4 km pola Senda litoral de Taragoña transcorre dende a praia da Torre ata a Burata, preto da desembocadura do río Beluso. É un bo lugar para a observación da flora e da fauna característica desta enseada do fondo da Ría de Arousa.
https://omarfeitotradicion.gal/sendalitoraltaragona
28º edición da Festa da Xouba en Rianxo, o 25 e 26 de xullo.
Os locais hostaleiros colaboradores ofrecerán tapas de xoubas na fin de semana.
Ampliaranse as zonas peonís para facilitar o tránsito a pé.
Recorda seguir as normas de seguridade e hixiene!
https://concelloderianxo.gal/comercio/-/blogs/festa-da-xouba-2020
O vindeiro venres 14 de agosto, ás 22:30, terá lugar na Praza Castelao, a proxección do filme galego María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar.

Debido á situación xerada pola COVID-19, o aforamento será limitado. Imprescindible inscrición previa en https://concelloderianxo.gal/inscricions/mariasolinha ata as 13:00 horas do 13 de agosto. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/cinema-na-rua-maria-solinha
Do 6 ao 8 de agosto, no Auditorio de Rianxo, terán lugar os concertos do Festival Noites de Jazz.

Máis información na ligazón: https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/noites-de-jazz-festival
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/noites-de-jazz-festival
Amplíase o prazo para a inscrición nos cursos de formación en liña ata o 31 de agosto. Aínda quedan 60 prazas!
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/oferta-de-cursos-gratuitos-de-formacion-en-lina
Esta noite empezan as Noites de Jazz, que serán retransmitidas en directo pola nosa canle de YouTube https://www.youtube.com/c/ConcellodeRianxoTV
REINICIO DO CURSO BÁSICO DE LINGUA E CULTURA GALEGA

Acollemento lingüístico e apoio aos Celga 1 e 2

Se a situación sanitaria o permite, no mes de setembro, retomarase o Curso básico de lingua e cultura galega. Realizarase dun xeito máis intensivo, debido a que a Xunta de Galicia ten previsto convocar as probas Celga para finais do mes de setembro ou comezos de outubro.

Datas: do 1 ao 24 de setembro (martes, mércores e xoves)

Horario: de 19:00 a 21:00 h.

Lugar: Auditorio de Rianxo

Debido a que se produciron unhas poucas baixas do curso que se iniciara no mes de marzo, ábrese un prazo extraordinario de matrícula para aquelas persoas interesadas en asistir ao reinicio do curso.

Prazo de matrícula: do 10 ao 25 de agosto de 2020

Solicitudes e información: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. Correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal. Teléfono: 981 100 688