Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Emisión en directo do Pleno extraordinario sobre os orzamentos municipais https://youtu.be/pzGQYdmCOqM
O Concello de Rianxo vai poñer en funcionamento o obradoiro de Garantía Xuvenil “CARNERO VALENZUELA II” para formar a 16 alumnos/as traballadores/as na especialidade de “CONFECCIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB”. https://concelloderianxo.gal/procesos-selectivos/-/blogs/obradoiro-de-emprego-de-garantia-xuvenil-carnero-valenzuela-ii-
O programa universitario de maiores, o IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela achégase a Rianxo co programa Camiños de coñecemento e experiencia.

Trátase dunha formación universitaria para os maiores de 50 anos.

Son unha serie de seminarios e obradoiros que se desenvolverán do 5 ao 14 de outubro no Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/caminos-de-conecemento-e-experiencia-proxecto-de-democratizacion-do-conecemento-1
O espectáculo Invisibles, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e baixo a dirección de Marián Bañobre, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dúas funcións, unha o venres 4 e outra o sábado 5 de setembro ás 21.00 horas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-invisibles-por-redrum-teatro
Xa está aberto o prazo de inscrición no primeiro cuadrimestre da Uned Senior en Rianxo, un proxecto educativo destinado a persoas maiores de 50 anos.

As prazas son limitadas, por orde de inscrición, e o prazo remata o 30 de setembro.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/uned-senior-primeiro-cuadrimestre-curso-2020-2021
O prazo de inscrición para as clases de preparación para o título de Graduado en Educación Secundaria será do 14 de setembro ao 9 de outubro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Centro Social Liceo de Rianxo.

Os requisitos para a inscrición son ter os 18 anos cumpridos, e estar en posesión do Graduado Escolar, ter 1º e 2º da Eso ou o certificado de escolaridade.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/prazo-de-inscricion-para-a-preparacion-para-o-titulo-de-graduado-en-educacion-secundaria-1
O venres 2 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a representación teatral Crónicas dunha heterosexual insatisfeita a cargo de Verdeveras Expresións Artísticas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-cronicas-dunha-heterosexual-insatisfeita-por-verdeveras
Do 26 de setembro ao 24 de outubro, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, poderase visitar a exposición de pintura "arte naive" da artista holandesa residente en Rianxo, Karin Kuijper. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-karin-kuijer-arte-naive
O espectáculo Medida x medida, baixo a dirección de Quico Cadaval e protagonizado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay e Bernardo Martínez, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 26 de setembro ás 20.30 horas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-medida-x-medida
Emisión en directo do Pleno ordinario de setembro https://youtu.be/9aezvJh48bk
O Concello de Rianxo convoca as axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo para alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio (Primaria e Secundaria), para o curso escolar 2020-2021. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/convocatoria-das-axudas-destinadas-a-adquisicion-de-dispositivos-electronicos-material-escolar-e-roupa-e-material-deportivo-
O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/cataturxia-cata-de-textos-breves-do-teatro-galego-contemporaneo-polo-grupo-de-teatro-airinos
XOVES DA BIBLIOTECA. A máquina do tempo por teatro Ghazafelhos. Xoves 8 de outubro as 18:00h https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/a-maquina-do-tempo
O venres 16 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes terá lugar un concerto a cargo de Manoele de Felisa. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/manoele-de-felisa-en-concerto
A compañía de danza Entremans achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Gaia o vindeiro sábado 17 de outubro ás 19.00 horas, para un público infantil e familiar, crianzas maiores de 3 anos.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/danza-gaia-pola-compania-entremans
A Xunta de Galicia empezou a facer públicos os datos de incidencia da COVID-19 por concellos, a 7 e 14 días de incidencia acumulada.

Os niveis de alerta representan rangos de diagnósticos por COVID-19 (probas PCR positivas) que fan unha aproximación do estado da pandemia en cada concello e da tendencia.

Para concellos coma o de Rianxo, de menos de 50.000 habitantes, o nivel amarelo actual indica que os novos casos detectados semanalmente están entre os 7 e os 13.
O Concello de Rianxo vén de adherirse o programa PEL REACTIVA impulsado pola Deputación da Coruña. Contará cun orzamento de 161.791 € que se concederán ás pequenas empresas e autónomos afectados polo estado de alarma para facer fronte a gastos correntes e sobrevidos pola adopción de medidas de hixiene sanitaria.
https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/adhesion-do-concello-de-rianxo-ao-programa-pel-reactiva