Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Concello de Rianxo e a Agrupación Local de Protección Civil, organizan un Obradoiro Formativo para a elaboración de trampas e atraentes caseiros para atrapar as raíñas de nespra velutina. O vindeiro sábado 27 de marzo ás 11.00 h no Liceo.
https://concelloderianxo.gal/medioambiente/-/blogs/atrapa-a-nespra
Restricións sanitarias que entran en vigor hoxe, venres 19 de marzo.
O vindeiro venres 26 de marzo, no CEIP Castelao de Rianxo, representarase a obra teatral A Gran Viaxe, de Inventi Teatro. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/espectaculo-teatral-a-gran-viaxe-por-inventi-teatro
O vindeiro xoves 25 de marzo, no Auditorio de Rianxo, monólogo "Contos de Contrabando" de Avelino González. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Dirixido ao alumnado de 1º da ESO do IES Félix Muriel de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/monologo-contos-de-contrabando-por-avelino-gonzalez
O vindeiro martes 23 de marzo, no CEP Brea Segade de Taragoña, concerto didáctico "24 instrumentos populares galegos" polos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña para escolares.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-didactico-24-instrumentos-populares-galegos-por-suso-vaamonde-e-xose-lois-romero
Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do vindeiro 25 de marzo de 2021 https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-ordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-25-de-marzo-de-2021
O venres 26 de marzo, no Auditorio de Rianxo, espectáculo científico Código Sapiens, Mens Lingua-Lingua Mens, unha exploración da ciencia na linguaxe, por Vicente Mohedano e Xurxo Mariño. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña dirixido ao alumnado de 2º da ESO do IES Félix Muriel. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/espectaculo-cientifico-codigo-sapiens-con-vicente-mohedano-e-xurxo-marino
Emisión en directo do Pleno de marzo.
https://www.youtube.com/watch?v=vgJFwd4NGrg
Comeza o Enreguéifate 2021!!
A regueifeira Lupe Blanco impartirá 4 obradoiros nos centros de ensino.

https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/comeza-o-enregueifate-2021-
Grazas ao Programa Erasmus+, seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia viaxarán ata a República de Irlanda para facer as súas prácticas na Asociación Ikkaido na sede que ten na cidade de Tralee no condado de Kerry. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/seis-estudantes-do-ies-felix-muriel-de-rianxo-faran-practicas-en-irlanda-polo-programa-erasmus-
O Concello de Rianxo está a realizar nestas semanas o troco de luminarias previsto no proxecto Renovación e adaptación do alumeado público, proxecto que pretende dotalo de eficiencia enerxética e que prevé a súa substitución progresiva por lámpadas LED e instalación de novos cadros de mando. https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/renovacion-de-luminarias-para-o-proxecto-de-adaptacion-do-alumeado-publico-para-a-eficiencia-enerxetica
Rianxo acollerá a EUSKO LABEL LIGA, regata da máxima categoría de traiñeiras de España, o vindeiro 7 de agosto. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/rianxo-acollera-a-primeira-regata-da-eusko-label-liga-da-sua-historia-
O 2 de abril conmemórase o Día Mundial da Concienciación do Autismo e a Asociación Amicos de Boiro quere dar visibilidade a este trastorno a través dos concellos. O Concello de Rianxo únese a esta iniciativa cunha pancarta informativa na casa do concello.
Co gallo do Día do Libro, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo levan as Letras Galegas á escena, coa representación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-libre-coma-os-paxaros-manifesto-rebelde-de-teatro-do-atlantico-
O vindeiro sábado 15 de maio, a soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo presentarán Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/saudades-d-alborada-en-concerto-baladas-e-zarzuelas-galegas-por-loli-crespo-e-alejo-amoedo
O vindeiro venres 14 de maio, Miguel Anxo Seixas presenta a súa obra Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, dentro dos actos do Maio Cultural 2021. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-castelao-construtor-da-nacion-tomo-ii-1931-1939-de-miguel-anxo-seixas
O vindeiro sábado 15 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, o autor rianxeiro José Carou Rey presenta a súa obra Hemisferio auga. Xunto co autor, participarán no acto Salvador Laíño (Ilustrador) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Lectura de poemas a cargo do escritor Anxo Muíños. Programa enmarcado no Maio Cultural 2021. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-hemisferio-auga-de-jose-carou-rey