Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O vindeiro sábado 15 de maio, a soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo presentarán Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/saudades-d-alborada-en-concerto-baladas-e-zarzuelas-galegas-por-loli-crespo-e-alejo-amoedo
O vindeiro venres 14 de maio, Miguel Anxo Seixas presenta a súa obra Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, dentro dos actos do Maio Cultural 2021. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-castelao-construtor-da-nacion-tomo-ii-1931-1939-de-miguel-anxo-seixas
O vindeiro sábado 15 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, o autor rianxeiro José Carou Rey presenta a súa obra Hemisferio auga. Xunto co autor, participarán no acto Salvador Laíño (Ilustrador) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Lectura de poemas a cargo do escritor Anxo Muíños. Programa enmarcado no Maio Cultural 2021. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-hemisferio-auga-de-jose-carou-rey
O Concello de Rianxo organiza dúas actividades nos centros escolares municipais ao longo dos meses de maio e xuño, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, relacionadas coa ciberseguridade e cos videoxogos.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/actividades-sobre-ciberseguridade-e-videoxogos-nos-centros-de-ensino
O Servizo de Deportes organiza un Curso de Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP) e DESA (Desfibrilador Semiautomático).

Hai 6 prazas dispoñibles para o 22 de maio e 20 máis para outra edición por determinar, aberto a toda a poboación maior de 18 anos. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/apertura-do-curso-de-rcp-e-desa-a-toda-a-poboacion
O vindeiro venres 21 de maio, no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro Un señor elegante, de Suso de Toro https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-un-senor-elegante-de-suso-de-toro
Obradoiro de regueifa para adultos, con Lupe Blanco, o sábado 22 de maio.
A actividade forma parte do proxecto Enreguéifate, que organizan conxuntamente os concellos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Ames, Teo e Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/obradoiro-de-regueifa-para-adultos-con-lupe-blanco
O vindeiro venres 28 de maio, concerto da pianista armenia Anna Sarkisova, dentro do Programa de Música de Cámara-IV Ciclo Novos Intérpretes 2021 da Escola de Música de Rianxo e o Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-da-pianista-armenia-anna-sarkisova
Os vindeiros 22 e 23 de maio celébrase en augas do porto de Rianxo o Campionato Galego de Traiñeiriñas coa participación, entre outros, do Club Remo Rianxo. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campionato-galego-de-traineirinas-
HOMENAXE A ADRIÁN MOSQUERA

Publicamos un vídeo de homenaxe a Adrián Mosquera polo logro acadado en Hungría.
Parabéns desde a Concellería de Deportes do Concello de Rianxo e noraboa pola clasificación para Tokyo.

https://www.facebook.com/watch/?v=3002228903435583
A Deputación da Coruña publicou no BOP nº 87 do 11 de maio de 2021 a resolución pola que aproba a concesión definitiva de subvencións correspondente ao programa FOPPSS/2021: PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NO ANO 2021 https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/2472446
Forwarded from Rafa
O vindeiro domingo 23 de maio retransmitirase o Concerto XVIII Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo "Un paseo por Rianxo"
"A Miña Avoa" é un concurso organizado polo Concello de Rianxo no que participarán máis de 100 establecementos.

Nos comercios participantes poderás obter as pistas que che leven a atopar un dos moitos tesouros agochados pola vila, que son vales de compra para o comercio local.

https://concelloderianxo.gal/amiñaavoa
https://concelloderianxo.gal/amiñaavoa
O vindeiro venres 04 de xuño presentarase o libro Os Rosales - O son da festa, de Fina Fernández Fernández e Cristian Castrelo, libro homenaxe ao grupo rianxeiro Os Rosales. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-os-rosales-o-son-da-festa
Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela e Windsurf 2021 organizada pola Deputación da Coruña. O curso desenvolverase do 9 ao 13 de agosto para rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2012, tendo reservadas 8 prazas para residentes no concello. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campana-de-vela-e-windsurf-2021-
Rianxo bótase ao mar. Excursións por mar nos meses de verán.

https://concelloderianxo.gal/turismo/-/blogs/rianxo-botase-ao-mar