Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Os vindeiros 22 e 23 de maio celébrase en augas do porto de Rianxo o Campionato Galego de Traiñeiriñas coa participación, entre outros, do Club Remo Rianxo. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campionato-galego-de-traineirinas-
HOMENAXE A ADRIÁN MOSQUERA

Publicamos un vídeo de homenaxe a Adrián Mosquera polo logro acadado en Hungría.
Parabéns desde a Concellería de Deportes do Concello de Rianxo e noraboa pola clasificación para Tokyo.

https://www.facebook.com/watch/?v=3002228903435583
A Deputación da Coruña publicou no BOP nº 87 do 11 de maio de 2021 a resolución pola que aproba a concesión definitiva de subvencións correspondente ao programa FOPPSS/2021: PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NO ANO 2021 https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/2472446
Forwarded from Rafa
O vindeiro domingo 23 de maio retransmitirase o Concerto XVIII Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo "Un paseo por Rianxo"
"A Miña Avoa" é un concurso organizado polo Concello de Rianxo no que participarán máis de 100 establecementos.

Nos comercios participantes poderás obter as pistas que che leven a atopar un dos moitos tesouros agochados pola vila, que son vales de compra para o comercio local.

https://concelloderianxo.gal/amiñaavoa
https://concelloderianxo.gal/amiñaavoa
O vindeiro venres 04 de xuño presentarase o libro Os Rosales - O son da festa, de Fina Fernández Fernández e Cristian Castrelo, libro homenaxe ao grupo rianxeiro Os Rosales. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-os-rosales-o-son-da-festa
Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela e Windsurf 2021 organizada pola Deputación da Coruña. O curso desenvolverase do 9 ao 13 de agosto para rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2012, tendo reservadas 8 prazas para residentes no concello. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campana-de-vela-e-windsurf-2021-
Rianxo bótase ao mar. Excursións por mar nos meses de verán.

https://concelloderianxo.gal/turismo/-/blogs/rianxo-botase-ao-mar
O Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento de Verán Rianxo 2021. Celebrarase do 5 de xullo ao 27 de agosto, de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h, e contará con Plan Madruga, de 08.00 a 10.30.

Está destinado a nenos e nenas nados dende o ano 2009 ata o ano 2017, cun total de 130 prazas, distribuídas do seguinte xeito:
- Pazo de Rianxiño: 50
- CEP Brea Segade: 40
- CEIP Ana Mª Diéguez: 20
- Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro: 20

O prazo de inscrición comezará o vindeiro luns 7 de xuño, e deberá realizarse mediante presentación de solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou de forma telemática na Sede Electrónica.

Podes atopar toda a información en https://concelloderianxo.gal/campamento2021.

https://concelloderianxo.gal/campamento2021
O vindeiro venres 11 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-trobar-do-ar-de-xose-manuel-lobato
O vindeiro venres 18 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase a novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galán. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-da-novela-romanza-de-los-naranjos-en-flor-de-juan-galan
Forwarded from Rafa
O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o Proxecto de Democratización do coñecemento: CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA, en colaboración do Concello de Rianxo. Trátase de formación universitaria destinada a maiores de 50 anos. O programa conta cun total de 6 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/caminos-do-conecemento-e-a-experiencia
O vindeiro venres 25 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos", de Xosé Estévez. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-a-presenza-de-castelao-en-euskadi-un-lider-carismatico-para-os-vascos-de-xose-estevez
Bono Concilia. Axudas para a atención en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Programa convocado pola Consellería de Política Social.
https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/bono-concilia-2