Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Festa da Xouba 2021, o 24 e o 25 de xullo. Axiña máis información.
A Feira do Libro Rianxo 2021: Libros no Camiño terá lugar do 22 ao 25 de xullo, no Campo de Arriba de Rianxo. As librerías participantes estarán abertas de 12.00 a 14.00 h (14.30 h en fin de semana) e de 18.30 a 22.30 h.

Consulta a programación completa.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/feira-do-libro-rianxo-2021-libros-no-camino
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
Éxitos do deporte rianxeiro: equipo infantil masculino do Club Remo Rianxo
Inauguración da Feira de Libro de Rianxo, que estará no Campo de Arriba ata o domingo 25 de xullo.
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
Éxitos do deporte rianxeiro: Zaira Aido
A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo celebra o seu festival de verán nas redes, cunha serie de vídeos que se publicarán na súa canle de Youtube segundo o programa que se achega:

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-online-de-veran-da-asc-fogo-fatuo
Ante a escaseza de xouba, a exaltación neste ano 2021 farase a través de dous showcookings de 2 cociñeiros profesionais.

Hoxe día 24 e mañá día 25, na canle de Youtube do Concello e nas redes sociais, publicaranse os vídeos gravados para a ocasión.

https://www.youtube.com/c/ConcellodeRianxoTV/ ​​​​​​
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/festa-da-xouba-2021
Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 29 de xullo de 2021 https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-ordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-29-de-xullo-de-2021
O vindeiro domingo 8 de agosto, ás 21.30 h, celebrarase o concerto de Óscar Ibáñez& Tribo no exterior do CEIP Castelao, concerto enmarcado nas Noites Folc do Verán Cultural 2021. Programa ao abeiro da Rede Cultural 2021. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-oscar-ibanez-tribo-nova-data
Con motivo do Festival Noites de Jazz, do 2 ao 22 de agosto poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición Trazos de Jazz: A visión de Matisse. Edición facsimilar do libro de artista JAZZ de Henri Matisse.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-trazos-de-jazz-a-vision-de-matisse
O Festival Noites de Jazz Rianxo 2021 celebrarase do 4 ao 7 de agosto. A programación inclúe concertos, accións formativas e a exposición Trazos de Jazz: A visión de Matisse.

Os concertos celebraranse no exterior do CEIP Castelao, ás 22.30 h. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-noites-de-jazz-rianxo-2021