Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O venres 1 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a representación do tríptico teatral para 11 bruxas en 101 minutos Soga e Cinsa a cargo da compañía Aporía Escénica. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/triptico-teatral-soga-e-cinsa-a-cargo-de-aporia-escenica
O vindeiro sábado 2 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía de danza de Fran Sieira achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co espectáculo DeMente. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/espectaculo-de-danza-demente-a-cargo-da-compania-de-fran-sieira-entradas-esgotadas
O sábado 2 de outubro, ás 18.00 h, terá lugar no Pazo de Rianxiño o II Foro de alfombrismo de Galicia e patrimonio inmaterial.

Enmarcado no foro, do 4 ao 17 de outubro na Biblioteca Municipal terá lugar unha exposición arredor do alfombrismo en Galicia.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/ii-foro-de-alfombrismo-de-galicia-e-patrimonio-inmaterial
O programa mixto de emprego e formación "Carnero Valenzuela II" pon fin a 12 meses de formación e traballo coa presentación dos proxectos realizados polos 16 alumnos e alumnas ante a presenza da Secretaria territorial da Coruña da Xunta, Patricia Rodríguez Franco, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez. https://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/clausura-do-obradoiro-de-garantia-xuvenil-carnero-valenzuela-ii-e-presentacion-dos-traballos-de-deseno-web-realizados
Os traballos realizados consisten en 7 webs de interese para Rianxo, entre as que descata o Portal de Entidades, un escaparate colaborativo do tecido asociativo do municipio.

Neste tríptico preséntanse os 7 traballos realizados.
https://concelloderianxo.gal/documents/13270/0/Proxecto_Carnero+Valenzuela+II.pdf
OutonoCultural2021.jpg
1.1 MB
Toda a programación do Outono Cultural 2021
Fantasía musical nos Xoves da Biblioteca o 14 de outubro as 18:00h
https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/fantasia-musical
Gala Faustino Rey Romero organizada pola Irmandade da Música Galega coa colaboración do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/gala-faustino-rey-romero
O sábado 16 de outubro, ás 13.00 horas, terá lugar no teatro do Auditorio de Rianxo a presentación da novela de X. Ricardo Losada O rosario e a buguina, gañadora do premio Torrente Ballester 2020 da Deputación da Coruña. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-o-rosario-e-a-buguina-de-xose-ricardo-losada
IV Ciclo de novos intérpretes da Escola de Música de Rianxo
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/iv-ciclo-de-novos-interpretes
O vindeiro xoves 28 de outubro a asociación galega de familias de acollida, Acougo, impartirá unha charla sobre o acollemento familiar. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/charla-informativa-sobre-o-acollemento-familiar
As miñas 25 primeiras palabras: álbum de agasallo á crianza con Apego.

O Concello de Rianxo publica este álbum das primeiras 25 palabras como parte do material que acompañe a crianza con Apego, co fin de ter recollidas as primeiras palabras que exprese a nosa crianza para crear un vínculo emotivo coa súa lingua no futuro e así promover o seu uso, como unha achega máis para as máis de 150 familias que conforman a Comunidade do Apego en Rianxo.
Podes descargar o libro na ligazón:
https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/as-minas-25-primeiras-palabras-album-de-agasallo-a-crianza-con-apego
I Andaina solidaria ASANOG, o sábado 6 de novembro ás 10:30 h​​​​​​​​​​​​​, a beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/i-andaina-solidaria-asanog
Teatro: Bernarda, a cargo de Malasombra.

Sábado 30 de outubro ás 20.30 h na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-bernarda-a-cargo-de-malasombra