Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
OutonoCultural2021.jpg
1.1 MB
Toda a programación do Outono Cultural 2021
Fantasía musical nos Xoves da Biblioteca o 14 de outubro as 18:00h
https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/fantasia-musical
Gala Faustino Rey Romero organizada pola Irmandade da Música Galega coa colaboración do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/gala-faustino-rey-romero
O sábado 16 de outubro, ás 13.00 horas, terá lugar no teatro do Auditorio de Rianxo a presentación da novela de X. Ricardo Losada O rosario e a buguina, gañadora do premio Torrente Ballester 2020 da Deputación da Coruña. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-o-rosario-e-a-buguina-de-xose-ricardo-losada
IV Ciclo de novos intérpretes da Escola de Música de Rianxo
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/iv-ciclo-de-novos-interpretes
O vindeiro xoves 28 de outubro a asociación galega de familias de acollida, Acougo, impartirá unha charla sobre o acollemento familiar. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/charla-informativa-sobre-o-acollemento-familiar
As miñas 25 primeiras palabras: álbum de agasallo á crianza con Apego.

O Concello de Rianxo publica este álbum das primeiras 25 palabras como parte do material que acompañe a crianza con Apego, co fin de ter recollidas as primeiras palabras que exprese a nosa crianza para crear un vínculo emotivo coa súa lingua no futuro e así promover o seu uso, como unha achega máis para as máis de 150 familias que conforman a Comunidade do Apego en Rianxo.
Podes descargar o libro na ligazón:
https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/as-minas-25-primeiras-palabras-album-de-agasallo-a-crianza-con-apego
I Andaina solidaria ASANOG, o sábado 6 de novembro ás 10:30 h​​​​​​​​​​​​​, a beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/i-andaina-solidaria-asanog
Teatro: Bernarda, a cargo de Malasombra.

Sábado 30 de outubro ás 20.30 h na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-bernarda-a-cargo-de-malasombra
O rianxeiro Bernal Muíños deleitaranos co seu cuarteto de jazz no IV ciclo de novos intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/bernal-muinos-no-iv-ciclo-de-novos-interpretes
Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o vindeiro xoves 28 de outubro de 2021. https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-d-a-da-sesi-n-ordinaria-do-pleno-da-corporaci-n-do-28-de-outubro-de-2021
O venres 12 de novembro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o concerto de Víctor Bouzas Cuarteto (trompeta) enmarcado no IV Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-victor-bouzas-cuarteto-trompeta-
O rianxeiro Adrián Gómez Ramos presentará a súa primeira novela Cando sangren os lobos no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 5 de novembro ás 20.30 horas.

A novela foi a gañadora do I Premio Xuventude Crea de Novela Curta convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-da-novela-cando-sangren-os-lobos-de-adrian-gomez-ramos
XI Seminario sobre a memoria organizada pola Nova Escola Galega en Rianxo, Cuntis e Cerdedo, o 5, 6 e 7 de novembro.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xi-seminario-sobre-a-memoria-organizada-pola-nova-escola-galega
O domingo 31 de outubro, ás 17.30 horas, no Cemiterio Municipal de Rianxo terá lugar un acto en lembranza ás vítimas da covid-19 no que se presentará o Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios e contará coa intervención musical de Esperanza Mara.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/galeg-para-sempre