Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
A Fundación RIA, en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas, desenvolverá un acto de participación e reflexión sobre a estrada AC305 ao seu paso por Taragoña.

Ambas as entidades buscan mellorar a seguridade e recuperar a identidade dos núcleos de poboación litorais do Barbanza.

O acto aberto ao público -ata completar aforo (50 persoas) -, terá lugar o vindeiro luns 29 de novembro no centro cultural de Taragoña, Rianxo de 17:00 a 19:00.

Para a organización do evento a Fundación RIA conta co apoio do concello de Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/xornada-de-participacion-publica-sobre-o-paso-da-ac-305-por-taragona
A trastenda dos contos, xoves 2 de decembro as 18:00 h no auditorio de Rianxo, contacontos sobre a inclusión.

https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/a-trastenda-do-contos
Elsa Muñiz pecha o Programa de Música de Cámara 2021 organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo.

O concerto da pianista terá lugar o vindeiro sábado 4 de decembro ás 20.30 horas na sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-elsa-muniz-no-programa-de-musica-de-camara-2021
O venres 10 de decembro, ás 20.30 horas, terá lugar un concerto a cargo de Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) dentro da programación do IV Ciclo de Novos Intérpretes. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/lucia-mata-fagot-e-diego-mata-piano-no-iv-ciclo-de-novos-interpretes
A asociación Fogo Fatuo celebra o seu tradicional Festival de Nadal o vindeiro 11 de decembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-asociacion-fogo-fatuo-2
O 11 de decembro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Nelson Quinteiro representará o seu espectáculo Os apalpadoriños. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/os-apalpadorinos-de-nelson-quinteiro
O vindeiro venres 03 de decembro, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Tecido de voces de varios autores. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-tecido-de-voces
O próximo sábado 18 de decembro, ás 20.30 horas, a Orquestra de Cámara Galega ofrecerá un concerto na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo baixo a batuta de Rogelio Groba Otero e coa actuación de Laura del Río como soprano. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-da-orquestra-de-c-mara-galega
O programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2022. As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido. Ademais inclúe tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e a póliza colectiva de seguro turístico. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/termalismo-social-imserso-2022
A Asociación Virxe do Carme de Rianxo organiza o RianClown, festival cómico de rúa en Rianxo, o sábado 4 de decembro. Este ano incluirá o acendido das luces do Nadal.
A Asociación Vai de Roda, o vindeiro domingo 19 de decembro, ás 18.00 horas vai celebrar o Festival de Nadal. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-asociacion-vai-de-roda-2
O venres 17 de decembro, ás 21.00 horas terá lugar a pre-estrea da curtametraxe do rianxeiro Fran X. Rodríguez Devoradora de nenos. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/pre-estrea-da-curtametraxe-devoradora-de-nenos
O xoves 23 de decembro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o concerto de Víctor Bouzas Cuarteto (trompeta) enmarcado no IV Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-victor-bouzas-cuarteto-trompeta-
A Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero de Isorna e a Comunidade de Montes de Isorna coa colaboración do Concello de Rianxo organizan o sábao 18 de decembro unha homenaxe a Faustino Rey Romero no centenario do seu nacemento. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/homenaxe-a-faustino-rey-romero-no-centenario-do-seu-nacemento
Ás 20.00 horas na canle de youtube da Escola de Música de Rianxo poderedes gozar do Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-escola-de-musica-de-rianxo-3
O domingo 26 de decembro, ás 18.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-nadal-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo-1
O mércores 29 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto infantil Tecendo os soños a cargo de Esperanza Mara (soprano) e Alfredo Susavila (pianista). https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-infantil-tecendo-os-sonos-de-esperanza-mara
Nadal Cultural do Concello de Rianxo