Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O vindeiro venres 13 de maio, ás 21.00 horas, pase aberto da nova produción teatral Continente María, unha coprodución de Ainé Producións con A Quinta do Cuadrante, o Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego, como parte do programa de residencias do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/pase-aberto-de-continente-maria
Co gallo do nacemento do compositor Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), o departamento de Cultura da Deputación da Coruña programa un ciclo de concertos que arrancará o 29 de abril no Pazo de Mariñán e que se completará durante o mes de maio noutros tres escenarios: o salón de actos da Casa Dopeso das Pontes, os días 7 e 14; o Auditorio Municipal de Rianxo, o 20 e 21; e a Aula de Cultura Xulio Cuns de Betanzos, o 27 e o 28. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/en-rianxo-ciclo-de-concertos-carlos-lopez-garcia-picos
Xa podes solicitar o teu BONOS para facer compras nos establecementos adheridos ao programa BONOS RIANXO, ata o 30 de xuño.
https://concelloderianxo.gal/comercio/-/blogs/os-bonos-rianxo-xa-estan-disponibles-para-descargar
O sábado 28 de maio, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o XIX Concerto aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo.

Só con reserva de localidades no seguinte formulario https://forms.gle/VDimnvLh5LXc9YkVA
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-xix-aniversario-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo
Gloria Nacional, da compañía de Teatro do Noroeste. O venres 27 de maio, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Ppatrocinada pola Deputación da Coruña co gallo da celebración do Día do Teatro 2022 https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-gloria-nacional-teatro-do-noroeste
O Concello de Rianxo organiza un obradoiro de iniciación ao teatro para adultos impartido por Amantia Coello. Desenvolverase os luns de 19.00 a 21.00 horas dos meses de xuño a setembro no Centro Social Liceo de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/obradoiro-de-iniciacion-ao-teatro
O grupo PatakaMacabra da escola de teatro Airiños presenta Reset. Historia dun futuro roubado. A función terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 11 de xuño, ás 20.30 horas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-reset-a-cargo-de-patakamacabra
Campamentos de verán 2022 e Plan madruga, do 4 de xullo ao
26 de agosto. Inscrición ata o 10 de xuño.
https://concelloderianxo.gal/campamento2022
A concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organiza o I Concurso de Carteis "Orghullo Rianxo" con motivo das actividades conmemorativas do 28 de xuño Día Internacional da Diversidade Sexual. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/i-concurso-de-carteis-orghullo-rianxo-
A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo presenta da man de Compañía Eléctrica a obra de teatro Miss Docet. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/obra-de-teatro-miss-docet
O 25 de xuño, a partir das 21.30 horas, a Asociación Fogo Fatuo organiza na Praza Rafael Dieste o XVIII Festival de baile e música tradicional. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xviii-festival-de-baile-e-musica-tradicional-fogo-fatuo
O venres 17 de xuño, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo realizarase o concerto para voz e piano, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo ofrecerán a súa versión de obras de obras de Marcial del Adalid Gurrea, Eugenia Osterberger Luard, Andrés Gaos Berea, García-Picos e Juan Durán Alonso.​​​​​​​ https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/nova-data-para-o-concerto-de-susana-de-lorenzo-voz-e-alejo-amoedo-piano-
A vindeira fin de semana do 17, 18 e 19 de xuño poderanse degustar tapas elaboradas con conserva en Rianxo dentro do programa "Tapas e latas A Orixe" da mancomunidade Barbanza Arousa.
https://concelloderianxo.gal/turismo/-/blogs/tapas-de-conservas-elaboradas
Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela 2022 organizada pola Deputación da Coruña. O curso de Vela desenvolverase do 22 ao 26 de agosto e vai dirixido a rapaces e rapazas empadroados/as nun concello da provincia da Coruña, nados entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2013 ambos inclusive, se ben terán prioridade os nenos e nenas empadroados no noso Concello, tendo reservadas 7 prazas en cada quenda (mañá ou tarde). https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campana-de-vela-2022
Actividades programadas pola Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo con motivo do 28 de Xuño, día do Orghullo https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/orghullo-rianxo-2022
Mini Orghullo
Comezo do XVII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña coa concerto monográfico John Willians a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo no Campo de Arriba.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xvii-ciclo-de-bandas