Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O vindeiro sábado 30 de xullo volve o Festival Antrospinos ao Campo Maneiro con actividades en Taragoña durante toda a xornada.

Toda a información nas redes sociais da Asociación Festival Antrospinos: https://www.facebook.com/asociacionFAP/

https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/festival-antrospinos
A Asociación Cultural A Carballeira de Baia organiza as Festas do Araño do 5 ao 7 de agosto.
Concerto Treides comigo ! de Xoán Curiel. 1 de agosto ás 21.00 na Praza de Rafael Dieste.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-treides-comigo-de-xoan-curiel
Un ano máis, o festival Noites de Jazz encherá de ritmo a Praza de Rafael Dieste, do 3 ao 6 de agosto.

Consulta a programación completa en noitesdejazz.gal
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-noites-de-jazz-2022
O vindeiro venres 19 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o concerto-obradoiro de García Mc + Dj Mil co espectáculo A Lingua galega na música rap. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/garcia-mc-dj-mil-a-lingua-galega-na-musica-rap
O venres 12 de agosto, ás 20.30 horas, na Praza de Rafael Dieste Os Quinquilláns presentan o seu novo espectáculo Terra de Raíñas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-de-rua-terra-de-rainas-a-cargo-os-quinquillans
Abóbriga en concerto o vindeiro sábado 6 de agosto no Campo de Arriba en Rianxo, enmarcada na Festa do Mexillón de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/abobriga-en-concerto
O sábado 13 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar no teatro do auditorio de Rianxo un concerto a cargo do pianista profesional Adrien Gey Galera, no que interpretará pezas de Chopin, Beethoven, Medtner, Rachmaninov e Brahms. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-piano-adrien-gey-galera
A Sociedade Deportiva Barbantia Roda, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza a “Andaina Santa Compaña”, o vindeiro 14 de agosto.

A inscrición é obrigatoria e poderá formalizarse en: Cluber.es, Servizo de Deportes, Pavillón Polideportivo de Rianxo e Barbantia Roda. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/andaina-santa-compana-2022
O Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados para dar a coñecer diferentes lugares de interese rianxeiros durante a tempada de verán. https://concelloderianxo.gal/turismo/-/blogs/roteiros-guiados-por-rianxo
O sábado 13 de agosto, en Asados, realizarase unha homenaxe a D. Xosé Bandín mestre e músico rianxeiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/homenaxe-a-d-xose-bandin
O xoves 25 de agosto, ás 21.00 horas, na Praza de Rafael Dieste o grupo The cuncas dará un concerto dentro da súa xira "Xira que te libras 2022". https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/the-cuncas-en-concerto
O sábado 20 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar na Praza de Rafael Dieste un concerto a cargo do grupo Barahúnda. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/barahunda-en-concerto-1
O vindeiro xoves 01 de setembro, ás 21.00 h, no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo, realizarase a Observación astronómica: A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño, dentro do programa Astronomía 2022. O TEU XACOBEO, organizado por Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC e o Concello de Rianxo, co apoio do Xacobeo 21-22. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/observacion-astronomica-a-via-lactea-e-outros-motivos-xacobeos-do-camino
O vindeiro venres 02 de setembro, ás 19.00 h, no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro "Galeóns, Vapores e Motoras - A historia da pasaxe na Ría de Arousa", de Manuel Gago Pérez. Despois da presentación, visita guiada no veleiro Evangelina Uno, posiblemente o máis antigo de Galicia (1912), navegando a día de hoxe.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-galeons-vapores-e-motoras-de-manuel-gago-perez
Dende o 03 ao 30 de setembro poderase visitar na sala de exposicións do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo a exposición de arte naive "Emociones 2022" de Karin Kuijper. O acto de apertura será o sábado 03 de setembro ás 12.30 h.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-de-arte-naive-emociones-2022-de-karin-kuijper
Rianxo celebrará a súa semana grande das Festas da Guadalupe do 9 ao 16 de setembro. Esta edición virará en torno á conmemoración dos 75 anos da composición de "Ondiñas da nosa ría", máis coñecida como "A Rianxeira".

Toda a información na web das Festas da Guadalupe http://festasdaguadalupe.gal
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/festas-da-guadalupe-2022
O vindeiro xoves 08 de setembro, ás 20:30, no Salón de Actos (1º andar) do Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo, estrearase a curtametraxe realizada polos/as participantes no Campamento Urbano Audiovisual que se celebrou este verán en Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/estrea-da-curtametraxe-realizada-no-campamento-urbano-audiovisual-de-rianxo