Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
A entidade AGADEA vai levar a cabo unha xornada informativa sobre a Enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, os tratamentos non farmacolóxicos e as actividades que desenvolve a entidade. Ofrecerase tamén información sobre o seu servizo de Estimulación Terapéutica e os talleres que realizan. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/xornada-informativa-sobre-o-alzheimer-e-outras-demencias-neurodexenerativas
O sábado 17 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-asociacion-fogo-fatuo-3
O vindeiro venres 16 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar un concerto de piano na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a cargo do alumnado da mestra Ilona Timchenko.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-arte-de-piano
O xoves 17 de novembro ás 19.00 horas e o sábado 17 de decembro ás 12.00 horas a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unhas charlas informativas sobre o programa de acollida Vacacións en paz no Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/charlas-informativas-sobre-o-programa-de-acollida-vacacions-en-paz-1
Os xoves 15 de decembro as 20:00 na Biblioteca Municipal, Esperanza Mara ofrecerá un faladoiro no que tratarase a violencia de xénero a través da literatura existente e a través da voz. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/faladoiro-con-esperanza-mara-sobre-a-violencia-de-xenero-a-traves-da-voz
A Escola de Música de Rianxo ofrecerá en dúas sesións o seu Festival de Nadal, serán o domingo 18 de decembro ás 12.30 e o venres 23 de decembro ás 20.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-escola-de-musica-de-rianxo-4
NOTA DE PRENSA

Rexeitamento do goberno municipal dos actos contra a tolerancia e o respecto aos símbolos LGTBI.
O grupo de goberno do Concello de Rianxo rexeita contundente e firmemente os actos que se realizaron contra un dos bancos pintados no Paseo Marítimo de Setefogas coa bandeira do arco da vella, o símbolo da tolerancia, respecto e compromiso cos dereitos LGTBI. Non é un acto vandálico máis contra o patrimonio de todos e todas, xa de por si condenábel, senón que entendemos vai contra o que representa que é a tolerancia entre as persoas e a loita polos dereitos que preside e debe presidir o municipio.

Evidentemente, mentres a Policia Local buscará dar cos culpábeis de mover e guindar ao mar o banco, a brigada de obras repoñerao e non só iso, senón que ten a encomenda de realizar máis repintados similares nos bancos ubicados na zona, pois de ningunha maneira se vai permitir gañen os intolerantes e homófobos esta loita contra o respecto.

Os feitos tiveron lugar probabelmente a noite do venres ao sábado no que a marea baixa deixou ao descuberto da auga o banco multicor instalado no lugar desde o pasado novembro como un dos actos desta data da non violencia contra as mulleres. A Policía Local procedeu a retiralo do mar e recuperalo para a súa posterior reposición. Intensificará a súa vixilancia e control para dar cos causantes desta acción tan covarde.
O Concello de Rianxo organiza dúas actividades nos centros escolares municipais ao longo dos curso 2022-23, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. A primeira actividade terá lugar o 20 e 21 de decembro no CEIP Castelao de Rianxo. Ao longo do curso repetirase no CEIP Ana María Diéguez e no CEP Brea Segade de Taragoña.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/actividades-sobre-ciberseguridade-e-videoxogos-nos-centros-de-ensino-1
Do 26 ao 30 de decembro na Carpa de Nadal desenvolverase o Nadal Concilia, organizado polo Concello de Rianxo.

Trátase dunha serie de actividades para as crianzas. De 16.30 a 19.00 horas, todos días, terán lugar os Obradoiros de Nadal, e ás 19.00 horas haberá actuacións para toda a familia. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/nadal-concilia-do-26-ao-30-de-decembro-na-carpa-do-nadal
Queres falar cos Reis Magos? O Concello de Rianxo e a ARE tráenche a posibilidade de que os Reis Magos te chamen por vídeoconferencia.

Reserva a túa cita en nadalrianxo.com e elixe unha data e hora para recibires a chamada.
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/fala-cos-reis-magos-
Este xoves 29 de decembro, ás 19.00 h, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo, celebrarase o Café científico- literario "Tesouro Espeleolóxico Galego", que contará coa presenza de Tereixa Otero e Xavier Groba (Club Espeleolóxico MAÚXO) e coa poeta Alba Cid. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/cafe-cientifico-literario-tesouro-espeleoloxico-galego
Este venres 30 de decembro, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar o Concerto de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo, Concerto solidario a prol da ONG Sogaps - Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

A entrada-donativo (3 euros) pode mercarse no Estanco Xacobiño, na Libraría Candido, no Kiosko José Ramón e dende unha hora antes no Auditorio.

Para aqueles que non poidan acudir ao concerto, pero queiran facer un donativo a ONG Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), habilitouse unha Fila Cero co número de conta ES40 2080 5056 13 3040034374.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-fin-de-ano-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo
O xoves 05 de xaneiro as SSMM os Reis Magos visitarán Rianxo, e realizarán a Cabalgata polas parroquias e Recepción das SSMM na Praza Castelao.

Toda a información, horarios e percorrido en concelloderianxo.gal
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/volta-a-rianxo-das-ssmm-os-reis-magos-1
Emisión da Cabalgata de Reis de Rianxo 2023 en directo na canle de YouTube do Concello de Rianxo https://youtu.be/i3JsEojru7A https://youtu.be/i3JsEojru7A
O proxecto de colaboración entre o Concello de Rianxo e RedeAberta.gal para despregar unha rede neutral de fibra óptica no municipio vai chegar á totalidade dos núcleos de poboación no novo proxecto de ampliación, que está previsto que remate en abril de 2023.

O despregue da fibra, que se puxo en marcha en 2022, acada actualmente as práctica totalidade das parroquias de Rianxo, Taragoña e Leiro, e estase a estender ao resto das parroquias ata os núcleos máis afastados das redes principais como Paradela, Ourille, Campelo, A Ermida ou Piñeiro.

Os servizos de fibra de RedeAberta pódense contratar a través das seguintes operadoras:

· FibraRianxo / Pizpireta Telecom
· A Túa Xanela
· Toxo Telecom
· Juifi Telecom
· Grelo Comunicacións
· Evoa
· Aurea Telecom
· Itegal
· ItSarria
· Bit Telecom
· 7Play

Máis información na ligazón.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/ampliacion-do-despregamento-de-fibra-optica-de-redeaberta-para-a-cobertura-total-do-municipio