Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do novo poemario do escritor rianxeiro Diorama de José Carou Rey. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/actos-castelao-presentacion-do-poemario-diorama-de-jose-carou-rey
Se tes entre 16 e 29 anos e estás en situación de desemprego, pódeche interesar esta formación gratuíta en Marketing Dixital e Cooperativismo que se vai desenvolver na comarca entre febreiro e xuño. O martes 31 de xaneiro ás 16.30 h terá lugar a charla informativa sobre este programa no Auditorio de Rianxo. O acceso é libre.
https://concelloderianxo.gal/orientacionlaboral/-/blogs/marketing-dixital-e-cooperativismo-sesion-informativa
Xornadas de portas abertas no CRA de Rianxo
O Concello de Rianxo e as entidades asociativas organizan unha ampla variedade de propostas para celebrar o tradicional Entroido, dende o venres 17 ao sábado 25 de febreiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/entroido-rianxeiro-programacion
O Concello de Rianxo organiza o certame de carrozas e disfraces en grupo o domingo 19 de febreiro na Praza de Castelao. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/certame-de-carrozas-e-disfraces-en-grupo-extracto-das-bases
A Xunta de Goberno do 2 de febreiro aprobou unha solicitude para a colocación dunha antena de telefonía móbil no monte de Leiro á altura de Abuín, coa finalidade de mellorar a deficiente cobertura móbil existente en gran parte da parroquia, desde A Pedreira e Brión até Rial e Palleiro, etc.

Esta mellora da cobertura vén cumprir un dos obxectivos que a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais perseguía ao abrir unha consulta pública de incidencias na cobertura de telefonía móbil, que o Concello de Rianxo trasladou á veciñanza nunha enquisa pública hai agora un ano.
Mañá 8 de febreiro ás 6 da tarde, na Praza de Padrón, sumámonos á concentración silenciosa en repulsa do asasinato machista de Baiona.
A Fundación Deloa pon en marcha un programa formativo gratuíto nos concellos de Rianxo, Dodro e Rois sobre Márketing Dixital e Cooperativismo, dirixido a persoas en situación de desemprego de 16 a 29 anos.

É unha oportunidade única para a inserción laboral e a posibilidade de formares parte da creación dunha nova cooperativa. Inclúe unha semana de estancia nunha empresa do sector.

Desenvolverase entre febreiro e xuño, en horario de tarde de 4 a 8 de luns a xoves. O prazo de inscrición é ata o 20 de febreiro na ligazón: https://www.deloa.es/marketing-dixital-cooperativismo/
A Casilla será a primeira aldea da parroquia do Araño en conectarse á rede pública de abastecemento con 22 vivendas.

O pleno celebrado xoves 9 de febreiro aprobou a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos) “Pos+ 2023” da Deputación Provincial da Coruña con catro proxectos de saneamento e abastecemento.

Máis información sobre os proxectos aprobados na ligazón.


https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/a-casilla-sera-a-primeira-aldea-da-parroquia-do-arano-en-conectarse-a-rede-publica-de-abastecemento-con-22-vivendas
O Concello de Rianxo continúa co proxecto Pingas de Luz!, o cal nace co obxectivo de visualizar as violencias machistas na contorna para fomentar a consciencia sobre estas e promover o apoio mutuo entre as persoas que son obxecto dela.

O obradoiro terá lugar este sábado 11 de febreiro ás 11:30h na Biblioteca Pública Municipal Castelao. Inscricións no correo avoar@inventati.org

https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/o-concello-de-rianxo-continua-co-proxecto-pingas-de-luz-
O venres 10 de febreiro, ás 20.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do núm. 121 da revista A Trabe e Ouro. Este número está centrado na súa maiormente na figura de Manuel Antonio con textos, entre outros, de Xosé Luís Axeitos e Moncho Pena. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-num-121-da-revista-a-trabe-de-ouro
O sábado 11 de febreiro, ás 19.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación da novela de Mingos Rial "Velas al viento". https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-libro-velas-al-viento-de-mingos-rial
Ata o 20 de febreiro aínda podes optar a formar parte deste proxecto do que poderá xurdir a túa propia cooperativa. Se tes entre 16 e 29 anos, non deixes pasar esta oportunidade formativa e laboral!