Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O vindeiro sábado 01 de abril, ás 12.00 h, celebrarase no Auditorio de Rianxo o Acto solemne e público de nomeamento de Fillo Predilecto de Rianxo a D. Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo Emérito de Tánxer. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/acto-solemne-e-publico-de-nomeamento-de-fillo-predilecto-de-rianxo-a-d-santiago-agrelo-martinez-arcebispo-emerito-de-tanxer
Rianxo terá unha residencia de maiores.

Rianxo, Ordes e As Pontes acollerán os primeiros centros da rede de residencias públicas comarcais para maiores do plan piloto da Deputación da Coruña, cun investimento de 6 millóns de euros, do que xa se asinou un protocolo entre os tres Concellos e a Deputación. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/plan-piloto-da-deputacion-da-coruna-para-crear-unha-residencia-publica-comarcal-para-maiores-en-rianxo
A compañía Al Grano presenta o seu último espectáculo, Kaldi, o mércores 05 de abril ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Promete ser unha experiencia única e emocionante para todos os amantes do café, a través dun espectáculo de acrobacias aéreas, música en vivo e efectos visuais impresionantes, os espectadores serán transportados a un mundo cheo de maxia e aventura. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/pase-aberto-kaldi-da-compania-al-grano
A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Rianxo, lanzou un proxecto de democratización do coñecemento a través do programa universitario de maiores, IV Ciclo chamado Camiños de Coñecemento e experiencia.

Este programa está dirixido a persoas maiores de 50 anos que desexen seguir aprendendo e enriquecer a súa formación. Os Camiños de coñecemento e experiencia en Rianxo proporcionan unha oportunidade única para acadar novos coñecementos sobre diferentes temas, tales como historia, arte, literatura, ciencia, tecnoloxía e moitos máis. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/caminos-de-conecemento-e-experiencia-en-rianxo
Día da República, non des a esquecemento

A Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza organizou unha serie de actos para conmemorar o Día da República en Rianxo, que terán lugar o sábado 15 de abril ás 20.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento contará coa presentación de "A represión no Barbanza (1936-1958)", unha publicación escrita por Xoán Fernández Callón, que aborda a represión sufrida polas persoas republicanas na rexión durante os anos da Guerra Civil e a posguerra. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/dia-da-republica-non-des-a-esquecemento
Do domingo 9 ao 23 de abril, terán lugar as Veladas de Primavera nas Escolas Vellas da Atalaia en Asados, organizadas polo grupo de teatro Airiños coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/veladas-de-primavera
Coloquio-presentación Marea Morta de Ana Lojo Chan
A escritora de Cabo de Cruz presenta a súa publicación Marea Morta o venres 14 de abril no salón de actos do Auditorio de Rianxo, ás 20:30 horas.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/coloquio-presentacion-marea-morta-de-ana-lojo-chan
O espectáculo Crisálida, pertencente á compañía Caramuxo Teatro, presenta a súa última obra no Auditorio de Rianxo. O espectáculo terá lugar o sábado 15 de abril ás 19.00 horas na Sala Arcos Moldes, e é promovido pola Deputación da Coruña como parte das actividades previstas pola Área de Cultura en conmemoración do Día Mundial do Teatro 2023. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-cris-lida-de-caramuxo-teatro-
A Asociación Fogo Fatuo de Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a veciñanza de Rianxiño, organiza unha fin de semana de festa do Patrocinio, en Rianxiño, onde poderás desfrutar de xogos para todas as idades, papas de arroz e chocolate quente de balde e sorteos. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/o-patrocinio-en-rianxino-2
O acontecido hoxe en Compostela é inexplicábel e nos enche de carraxe pola situación de violencia á que se chegou. De todo este despropósito facemos responsable á Consellaría do Mar que é a que debería capitanear o diálogo e a procura dunha solución, non alimentar o enfrontamento nin a confusión.

Esiximos que se poña fin dunha vez a este conflito creado entre traballadores do mar que levan convivindo máis de 70 anos. Deixade traballar e producir á nosa xente!

Desexamos a pronta recuperación das persoas mancadas en especial do noso veciño que, afortunadamente, soubemos non reviste gravidade. Tamén instamos á inmediata posta en liberdade dos detidos para iniciar a resolución pacífica desta liorta á que están abocando ao sector.

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños
https://concelloderianxo.gal/manifestos/-/blogs/comunicado-polo-conflito-da-mexilla
A Asociación Escola de Música de Rianxo organiza a exposición "20 anos de Música", enmarcada nos actos conmemorativos do XX aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. A mostra terá lugar na sala de exposicións do auditorio de Rianxo, do 21 de abril ao 19 de maio.

A apertura da exposición será o venres 21 de abril ás 20.30 horas. A organización do evento conta coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e Bandin Audio. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-20-anos-de-musica-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo
O vindeiro 28 e 29 de abril terá lugar en Rianxo un festival de música clásica na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dous días de concertos con recoñecidos músicos do panorama galego e internacional.
Este sábado, 22 de abril, ás 20h30, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar. Tres referentes da música galega, Faia Díaz, Nacho Muñoz e Lar Legido, presentarán un repertorio do artista portugués Zeca Afonso, nunha actuación que combina elementos tradicionais, vangarda e experimentación. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-nao-saber-o-que-me-espera-de-nacho-faia-lar
A Xunta de Galicia convocou o programa Acción de Verán 2023, con campamentos e campos de voluntariado para este verán. Publicarase no DOG a convocatoria o vindeiro luns 16 de maio. https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/accion-de-veran-2023
Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do vindeiro xoves 27 de abril de 2023
https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-ordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-27-de-abril-de-2023
O venres 28 de abril ás 9.00 h realizarase o sorteo das mesas electorais de cara ás vindeiras eleccións locais do 28 de maio, nun pleno extraordinario.

O sorteo será retransmitido en directo, ao igual que os demais plenos, pola canle de YouTube do Concello de Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-extraordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-28-de-abril-de-2023-sorteo-de-mesas-electorais
A Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto con motivo do primeiro de maio, enmarcado nos actos conmemorativos do XX aniversario da súa fundación. O concerto terá lugar o luns 01 de maio ás 12:30 horas no Campo de Arriba de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-primeiro-de-maio-a-cargo-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo