Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
A xunta de portavoces do Concello de Rianxo vén de decretar tres días de loito oficial en recordo das dúas persoas asasinadas nos atentados de Sri Lanka, veciñas de Rianxo e Pontecesures. Ás 12 h, representantes da corporación e a veciñanza gardaron un minuto de silencio en resulta do acto terrorista e en memoria das persoas que nel faleceron.

http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/decretados-tres-dias-de-loito-oficial-polos-atentados-de-sri-lanka
A Xunta de Galicia acaba de convocar o programa Acción de Verán 2019, unha ampla proposta que inclúe campamentos, campos de voluntariado e actividades para a mocidade neste verán 2019.

Os campamentos de verán están dirixidos á mocidade de entre 9 e 17 anos, e poderanse solicitar ata o 7 de maio.

http://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/accion-de-veran-2019
O 25 de abril no Cuartel Vello en Rianxo, ás 20.30 horas realizarase un acto para conmemorar a Revolución dos Caraveis de Portugal.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/25-de-abril-en-rianxo
O vindeiro venres 26 de abril, ás 21:00 horas no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación de "Liñas Compartidas", libro realizado polas persoas participantes no Obradoiro de Escrita Creativa de Rianxo. Tamén se presentará o suplemento A Voz de Barbantia, número 144.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-linas-compartidas-
Festa do Bandullo Cheo no Araño o 1 de maio, organizada pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festa-do-bandullo-cheo
O vindeiro mércores, Primeiro de maio, celébrase a homenaxe ás persoas falecidas no mar. Todos os anos homenaxéanse dúas das persoas falecidas, facendo a ofrenda familiares próximos en recordo dos seus.

http://concelloderianxo.gal/comercio/-/blogs/primeiro-de-maio-dia-da-xente-do-mar-homenaxe-as-persoas-de-rianxo-falecidas-no-mar
Orde do día da sesión extraordinaria do Pleno do 29 de abril: sorteo das mesas electorais para as eleccións locais e europeas.

http://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-extraordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-29-de-abril-de-2019
O venres 3 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación do libro Do Sar ao monte Louro. Memorial da represión 1936-1950 Xesús Costa Rodil (autor) e Xesús Santos Suárez (colaborador).

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-do
O vindeiro 4 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Despois das ondas a cargo de Butaca Zero.

A peza recibiu o XVIII Premio "Rafael Dieste" de Textos Teatrais 2017 da Deputación da Coruña.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-despois-das-ondas-a-cargo
O vindeiro venres 10 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro Conserveiras. De veleiro, Vicedo, Bares e Barqueiro (a xénese industrial) de Carlos Nuevo Cal e Vicente Míguez Salgueiro.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-conserveiras-d
Rianxo vai acoller un Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración do C.D. Unión e o Concello de Rianxo.

O curso é intensivo e celebrarase no Campo de Fútbol Municipal de Vilas (Asados) durante 3 semanas a partir do 3 de xuño, en horario de 19:30 a 22:30 de luns a venres e os sábados de 9 a 14 h.

http://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/curso-de-monitor-de-futbol-base-en-rianxo
I edición da LIX Rianxo, a semana da Literatura Infantil e Xuvenil.

Do 13 ao 20 de maio teremos unha ampla oferta de actividades culturais da máxima calidade para escolas e familias: teatro, música, contacontos, obradoiros de escrita, cine-fórums, banda deseñada, encontros lectores, roteiros, exposicións de ilustración e a mostras dos traballos literarios e plásticos das nosas escolas.

http://lixrianxo.gal/
Esta fin de semana celebrase a festa do Patrocinio en Rianxiño, organizada pola asociacion Fogo Fatuo e a veciñanza de Rianxiño. O sabado 11 haberá xogos populares e serán, con chocolate con rosca e "papas de arrós". O domingo, misa e procesión e baile tradicional das agrupacións de Fogo Fatuo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/o-patrocinio-en-rianxi-1
O sábado 11 de maio, ás 21.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o concerto-presentación do novo disco de Barahúnda "onde vai o mar". A formación actuará en cuarteto e estará como artista convidada Tero Rodríguez.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/barahunda-en-cuarteto-concerto-presentacion-do-novo-disco-onde
Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro martes 21 de maio de 2019, ás 18.30 h, na Casa do Concello, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación inicial do orzamento, do cadro do persoal e do límite de gasto de 2019
2. Aprobación do II Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Rianxo 2019-2022

http://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-extraordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-21-de-maio-de-2019
O sábado 18 de maio, ás 12.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto conmemorativo do XVI Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xvi-aniversario-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo
Os días 18 e 19 de maio disputarase no Campo Municipal de Fútbol de Vilas, o "Torneo Internacional de Fútbol Base Concello de Rianxo"- Escurís" en beneficio da Fundación Aladina.

O Concello de Rianxo estará apoiando este evento, de gran importancia social e deportiva, no que nos acompañarán o C.D. Unión de Asados , CCD Taragoña Fútbol ademais de outros clubs do Barbanza e de Galicia incluíndo algún de primera liña autonómica, como o Real Club Deportivo de La Coruña e o RC Celta, e varios equipos nacionais e internacionais.

Os beneficios do recadado a través da venda de entradas e rifas, coas que se sortearán camisetas asinadas por distintos xogadores de primeira división, e de talla internacional, entregaranse de xeito íntegro a Fundación. Todxs xs que queidares, tamén podedes facer as vosas doazóns mercando unha camiseta da Asociación Aladina ou a través da "Fila 0".

Convidámosvos a todxs a que nos acompañedes nesta festa do fútbol base e colaboredes cunha causa tan...
O 17 de maio é o día da Internet.
Con esta pequena guía, o Concello de Rianxo pretende achegar á veciñanza os medios tecnolóxicos que están á súa disposición para faceren trámites dende a casa, dende o móbil, dende calquera lugar, sen se teren que achegar ás oficinas: presentar documentación, recibila, pagar recibos ou avisar de carencias ou desperfectos.

http://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/guia-de-tramitacion-electronica-do-concello-de-rianxo
Do 25 ao 28 de xuño desenvolverase en Rianxo o Curso de verán GALEGO, PORTA ABERTA PARA O MUNDO 2: LINGUA, PENSAMENTO E CULTURA NA GALIZA E PORTUGAL, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/curso-de-veran-da-usc-galego-