Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Motoclub Jas a Tope organiza a XII Concentración Moteira Concello de Rianxo, que se celebrará do 31 de maio ao 2 de xuño en Rianxo.


http://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/xii-concentracion-moteira-concello-de-rianxo
Continua o III Ciclo de Novos Intérpretes cun concerto do Trío de percusión da Escola de Música de Rianxo, terá lugar o venres 31 de maio ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/iii-ciclo-de-novos-interpretes-t
Festas de San Antón do Pazo, do venres 31 de maio ao domingo 2 de xuño.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festasd-de-san-anton-do-pazo
A Escola de Música de Rianxo organiza unha Noite de Jazz co grupo Miro Lamas Quarter, o concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o xoves, 6 de xuño, ás nove da noite.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/noite-de-jazz-
O IES Félix Muriel de Rianxo organiza un acto en lembranza de Xesús Costa Rodil, DonXe, o vindeiro venres 7 de xuño no instituto.

A estes actos están convidadas todas as persoas que desexen participar na homenaxe (alumnado, familias, profesorado, excompañeiro/as, exalumno/as, equipo non docente e ANPA)

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/en-lembranza-de-xesus-costa
Bando informativo sobre as fogueiras da noite de San Xoán
A compañía de teatro Xarope Tulú achégase a Rianxo coa proposta Nómades. A actuación realizarase o vindeiro venres 7 de xuño, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/espectaculo-familiar-nc
O venres 7 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Miguel Anxo Seixas, Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/dfad
O programa Youtubeir@s 2019, no que o Concello de Rianxo participa, xunto con outros 13 concellos galegos, a Deputación da Coruña e as tres universidades galegas, organiza un encontro para creadores de contidos dixitais no Youtube.

http://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/youtubeir-s-en-conexion
Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle, o sábado 8 de xuño, a Andaravía Teatro o grupo da Asociación Cultural Papaventos coa nova produción Moito barullo e poucas carolas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-moito-barullo-e-poucas-carolas-por-andaravia-teatro
O grupo de Lisboa, Coral Viva Voz achégase ao auditorio de Rianxo para ofrecernos un concerto de música coral no que estarán acompañados por Barahúnda e Xico de Cariño.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/dfas
Do 11 de xuño ao 17 de xullo, o Auditorio de Rianxo acolle a exposición promovida polo Consello da Cultura Galega "Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia".

A exposición inaugurarase o martes 11 de xuño, ás 20.30 h

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-alba-de-glori
A nova produción do Centro Dramático Galego, Neorretranca e posmorriña, representarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de xuño ás 21.00 horas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-neoretranca-e-posmorrina-do-centro-dramatico-galego
Este sábado 15 de xuño, ás 12.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Ana Valín "El vals de las hormigas".

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/pre
Festas da Bacariza
Mañán sábado, ás 12 h, no salón de plenos. Sesión constitutiva da nova corporación.