Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Festas da Bacariza
Mañán sábado, ás 12 h, no salón de plenos. Sesión constitutiva da nova corporación.
Queda constituída a nova Corporación Municipal 2019-2023 e elixido alcalde Adolfo Muiños cos votos do BNG e PSOE
Xa podes inscribirte no Campamento urbano e deportivo 2019. Este ano sera no Pazo de Rianxiño e habera servizo de autobuses e plan madruga.

https://concelloderianxo.gal/campamento2019
Esta aberta a inscrición nas actividades deportivas de verán

https://concelloderianxo.gal/deportes/2019
O domingo 23 de xuño, ás 18.30 horas, no Centro Social do Liceo de Rianxo, o alumnado das materias da Uned Senior de Práctica instrumental e de Cultura musical ofrecerá un concerto de fin de curso, acompañado por Jose e Helena de Barahúnda.
A Asociación Cultural A Carballeira de Baia do Araño recupera as Festas de San Xoán da Ermida, que se celebrarán o 21 e 22 de xuño en Buía.
O sábado 22 de xuño, a partir das 20.00 horas, terá lugar no Campo de Arriba o Serán de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/seran-de-rianxo-organizado-pola-asociacion-vai-de-roda
I xornada medioambiental organizada pola Asociación Ondiñas Mainas coa colaboración doutras entidades.
A escola Rosalía de Castro de Taragoña está de aniversario e cumpre 90 anos.
Celebración do Santísimo Sacramento coa tradicional confección das alfombras florais, procesión e verbena.
O sábado 29 de xuño, a partir das 9.00 da mañá, celébrase en Asados a tradicional romaría de San Pedro de Vilas, organizada pola asociación que leva o seu nome.

http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/romaria-de-san-pedro-de-vilas
O sábado 29 de xuño, a Escola de Música de Rianxo celebra o seu Festival de Verán en dúas sesións, unha ás 12.00 horas e outra ás 20.00 horas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-veran-da-escola-de-musica-de-rianxo
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/mostra-escola-de-teatro-airinos-lendatarias