Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Do venres 12 ao luns 15 de xullo, a Asociación Virxe do Carme de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, organiza Rianclown, un festival cómico de rúa en Rianxo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/rianclown-festival-comico-de-rua-en-rianxo
O xoves 11 xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar, dentro do programa Noites de Cine 2019 do Verán Cultural 2019, a proxección do filme Linko.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/linko-nas-noites-de-cine-2019
Sés achégase coa súa banda á Praza Castelao de Rianxo para ofrecernos un concerto enmarcado no programa Música na noite no Verán Cultural 2019 que está a organizar o Concello de Rianxo.

A actuación realizarase no marco das Festas da Virxe do Carme 2019, o luns 15 de xullo ás 22.30 horas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/ses-en-concerto-na-praza-castelao-de-rianxo
No caben nin nas festas nin na vida diaria as agresións sexuais, comportamentos nin as condutas machistas. Queremos un concello seguro para todas as mulleres.
Nestes intres hai un home detido por uns feitos e se está a identificar outra persoa implicada noutra. O noso rexeitamento absoluto e todo o apoio os corpos de seguridade e á Comisión de Festas do Carme. Tolerancia cero, estamos coas nosas mulleres, fillas, irmáns, mozas.
O venres, 19 de xullo, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, inchables, xogos tradicionais, artes marciais, rugby, actividades de fitness... http://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/deporte-na-rua-2019
O novo espectáculo da Tropa do Trapo, 4 monos.

O venres 19 de xullo, ás 12.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía de teatro A Tropa do Trapo achégase co seu novo espectáculo de contos 4 monos.
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/o-novo-espectaculo-da-tropa-do-trapo-4-monos-en-rianxo
O venres 19 de xullo terá lugar o segundo concerto do XV Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.

Nesta ocasión a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira achégase a Rianxo e ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste ás 21.00 horas. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/banda-de-musica-recreativa-e-cultural-de-bandeira
O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/son-galego-son-cubano-o-espectaculo-musical-de-roi-casal-en-rianxo
https://youtu.be/EFP6wNXhtFI

Sesión organizativa do Pleno do 18 de xullo de 2019, en directo
O Concello de Rianxo organiza o 27 e 28 de xullo unha Festa Gastronómica dos produtos do mar de Rianxo, cun amplo programa de actividades. http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/festa-gastronomica-dos-produtos-do-mar-de-rianxo-o-27-e-28-de-xullo
Ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas, o sábado, 27 de xullo ás 11:00. Punto de encontro: Lavadoiro da aldea do Pazo (preto do Castelo da Lúa). Idades recomendadas: persoas acompañadas con crianzas de 0 a 11 anos. http://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/2-ruta-do-apego-de-rianxo-o-castelo-da-lua-e-os-grafitteiros-do-pasado
O vindeiro sábado 27 de xullo, ás 23:00 horas, a Praza de Castelao en Rianxo acollerá a Luar na Lubre que ofrecerá un concerto no que presentará o seu traballo Ribeira Sacra. Organizado polo Concello de Rianxo co patrocinio do grupo Cortizo .

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/luar-na-lubre-en-concerto
O 26 e 27 de xullo XII edición do Festival AntrosPinos no Campo Maneiro de Taragoña
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xii-edicion-do-festival-antrospinos