Concello de Rianxo
143 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Concello de Rianxo organiza o 27 e 28 de xullo unha Festa Gastronómica dos produtos do mar de Rianxo, cun amplo programa de actividades. http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/festa-gastronomica-dos-produtos-do-mar-de-rianxo-o-27-e-28-de-xullo
Ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas, o sábado, 27 de xullo ás 11:00. Punto de encontro: Lavadoiro da aldea do Pazo (preto do Castelo da Lúa). Idades recomendadas: persoas acompañadas con crianzas de 0 a 11 anos. http://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/2-ruta-do-apego-de-rianxo-o-castelo-da-lua-e-os-grafitteiros-do-pasado
O vindeiro sábado 27 de xullo, ás 23:00 horas, a Praza de Castelao en Rianxo acollerá a Luar na Lubre que ofrecerá un concerto no que presentará o seu traballo Ribeira Sacra. Organizado polo Concello de Rianxo co patrocinio do grupo Cortizo .

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/luar-na-lubre-en-concerto
O 26 e 27 de xullo XII edición do Festival AntrosPinos no Campo Maneiro de Taragoña
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xii-edicion-do-festival-antrospinos
A Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo, organiza a XII Exposición de Selos e Moedas, será do 25 ao 27 de xullo nos baixos do Cuartel Vello da Praza de Castelao. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xii-exposicion-de-selos-e-moedas
A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo.

O espectáculo terá lugar o mércores 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/a-gata-con-zocos-comedia-musical
O mércores 31 de xullo, ás 22.30 horas, no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica dentro do programa Rianxo Ciencia. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/observacions-astronomicas-mercores-31-de-xullo-e-martes-6-de-agosto
Exposición NEW YORK JAZZ, pinturas de Delio Sánchez, no Auditorio de Rianxo do 29 de xullo ao 17 de agosto.
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/noites-de-jazz-exposicion
O Concello de Rianxo organiza dúas excursións turísticas: o venres 9 de agosto á illa de Sálvora e o o sábado 17 á illa de Ons. É preciso reservar praza no teléfono 607 91 15 23
O sábado 3 e o domingo 4 de agosto celébrase en Rianxo a X Festa do Mexillón organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón e o Club de Remo de Rianxo.

Finalmente a carpa estará situada no Campo de Arriba de Rianxo.
Dentro da X Festa do Mexillón de Rianxo, o sábado 3 de agosto terá lugar no Campo de Arriba un concerto a cargo do grupo Os sobrados de Bergondo.
O venres 9 de agosto, ás 21.00 horas, concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, no Auditorio de Rianxo, do XV Ciclo de Bandas de Música organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-da-banda-de-musica-isabel-ii-de-touro-trasladase-para-o-auditorio-de-rianxo
O vindeiro sábado 10 de agosto, a Asociación de Solleiros do Ulla organiza a V Festa da Solla do Ulla na Praza da Veliña de Leiro.
http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/v-festa-da-solla-en-leiro
A Sociedade Deportiva Barbantia Roda e o Concello de Rianxo, organizan a Andaina Santa Compaña 2019, que se celebrará o 17 de agosto ás 23 horas. O ano pasado participaron 600 persoas e nesta edición temos que rachar esta cifra e chegar a facer unha estela luminosa mais longa que o ano pasado e se divise desde Rianxo. Convidámosvos a unha andaina nocturna con misterio...