Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
En "Cambia o conto" (Música Miúda) traballamos os estereotipos de xénero nos contos tradicionais. A nenas e os nenos analizan contos que xa coñecen e refán a historia coa nosa axuda, adaptándoa a unha realidade inclusiva en termos de xénero. Ademais, realizamos un contacontos musical a partir de textos propios, que teñen unha perspectiva igualitaria. https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/cambia-o-conto-con-musica-miuda
Do 9 ao 30 de novembro desenvolverase en Rianxo o programa RianxoCiencia 2019. https://concelloderianxo.gal/rianxociencia2019
Inscríbete xa no obradoiro de robótica do vindeiro sábado (de 9 a 16 anos) do programa Rianxo Ciencia 2019
https://concelloderianxo.gal/rianxociencia2019
Xa podes consultar o folleto coa programación do outono cultural 2019 organizada pola Concellaría de Cultura, Museos, Mocidade; Festas e Centros socioculturais do Concello de Rianxo
O Concello de Rianxo, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos da provincia da Coruña para a realización de actividades en materia de medio ambiente no ano 2019 que convoca a Deputación da Coruña, vai realizar a proposta formativa para o aproveitamento da extracción de resina sobre masas de piñeiro. http://concelloderianxo.gal/medioambiente/-/blogs/plan-de-formacion-e-divulgacion-forestal
O programa "Máis que tapas" de Arousa Norte ten a súa quenda en Rianxo na fin de semana do 15 ao 17 de novembro #anmaisquetapas
http://concelloderianxo.gal/turismo/-/blogs/mais-que-tapas
Ibuprofeno Teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción teatral Casa O'Rei, a función terá lugar o venres 15 de novembro ás 21.00 horas. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-casa-o-rei-de-ibuprofeno-teatro
O domingo 29 de novembro terá lugar ás 19 h no Auditorio de Rianxo a Gala Youtubeir@s ​​​​​​​Rianxeir@s, coa presenza das veciñas e veciños que participaron no proxecto. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/gala-youtubeir-s-rianxoeir-s
A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/obradoiros-de-carton-pedra
Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carlos Santiago e Pepe Penabade da compañía Volta e Dálle Teatro representan o espectáculo Falar por falar. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-falar-por-falar-de-volta-e-dalle-teatro
O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal organizan unha Andaina en Negro o 23 de novembro, ás 9:00 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de ​​​​​​​Benestar Social, Diversidade e Igualdade. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/andaina-en-negro-contra-as-violencias-machistas-1
Actos do 25N: en negro contra as violencias
https://concelloderianxo.gal/rianxoennegro
A Deputación da Coruña organiza, a través do programa PEL-Concellos dixitais, unha xornada formativa na plataforma SUBTEL para a solicitude e tramitación das subvencións da Deputación da Coruña.

Está dirixida ás entidades asociativas (culturais, deportivas, comerciais, veciñanza) ou outros colectivos ou particulares que podan necesitar tramitar nesta plataforma. https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/xornada-formativa-na-plataforma-subtel-para-asociacions
O venres 29 de novembro, ás 19.30 horas, comezará na Casa dos Dieste a II Semana da Música Irmandiña cunha conversa con Margarita Viso Soto e José Luís do Pico Orjais arredor da historia do piano na Galiza . Ademais haberá un concerto do grupo Barahunda sobre as cantigas de amor e de amigo.