Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Vén pasar o fin de ano a carpa da Praza Castelao en Rianxo, unha proposta organizada pola Asociación Festival Rock in Rian. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/fin-de-ano-en-rianxo-organizado-pola-asociacion-rock-in-rian
O sábado 28 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o derradeiro concerto do ano 2019 a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-fin-de-ano-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo
Achégase a noite máis máxica do ano, a noite de reis, en Rianxo chegarán ao Porto sobre as seis e cuarto da tarde.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/cabalgata-de-reis-en-rianxo-1
A chegada dos Reis a Rianxo vai ser transmitida en directo polo YouTube. Poderedes seguila en directo, ou volvela ver máis tarde. Permanecede atentas, avisaremos polas redes sociais da URL da emisión.
A cabalgata, en directo!
A Fegamp acaba de asinar coa Amtega un Convenio Marco de colaboración para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia.

O Concello de Rianxo, como socio da Fegamp, poñerá a disposición da Amtega as parcelas municipais necesarias para a instalación de antenas destinadas a cubrir as deficiencias nas zonas indicadas, especialmente nos núcleos rurais.

O concello pon a disposición da veciñanza unha enquisa para recoller información sobre as zonas con cobertura móbil deficiente.

https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/enquisa-de-zonas-de-deficiencia-na-cobertura-de-redes-mobiles

https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/enquisa-de-zonas-de-deficiencia-na-cobertura-de-redes-mobiles
Grazas ás vosas achegas, xa coñecemos varios puntos con cobertura deficiente, como Campelo, Foxacos, Brión ou Lustres. Seguide enviándonos información que será enviada á Amtega para a súa comprobación técnica. Tedes ata o día 17. Neste formulario: https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/1805275
Outro ano máis, o Concello de Rianxo, organiza os Actos Castelao en homenaxe ao ilustre rianxeiro.

As propostas xa comezaron o pasado 20 de decembro, coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos e continuarán do 24 de xaneiro ao sábado 1 de febreiro.
O domingo 9 de febreiro celebrarase a “VIII Marcha BTT Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e do Concello de Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/viii-btt-concello-de-rianxo
https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/viii-btt-concello-de-rianxo
A sala de exposición do Auditorio de Rianxo acolle a II Mostra de Arte Moderna ... evolución de F. Farrapos, do 7 de febreiro ao 7 de marzo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-ii-mostra-de-arte-moderna-evolucion-de-f-farrapos
O domingo 23 de febreiro, dentro da programación do Entroido 2020, terá lugar o Certame de Carrozas. Eis un extracto das bases, que poderas consultar completas na ligazón:

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/entroido-20-certame-de-carrozas
O Concello de Rianxo organiza un Curso básico de lingua e cultura galega, coa fin de acoller lingüística e culturalmente as persoas de fóra de Galiza e axudar a acadar os niveis iniciais do certificado de lingua galega (Celga 1 e 2)
https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/curso-b-sico-de-lingua-e-cultura-galega-en-rianxo
O vindeiro domingo, 16 de febreiro, vaise celebrar o XII Campionato Galego de Kenpo e Kumite. Ademais, tamén se vai levar a cabo o 1º Encontro Galego de Parakenpo.
https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campionato-galego-de-kenpo
Sábado, 22 de febreiro, ás 12:00, na Biblioteca Municipal de Rianxo. A mina contamina con pinga e lavandeira. Contacontos para familias con crianzas a partir de 6 anos. https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/a-mina-contamina