Cultura Lalín
89 members
248 photos
1 file
66 links
Canle de difusión tanto das actividades culturais da concellería de Cultura de Lalín, como das novas relacionadas con esta área.
Download Telegram
to view and join the conversation
🗣Aínda quedan prazas‼️

👉🏻 Tedes ata as 19:00 para poder apuntar os vosos nenos e nenas! Podedes mandar un correo a museo@lalin.gal, chamar ao número 986 78 40 04 ou achegarvos ao museo directamente.

Veña, animádevos!
🗣 Programación cultural do mes de xuño‼️

👉🏻 Comeza hoxe ás 20:00 na biblioteca municipal cunha mesa redonda sobre Manuel Moldes, artista homenaxeado nesta XIV Bienal “Pintor Laxeiro”.
🗣 Onte presentamos a campaña de lectura coa que conmemoramos as nosas letras.

📚 Por cada tres libros que collades na biblioteca municipal, teredes un bolígrafo e mais unha alfombra para o rato cos lemas “eu escribo en galego” e “eu navego en galego”, respectivamente.

Unha campaña realizada en colaboración co IES Laxeiro. Sempre grazas á profesora Gracia Santorum.
Bo día‼️

🗣 En menos de media hora na biblioteca: Gran xogo sobre as Letras Galegas!

👉🏻 Tres días de actividades para público infantil que continuarán os sábados 15 e 22.

🕚 Ás 11:00.
A partir do primeiro minuto, fálase no Zigzag da XIV Bienal “Pintor Laxeiro” dedicada a Manuel Moldes e comisariada por Álvaro Negro.

E hoxe, no “Babelia” de El País tamén podedes ler sobre a nosa Bienal.
Hoxe ás 21:00 no Círculo de recreo-Casino estará con nós a “cuentera” ecuatoriana Ángela Arboleda.

Non a perdades!
Mañá ás 19:00 no museo municipal damos comezo a esta exposición marabillosa: “A ollo ceibe. Ramón María Aller Ulloa, unha mirada sobre Lalín”.

Un proxecto das concellerías de Comercio e Cultura coa que queremos darlle visibilidade aos establecementos que leven máis de 50 anos de actividade, ademais de achegar a toda a cidadanía a unha figura como a de Ramón Aller.

Trátase dunha exposición de 39 fotografías feitas polo astrónomo que estarán nun total de 38 establecementos e mais no museo. Pero, ademais, dentro dos mesmos haberá unhas réplicas en forma de postal da fotografía que teñen exposta, para entregar as persoas que fagan o percorrido e/ou ás clientas/es.

👉🏻 Haberá tamén catro itinerarios teatralizados con Inacio Vilariño caracterizado como Ramón Aller polas rúas de Lalín os sábados 15, 22, 29 e 6 de xullo. Partirase ás 12:00 dende o museo. Para anotarse basta con chamar ao número 604 062 506 de 9:30 a 14:30.
👉🏻 E mañá tamén: última obra de teatro deste primeiro semestre. Ás 21:30 no salón teatro.

“Celebración; a gran noite. Unha comedia sobre o asalto ao poder”, de Sarabela Teatro.
E durante o sábado continúan as actividades na biblioteca.

“Con ciencia de muller”, para nenos e nenas a partir dos 5 anos.
E ata aquí a actividade desta canle por parte da concellería en funcións.

Saúdos e grazas!