En Marea
448 members
1.55K photos
32 videos
26 files
2.93K links
Canle de difusión de En Marea
Download Telegram
to view and join the conversation
Lamentamos que Feijóo continúe facendo campaña en vez de planear a desescalada coa oposición

👤 Davide Manzaneda advirtíalle hoxe da necesidade de valorar detidamente o proceso de desescalada, tendo moi presente as recomendacións tanto da OMS como das expertas sanitarias e os estudos realizados, e emprazaba a Feijoo a deixar de excusarse en Madrid e facer uso das competencias que lle son propias.

🔈 Para nós é esencial centrar atención e recursos na atención sanitaria e social, e paliar a fenda social, a fenda de xénero, a fenda dixital e a fenda rural.

📱Aqui a nota: https://enmarea.gal/lamentamos-que-feijoo-continue-facendo-campana-en-vez-de-planear-a-desescalada-coa-oposicion/
Rexistramos queixa formal no Parlamento de Galicia, co resto da opisición, denunciando o veto do Partido Popular de Galicia á nosa petición de comparecencias de Alberto Núñez Feijóo

🧐 Poñemos como exemplo a petición de comparecencia do presidente da Xunta rexistrada o pasado 6 de abril pero que, a día de hoxe, aínda non se debateu pola Mesa da Deputación Permanente como establece o Regulamento.

🔈 Solicitamos que se cumpra o Regulamento do Parlamento e, co informe emitido polos servizos xurídicos da Cámara, se tramiten as iniciativas e solicitudes de comparecencia rexistradas polos grupos da oposición.

📱 https://enmarea.gal/rexistramos-queixa-formal-no-parlamento-co-resto-da-opisicion-denunciando-o-veto-do-pp-a-nosa-peticion-de-comparecencias-de-feijoo/
🔈 Esiximos o desconfinamento do autogoberno e da lingua en Galicia

🗣 Esiximos que a desescalada desconfine o autogoberno, a lingua e a cultura, a capacidade de organización, o próximo, o comunitario e o equilibrio territorial do rural coa finalidade de recuperar unha realidade ecolóxica, feminista, social e laboralmente xusta.

🗣 As responsabilidades de Alberto Núñez Feijóo non poden encubrirse co Estado de Alarma, porque a situación deriva da súa política durante unha década de empeoramento da calidade de vida de galegas e galegos.

🗣 Reivindicamos unha concepción do Estado de Alarma acorde coa plurinacionalidade do estado baseándonos en que a realidade plurinacional xustifica a individualización da resposta sociosanitaria e socioeconómica á pandemia.

❗️ Desculpe que desconfinemos, e desconfiemos de vostede, señor Núñez.

📱 Aquí podedes consultar a información ampliada:
https://enmarea.gal/esiximos-o-desconfinamento-do-autogoberno-e-da-lingua-en-galicia/
Lamentamos que o Partido Popular de Galicia empregue as contas oficiais da Xunta de Galicia para facerse propaganda fachendeando sobre uns datos que:

👉 Primeiro esixian ao goberno do estado, sendo responsabilidade do goberno de Feijoo trasladalos:
https://twitter.com/En_Marea/status/1249423551066705923

👉 logo agochaban: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1891296/datos-oficiales-muertos-coronavirus-galicia-estan-mal

👉 logo manipulaban facendo que as estatísticas perdesen sentido: https://praza.gal/acontece/a-xunta-non-contempla-publicar-unha-estatistica-completa-do-coronavirus-malia-as-distorsions-da-ultima-semana

Dende En Marea, levamos máis de sesenta días agardando a que se nos resposte: Pedimos que se publicase na web da Xunta un mapeo actualizado cos datos desagregados por concellos e residencias (públicas e privadas), de positivos e falecementos:
https://www.europapress.es/galicia/noticia-marea-exige-xunta-desagregar-datos-coronavirus-ayuntamientos-residencias-20200411191257.html

Posto que non nos escoitaron, preguntámoslle agora a Alberto Núñez Feijóo e ao PP como van a planificar a desescalada escalonada en Galicia sen trasladar algo tan básico como eses datos.
Vemos temeraria unha convocatoria electoral inmediata e demandamos desconfinar o autogoberno

👉Estase xogando coa saúde e a vida de moitas persoas polo apuro electoral de Feijoo.

👉Sería un adianto electoral nun estado de emerxencia sanitaria e de limitación de dereitos e liberdades. Unha convocatoria electoral nestas condicións indicaría un claro déficit de garantías e posibilidades democráticas.

👉 Reclamamos ao goberno de Feijoo diálogo para chegar a un consenso sobre unha cuestión de tal relevancia, lembrando que o propio Feijoo asegurou que se reuniría cos grupos antes de tomar unha decisión.

👉 Debe empregarse o autogoberno ao que o Presidente da Xunta renunciou durante o estado de alarma, para algo positivo, non para maior gloria dun Feijoo que ate agora amosou manipulación informativa e vontade de escapar ao control parlamentario.

👉Pedimos autogoberno para que a cooperación anunciada por Pedro Sánchez sexa efectiva e a Xunta asuma a realidade nacional para establecer unha normalidade xusta.

📱 https://enmarea.gal/vemos-temeraria-unha-convocatoria-electoral-inmediata-e-demandamos-desconfinar-o-autogoberno/
Valoraríamos convocatoria electoral en xullo se se dan garantías sanitarias e democráticas

👉 Sendo conscientes de que o risco está aí, entendemos que non se pode permanecer sine die cunha democracia suspendida, un goberno en funcións e un parlamento disolto.

👉 Esixinmos ao goberno da Xunta que nos traslade tanto os informes dos expertos que conclúen que a mellor data é en xullo aos que o Presidente fixo referencia como os datos actualizados e desagregados, como levamos demandando dende o inicio da emerxencia sanitaria.

👉 Débese votar, con medidas de seguridade e sanitarias suficientes e con garantías democráticas.

📲 https://enmarea.gal/valorariamos-convocatoria-electoral-en-xullo-se-se-dan-garantias-sanitarias-e-democraticas/
Valoramos a convocatoria electoral en xullo poñendo condicións ao Goberno da Xunta

🗓 Dadas as circunstancias excepcionais, consideramos como menos mala como data a do 19 de xullo.

🔔 Esiximos:

👉 Desenvolver un protocolo que garanta de maneira estrita a máxima seguridade sanitaria en todo o proceso.

👉 Que publiquen os datos reais da evolución da pandemia, desagregados por concellos e por residencias (diferenciando públicas e privadas), de positivos e falecementos, pois todo este tempo estiveron manipulándoos e ocultándoos, cando son esenciais para poder estudar a situación obxectivamente.

📲 Aquí a información ampliada: https://enmarea.gal/valoramos-a-convocatoria-electoral-en-xullo-ponendo-condicions-ao-goberno-da-xunta/
As inscritas decidirán a concorrencia de En Marea ás eleccións

👥 Nun Consello telemático celebrado hoxe decidimos que Pancho Casal e María Chao asumisen a voceiría da formación.

🗣 Acordaromos celebrar un plenario telemático para que as inscritas poidan expresarse e ser elas quen teñan a decisión final sobre a concorrencia electoral, enfocando o debate sobre a pertinencia de concorrer, a forma de facelo e como artellalo.

📲 https://enmarea.gal/as-inscritas-decidiran-a-concorrencia-de-en-marea-as-eleccions/
Esiximos que se elabore un protocolo claro para as visitas ás residencias de maiores

👩 María Chao, covoceira de En Marea, valoraba hoxe a situación das residencias de maiores, esixindo un protocolo unificado para regular as visitas e instando á Xunta a afortalar os servizos sociais.

🗣 Esiximos a Alberto Núñez Feijóo que escoite aos colectivos implicados e reflexione sobre o valor dunha sociedade na que se acadasen uns servizos sociais sólidos, con plans continuados no tempo, que procuren a verdadeira xustiza social, a verdadeira integración social, que recompoñan o estado de benestar.

📲 https://enmarea.gal/esiximos-que-se-elabore-un-protocolo-claro-para-as-visitas-as-residencias-de-maiores/
🔔 IMPORTANTE ❗️❗️❗️

PLENARIO EXTRAORDINARIO TELEMÁTICO

Dadas as circunstancias excepcionais, convocamos un Plenario extraordinario telemático para decidir sobre a concorrencia de En Marea ás Eleccións Autonómicas de 2020.

DATA: Sábado, 23 de maio, ás 10:00h.

FORMULARIO para facilitar a xestión loxística (quen vos apuntarades xa para as TeleAsembleas non fai falla que o cubrades de novo)

https://docs.google.com/forms/d/1tB7dUUwqH-uUz6Swcabv-fKXP8yugC0bvIOEgP5dflU/edit
Reclamamos, con María Chao, a gratuidade das máscaras e o seu retorno nas farmacias

A partires de hoxe, estipúlase a obrigatoriedade do uso de máscaras para toda a poboación. Dende En Marea reclamamos a gratuidade das máscaras e o seu retorno, que reduce os refugallos e axusta o reparto ao seu uso real.

📲 https://enmarea.gal/reclamamos-a-gratuidade-das-mascaras-e-o-seu-retorno-nas-farmacias/
As inscritas de En Marea decidiremos mañá se a formación concorre ás Eleccións Autonómicas

Afrontamos o reto de preparar un plenario temático no que decidir sobre a concorrencia ás Eleccións e o formato para facelo, sendo a única formación política que fará unha reunión telemática deste tipo con centos de persoas.

📲 https://enmarea.gal/as-inscritas-de-en-marea-decidiremos-mana-se-a-formacion-concorre-as-eleccions-autonomicas/
❗️O Plenario Telemático aproba cun 62% de votos a favor concorrer ás Autonómicas

🗳 No Plenario inscribíronse máis de 200 persoas, votando o 62% a favor de presentarse, o 21% en contra e absténdose o 17%.
🗳 Un 83% votou a favor de que a forma de presentarse fose nunha gran coalición.

Para nós é esencial encher de contidos e propostas a alternativa á fuxida cara adiante que defenderá Feijoo, visibilizando colaborativamente, xunto con outras forzas, uns obxectivos comúns na defensa do público, no rescate social e na transición da economía cara á coherencia climática, así como nun cambio estrutural para un galeguismo feminista, xusto e sustentable.

📲 https://enmarea.gal/o-plenario-telematico-aproba-cun-62-de-votos-a-favor-concorrer-as-autonomicas/
💪 Instamos a Feijoo a esixir ao goberno central unha batería de medidas para recuperar a economía e afianzar o sistema sanitario na última fase do estado de alarma.

Dende En Marea instamos a Feijoo a reclamar ao goberno do estado medidas para abordar de xeito integro as emerxencias social, feminista e climática que vive Galicia, para que a nova normalidade leve parello un cambio estrutural para un galeguismo feminista, xusto e sustentable.

Mais información na web:
https://enmarea.gal/instamos-a-feijoo-a-esixir-ao-goberno-central-unha-bateria-de-medidas-para-recuperar-a-economia-e-afianzar-o-sistema-sanitario-na-ultima-fase-do-estado-de-alarma/
Opoñémonos ás curtas de árbores e queimas de montes como estratexia preventiva fronte aos lumes

🔥 O anuncio da Cª de Medio Rural delata a ausencia de traballos de control da biomasa vexetal durante o inverno, o que pode constituír un serio risco para os montes e para a poboación en xeral nos vindeiros meses.

👉 Con este “plan” de queimas, o goberno de Alberto Núñez Feijóo decide gastar en queimar o país os cartos públicos que non emprega en garantir a saúde do persoal dos traballos forestais.

📲 https://enmarea.gal/oponemonos-as-curtas-de-arbores-e-queimas-de-montes-como-estratexia-preventiva-fronte-aos-lumes/