Eva Solla Fernández
77 subscribers
791 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
Esquerda Unida leva o debate do problema do lindano no Porriño ao Parlamento Europeo. Na Comisión de peticións intervén Pedro Ocampo (coordinador de EU O Porriño).

🎥 Podedes seguir as intervencións en directo:
📌 Mércores 28 outubro
🔴 10,00 Comisión Peticións https://cutt.ly/SgWcoDk
⏰ 11,30 Rolda de prensa www.ecologistasenaccion.org/prensa
Forwarded from Esquerda Unida
🏥 Esquerda Unida denuncia o desabastecemento de vacinas da gripe nos centros de saúde galegos

🦠
Este ano, marcado pola pandemia da Covid-19, a Xunta de Galicia decidiu administrar tres tipos de vacinas para reforzar a cobertura das persoas maiores que viven en residencias, así como facer un chamado a ampliar a vacinación para evitar o contaxio a persoas máis vulnerables.

🤷🏽‍♀️ É incomprensible que ante a chamada masiva que fai a administración autonómica para ampliar a cobertura de vacinación da poboación, ao mesmo tempo non se prevexa o necesario remanente para evitar o desabastecemento.
Forwarded from Esquerda Unida
🦠 Esquerda Unida cualifica de "improvisación" que a Xunta de Galicia publique as novas medidas de peche perimetral e prohibición de reunión de convivintes quince minutos antes da súa entrada en vigor.

💬 Eva Solla: "É irresponsable agardar a última hora cando as familias xa teñen organizados os seus desprazamentos e cando moitos negocios, incluída a hostelaría, ten mercadoría adquirida para esta fin de semana que suporá unhas perdas que terían sido evitables"

No Facebook
No Twitter
🦠 Pese a estarmos con restriccións horarias, Estado de Alarma e peches perimetrais en Galicia, a Xunta continúa adiante cos exames en Silleda das oposicións autonómicas.
Esta norma aprobada polo Ministerio de Consumo é un primeiro paso, moi importante, para loitar contra o avance da ludomanía. #ApostaPoloTeuBarrio
Forwarded from Esquerda Unida
✊🏽 Esquerda Unida solidarízase co pobo saharauí e manifesta o apoio ás protestas no Guerguerat, a fronteira terrestre do Sáhara Occidental con Mauritania, ilegalmente empregada por Marrocos.

❌ A apertura e utilización por parte do Reino de Marrocos do paso no Guerguerat supón unha violación máis da potencia ocupante de cara aos dereitos do pobo saharauí. Esta é unha zona de elevada relevancia desde o punto económico, xa que Marrocos emprega este paso ilegal pola fronteira para levar ao resto de África milleiros de produtos, incluídos os espoliados nos territorios saharauís.

No twitter
No facebook
🖥 Se as necesidades duna boa liña de internet nas parroquias rurais xa eran antes importantes, moito máis desde que convivimos coa Covid. Esquerda Unida vén de intresarse neste caso, pola situación da instalación da banda ancha por parte do Estado en Mugardos. https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/ferrol/ferrol-comarcas/noticias/esquerda-unida-reclama-gobierno-central-saber-cuando-estara-operativa-banda-ancha-seixo-20201108_986879
Forwarded from Esquerda Unida
Esquerda Unida solicita ao Ministerio de Transición Ecolóxica que aclare a emisión dun informe favorable a un recheo de máis de 8.500 metros cadrados cando a autoridade Portuaria non ten DEUP e esta actuación se sitúa nunha franxa urbana dos terreos portuarios.

No twitter
No facebook

https://esquerdaunida.org/esquerda-unida-urxe-ao-ministerio-de-transicion-ecoloxica-aclaracion-sobre-o-informe-positivo-con-respecto-aos-recheos-do-porto-de-vigo/
A Xunta PARALIZA por fin as OPOSICIÓNS autonómicas. Manter a idea de reunir a millerios de persoas en Silleda, incluído o persoa sociosanitario das Residencias non tiña ningún sentido.
ESQUERDA UNIDA xa pedimos o 31 de Outubro á Xunta que entrase en razón e protexese os dereitos das persoas opositoras.
Agora é impresindible que se negocie en que condicións se van retomar para ofrecer seguridade a quen se presenta e aos xurados. https://esquerdaunida.org/esquerda-unida-esixe-a-xunta-de-galicia-que-garanta-a-seguridade-nas-oposicions-e-evite-realizar-os-exames-en-plena-onda-de-covid-19/?fbclid=IwAR0ipgkWHurQc-ULerT7QYuqpxsP0PNI52KisDKUwkANoyrD3d2g03KgyJc
Axenda de mañá:

🕥 10:30 rolda de prensa sobre a situación das residencias, en especial o caso de Salvaterra. Sede EU Compostela.

🕛 12:00 concentración diante do Hospital Clínico de Compostela en apoio ao persoal de UCI en Folga.