Eva Solla Fernández
77 subscribers
791 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
🏭 Achégase o 1 de Maio e mañá ás 20h terei o pracer de falar da situación da industria nos diferentes territorios con Roser Maestro, Vane Lillo, Darío Sanz, Iván Pastrián e Francisco De Asís. Podedes seguilo nas redes do Partido Comunista de Asturias.
✊🏼 Hoxe é día de loita, de reivindicar os nosos dereitos coma traballadoras e desmontar ao fascismo con unidade de clase. Vémonos na rúa!!
🇻🇪 En breves instantes comezamos o Encontro Continental con Mulleres de Europa do “Congreso Bicentenario de los Pueblos del Mundo”.

👩🏻‍🤝‍👩🏼 Mulleres de toda Europa reunímonos coas compañeiras venezolanas para poñer en común as nosas loitas e establecer a nosa axenda antiimperialista e ás antipratriarcal conxunta.
Feliz día de reivindicación da profesión enfermeira para todas as compañeiras e compañeiros. Forza a todas as que pelexades por mellorar as condicións de traballo e o recoñecemento profesional. Forza ás que soportades a precariedade durante anos. Forza a todas as que aínda estades estudando e pelexando polo voso futuro.

Este país precisa moitos máis coidados, máis prevención e máis promoción da saúde.
Cúmprese 73 anos do inicio do xenocidio contra o pobo palestino. Fora a bota sionista de Palestina!! ⁦ #Nakba73⁩ فلسطين حرة !! ⁦ #PalestinaLibre⁩
“Nada que ver coa posesión.
Non te posúo nin te quero.
Cóidote , ámote e manteño a esperanza
de aprenderche a te posuíres.”

Unhas das verbas máis puras do significado verdadeiro do amor, as que Xela Arias adicoulle ao seu pequeno Darío.

Feliz día da Lingua. Feliz día das Letras.
Cando a nosa política migratoria depende dun Estado represor coma o marroquí, poucas cousas boas se poden agardar. Marrocos leva décadas chantaxeándonos de xeito inaceptable.

Mentres, parece que o que menos importa é a situación de milleiros de migrantes que seguen arriscando a súa vida a diario para fuxir da miseria ou a situación do pobo saharaui que continúa agardando o referendo de autodeterminación, padecendo unha brutal represión por parte de Marrocos.

Igual o que deberiamos é replantexarnos a nosa política exterior, se non queremos seguir á mercede dun sátrapa.
Basta xa de especulación co Porto da Coruña!! Todo o meu apoio á mobilización do vindeiro domingo 30!!