Eva Solla Fernández
77 subscribers
791 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
Fantástica nova para Cantabria!!
Aquí tentámolo fai dous anos, pero o PP votou en contra dicindo que eles ían levar unha Lei tamén. Dous anos despois ningún grupo do Parlamento volveu presentar unha Lei para impedir a profileferación do xogo.

“La Ley del Juego de Cantabria finalmente prohibirá los patrocinios deportivos de las casas de apuestas tras aceptar las alegaciones de Izquierda Unida y adaptar la normativa de forma similar al @consumogob.”

https://twitter.com/iucantabria/status/1401142125098643456?s=21
Fun a primeira deputada do Parlamento de Galicia que levou a proposta de eliminación dos cregos do SERGAS, aló por 2012 e desde AGE. A proposta inicial foi destinar o orzamento a plans de saúde (neste caso saúde sexual do colectivo LGBTI, pero podería ser calquer outro plan de saúde necesario ou persoal sanitario en nómina).
Defendín esa proposta durante oito anos. Hoxe, paradoxas da vida, é a Xustiza a que recoñece que estes señores non son persoal público.
Por máis obvio que poida parecer (non teñen listaxe de contratación, nin OPE, nin ningunha vinculación) a sentenza é importante, porque deixa máis claro se cabe que son absolutamente prescindibles. ( e iso, obvio non vai contra a liberdade de culto, que alá cada quen).
Empreguemos o orzamento sanitario no imprescindible, por favor!! https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/06/09/tsxg-ratifica-curas-hospitales-publicos-personal-sergas/00031623240136363235639.htm?fbclid=IwAR0OGewI0HtfVEzSQHfKLNRK7skI0Dpy0tWNLYf3Z5ef6FmaLkwaatGv_u0
Hoxe vémonos en Vigo defendendo o dereito a ser e a sentir. Feliz día de loita!! #Orgullo2021 🏳️‍🌈🏳️‍🌈🏳️‍🌈🏳️‍🌈
🙋🏻‍♀️ Queridas compañeiras e compañeiros de Esquerda Unida. Hoxe iniciamos as votacións online para as candidaturas na nosa XIII Asemblea.

👫🏻 Levamos moito tempo de camiño conxunto, traballando man a man polos dereitos sociais, pelexando para mellorar os dereitos da clase traballadora e debuxando un horizonte feminista, ecoloxista e republicano.

📣 Os últimos anos fixemos en común un grande esforzo para ser capaces de recuperar a cohesión interna, mellorar a democracia na toma de decisións e visibilizar o traballo conxunto.

🔜 Os próximos procesos municipais, o traballo de acción externa e o fortalecemento da nosa organización demandan de nós unidade, solidaridade e iniciativa política.

♥️ Por iso quero pedirvos o voso apoio á candidatura “Construír a Esquerda”, aos homes e mulleres que nestes catro anos levan sostendo o traballo de Esquerda Unida nas nosas comarcas. O apoio para un proxecto que con renovación e experiencia, con alegría e forza militante, afrontará a responsabilidade da construcción dun horizonte de xustiza social para o noso país.

Se eres afiliada ou afiliado, podes dar o teu apoio á candidatura que encabezo votando no seguinte enlace: https://militancia.izquierdaunida.org/?fbclid=IwAR3BYXhBtnS-oaZsFHhAWG0Q84cQsQVF18lxzYfN_I-6bl1IKGZpA7dz3HA
¡Que cese a barbarie! Precisamos acalar o odio, merecemos unha sociedade en paz e liberdade. Mañá vémonos nas rúas reclamando #XustizaParaSamuel
Demandamos #XustizaParaSamuel Basta xa de odio!! #JusticiaParaSamuel
O pasado sábado tiven a honra de ser escollida novamente polas miñas compañeiras e compañeiros coma Coordinadora Nacional de Esquerda Unida.

A grande tarfea que ven por diante estará de seguro cheo de obstáculos, coma sempre o está o traballo político. Mais con honradez, honestidade, traballo e cohesión pularemos para mellorar Esquerda Unida.

Farémolo todas e todos xuntos, como se fan as cousas importantes.
Debo das as gracias a todas as compañeiras e compañeiros que nos pasados catro anos aportaron o mellor que podían para esta organización.
E lembrar a cada integrante da nova Coordinadora Nacional a grande responsabilidade e tarefa que temos por diante.

Déixovos a entrevista que o xornal Nós Diario me fixo esta semana.

https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/confluencia-necesaria-tense-que-fraguar-maneira-conxunta/20210712212118125308.html?fbclid=IwAR0SMxuiJOjimy19eivQVP6CSWVBPi63_HpXpySMeW25tlyMRb0l00BW3aM
A situación do naval vigués é a consecuencia de décadas de Gobernos sen política industrial, privatizacións e ausencia de control na xestión de axudas públicas e compra-venda de empresas con fins especulativos.
Todo o meu apoio xs traballadorxs que hoxe secundan a #folganaval