Eva Solla Fernández
77 subscribers
791 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
👉🏼 Iniciamos o día cunha terrible nova. Un novo asasinato machista que cercena a vida dunha muller, neste caso en Lugo.

🙅🏻‍♀️ Cada día amósase máis imprescindible a loita feminista.
¡Nin unha muller menos!

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/crimen-lugo-mujer-muerta/202211280013561620658.html
🧑🏻‍⚕️ Bo día! Hoxe hai convocadas nun gran número de concellos de Galicia mobilizacións en defensa da sanidade pública.

🩺 O deterioro das Urxencias e na Atención Primaria veñen de lonxe e están marcadas pola falla de persoal.

👉🏼 Se queres ir defender os teus dereitos aquí está a listaxe de concentracións:

Plataformas SOS Sanidade Pública convocan mobilizacions o dia 30 na Defensa da Atención Primaria Pública e de apoio a Iniciativa Lexislativa Popular
1. A Coruña 20 horas Obelisco
2. Ferrol 19 horas diante Ambulatorio Fontenla Maristani
3. A Mariña 12 maña Centro Saude de Burela
4. Vigo 19 horas Frente O Marco, Rua do Príncipe
5. Pontevedra 7 tarde cruce Benito Corbal con Sagasta
6. Santiago de Compostela Praza Roxa as 20 hora
7. Grove 8 a 10 diante centro de Saude de 10,30 a 12,30 Rua Castelao
8. Sanxenxo Centro Saude Baltar de 8,30 a 11 e Centro de Saude Vilalonga 12,30 a 14
9. Ribadumia Recollida firmas de 10 a 12 Centro de Saude
10. Moaña 12 da Maña frente a Centro de Saude
11. Cacerolada as 12 horas, diante dos Centros de Saúde de Arbo, Covelo, Mondariz, Ponteareas e Salvaterra.
12. Acto artístico- reivindicativo da plataforma do Condado e a Paradanta (Covelo, Arbo, Cañiza, Ponteareas, As Neves, Salvaterra, Mondariz, Mondariz Balneario) as 19h. na PrazaBugallal de Ponteareas.
13. Condado Paradanta: Seis alcaldes da comarca exixen aplicación de medidas urxentes no seus Centros de Saude: Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza e Salceda de Caselas

14. A Guarda 8 tarde Praza Avelino Vicente
15. Val Miñor 19 horas Alameda Ramallosa
16. Cambados 11,30 Diante do Centro de Saude
17. Cerdedo convocatoria popular e aberta é ás 19h no Centro de Saúde (Plataforma Cerdedo pola Sanidade Pública)
18. Vilagarcía 19 horas diante Centro de Saude de San Roque
19. Marin Recollida de firmas no centro de saude a partir das 11 horas
20. Cee mesa de recollida de sinaturas Praza 8 de Marzo de 10:00h. a 20:00h.
21. A Rochela Recollida a partir das 19 horas recollida de firmas e colocación de candelas diante do Centro de Saude
22. Naron
23. Monforte
24. Verin
25. Barco de Valdeorras
26. Tui
27. Oia
28. Tomiño
29. Redondela
30. Covelo
31. O Rosal, concentración as 20:00h. na Praza di Calvario.
32. SOS Servizos Público Carral
33. En Naron. Recollida de firmas, Diante do centro de Saude en Rúa Camino do Lodairo de 19.30h a 21:00h.
💉 O deterioro na atención primaria ten un grave impacto no acceso á saúde e nos dereitos sociais.

🩺 Centros de saúde con esperas de semanas para unha consulta, PACs sen persoal médico coma acontece na área de Pontevedra-O Salnés, persoal das diferentes categorías estresado e sobrepasado son as consecuencias de anos de abandono á nosa sanidade.

🌡 O 12 de febreiro a Plataforma SOS Sanidade Pública ten convocado unha mobilización en Compostela. Ogallá sexamos moitas e moitos os que acudamos e berrar que xa abonda de ataques á sanidade pública. Vémonos!
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
👉🏼 A Xunta vén de trasladar a previsión de datas para exames de oposición do SERGAS, fixando de xeito sorpresivo o exame de enfermaría para o mes de xuño, afectando ao persoal eventual, fixo e ás usuarias.

👉🏼 Unha reflexión:
💜✊🏼 Onte, 8 de Marzo, milleiros de mulleres saímos ás rúas para denunciar a opresión do sistema patriarcal e defender os dereitos de todas as mulleres.

👉🏼 O feminismo, por máis que se queira insistir na súa división, foi, é e será un movemento emancipador, transversal e plural.

💪🏼 Seguiremos nas rúas ata que todas as mulleres en todos os lugares e circunstancias sexamos libres!!
🩺 Esta mañá toca quenda de traballo, por iso este 10 de Marzo non poderei estar presente na mobilización e nos actos que coma cada ano se celebrarán en Ferrol co gallo do Día da Clase Obreira Galega.

👉🏼 Non obstante aproveito a ocasión non só para reivindicar a loita sindical nas figuras de Amador e Daniel, asasinados fai 51 anos pola represión franquista, se non para reivindicar a necesaria loita obreira no presente, máximo nun momento de elevada precariedade de traballadoras e traballadores.

Porque foron, somos.
👉🏼 O pasado sábado Esquerda Unida mantivemos unha xuntanza coa nova dirección do Partido Comunista de Galicia.

✊🏼 Traballo man a man para fortalecer as nosas organizacións políticas desde o apoio e coa trincheira mutua na loita polos dereitos da clase obreira.
🤗 Esta tarde temos unha cita en Ponteareas. Presentamos a nosa candidatura ás vindeiras eleccións municipais.

👉🏼 Ás 19:00 vémonos no Auditorio Reveriano Soutullo.
Fai tan só uns meses asistiamos á presentación das memorias do compañeiro Alfonso Del Moral, tras unha vida de loita polos dereitos da clase obreira.

Desgraciadamente esta noite, como soe dicir Alonso Montero, quen interviu nesa presentación, Alfonso “foi durmir fóra”.

Gracias polo teu exemplo. Que a terra te sexa leve compañeiro.
👉🏼 Mañá xoves estarei no Porriño participando da presentación da nosa candidatura ás vindeiras municipais.

🤗 Vémonos ás 20h no Centro Cultural.