Eva Solla Fernández
77 subscribers
791 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
👉🏼 O vindeiro 28 de Maio temos a oportunidade de recuperar as nosas cidades e vilas para traballadoras e traballadores.

😊 Facelas vivibles, inclusivas, igualitarias. Garantir o dereito á vivenda, á axuda social, aos servizos públicos e a un medioambiente máis limpo.

👨🏻‍💼 Esta noite estarei en Vigo apoiando ao noso candidato á alcaldía, Rubén Pérez e ao resto da candidatura.
🙋🏻‍♀️ Ola! Se vives no Porriño mañá tes unha cita con nós!

👉🏼 Ás oito da tarde estarei xunto a Patricia Sío, candidata á alcaldía e Pedro Ocampo, coordinador de Esquerda Unida no Porriño falando da nosa proposta municipal.

👏🏼 Agardámoste!
👉🏼 Esta tarde estarei en Vigo acompañando a Carlos Sánchez Mato, responsable de Economía de Izquierda Unida, ao noso cabeza de lista Rubén Pérez e á número 2 da nosa candidatura, Meli Vázquez, para falar de remunicipalización de servizos.

👮🏼👷🏽‍♀️👨🏻‍🔧👩🏻‍🚒
Será ás 19:45 no auditorio da ONCE na Avda.Gran Vía.
Acompáñanos!!
👉🏼 Mañá ás 12:30 estarei na Coruña apoiando a Jose Manuel Sande e ao resto da nosa candidatura.

💪🏼 Precisamos unha Coruña máis inclusiva, feminista, obreira e verde. Precisamos un Goberno que traballe Por Coruña.

😄 Agardámosvos!!
👉🏼 Mañá sábado pola tarde estarei en Boiro apoiando a Néstor Sieira, candidato á alcaldía de Esquerda Unida e ao resto de compañeiras e compañeiros da candidatura.

😃 Agardámosvos ás 20h para falar das nosas propostas municipais.
👉🏼 A Xunta de Galicia vén de privatizar a atención sanitaria aos abortos licitando a súa práctica en clínicas privadas cun contrato de máis de 2,5 millóns de euros.

✊🏼 Hoxe 28 de setembro, Día de Acción Global polo Aborto Legal, Seguro e Accesible saímos á rúas para demandar que a sanidade pública garanta este dereito.
🇵🇸 Centos de persoas berramos hoxe en Vigo contra o xenicidio sionista, reclamando a liberdade do pobo palestino e denunciando a complicidade da UE e das grandes potencias nas atrocidades perpetradas polo Goberno de Israel.
Ogallá se recupere pronto.
¡Xa abonda de represión contra quen reclama traballar con dignidade!
¿Cómo é posible que a Xunta e as deputacións manteñan a un persoal imprescindible coma é o corpo de bombeiros comarcais sen medios suficientes e salarios conxelados?
Todo o meu apoio. 🧑🏼‍🚒

https://www.laregion.es/articulo/ourense/bomberos-comarcales-concentran-ourense-reclamar-mejores-condiciones-trabajo/202310231231231251079.html
Que tantos días despois teñan que ser persoas voluntarias as que limpan as nosas costas é un despropósito e unha vergoña.

O Presidente Rueda debe comparecer e explicar por qué segue sen actuar e por qué non solicita a axuda ofrecida polo Gob.Central.
🩺 Está mañá vémonos en Compostela en defensa da Sanidade Pública.

🌡️ A nosa saúde merece de investimentos, persoal e investigación.

🔬 Hoxe marchamos contra o deterioro e os recortes do PP. Imos!!
🏬 Esta tarde estivemos apoiando a concentración convocada por Os Ninguéns en Vigo contra a especulación , a proliferación descontrolada dos pisos turísticos e a falla de vivenda pública.
🏡 ¡Vivenda por dereito!