https://www.farodevigo.es/autores/a-leyenda.html
Alberto Leyenda <p>Panxonés erradío pero militante, empecei a aprender o oficio en Europa Press en 2005, logo publiquei en medios coma El País, a revista Rolling Stone ou El Periódico de Catalunya. Cheguei ao FARO, o xornal que de pequeno vía ler ao meu avó, en 2017, despois dunha enriquecedora experiencia de tres anos na China. Polo camiño tamén me dediquei á música. Agora, na mesa de última hora, afrontando cada día novos retos.</p>