Galiza Nova
186 subscribers
478 photos
36 videos
10 files
774 links
Canle de Galiza Nova. Organización xuvenil do @bloquenacionalistagalego
As nosas redes: https://linktr.ee/GalizaNova
Download Telegram
Logo da implantación de ENCE na ría de Pontevedra, cos problemas que xerou para a nosa terra, agora preténdese que outra celulosa sexa implantada en Galiza.

Este novo proxecto impulsado pola empresa portuguesa Altri, vén da man da alianza con Greenalia, da que forma parte a ex-conselleira do Partido Popular, Beatriz Mato; que busca, co beneplácito da Xunta do PP, o estabelecemento dunha nova megafactoría de celulosa (10 veces máis grande ca ENCE) en Palas de Rei, Lugo, que pensa aproveitarse das augas do río Ulla para levar a cabo a súa actividade durante un período de 75 anos, sen ter en conta o terríbel impacto ambiental e social que existiría tanto na comarca do Ulla como no resto do noso país.

As mozas e mozos deste país non estamos dispostos a que isto sexa así, e seguiremos en pé na defensa dun país rico, produtivo e diverso. A mobilización social ten que ser unha das principais armas contra as decisións políticas e xurídicas que hipotecan o noso futuro, polo que animamos a todas as persoas a se organizaren na defensa do territorio, e a apoiar os actos e alegacións impulsados contra o proxecto por ADEGA, ou plataformas como Ulloa Viva ou Altri Non.

DEFENDAMOS A NOSA TERRA DOS INTERESES ESPURIOS!

Consulta o comunicado completo na nosa web.

https://galizanova.gal/altri-o-espolio-que-se-repite-fora-as-vosas-mans-da-nosa-terra/

IG: https://www.instagram.com/p/C4xyoMrseqk/?igsh=MThxajcybzQ2aGJ1bw==
X: https://x.com/galizanova/status/1770805051436548274?s=46
FB: https://www.facebook.com/100069104504305/posts/723142546665889/?mibextid=rS40aB7S9Ucbxw6v
✊🏻🩵 Poñemos fin a unha fin de semana de formación e convivio e pechamos as XXIV Xornadas da Historia de Galiza 'Tecendo o fío lilá da historia' ♀️

Grazas a Paco Rodríguez e a Lasi Castro por achegarse ata Padrón a falar con nós e aprendernos tanto. Grazas a Casa museo de Rosalía de Castro e a asociación Castelos no aire por ensinarnos o patrimonio cultural e natural que ten o concello e grazas ao BNG de Padrón pola axuda na organización ‼️

... conta atrás para as Xornadas de Verán!

X: https://x.com/galizanova/status/1779574986123919625?s=46&t=vP5yaSMXVgWtZMlL7xu2yQ

IG: https://www.instagram.com/p/C5wGkXtMY82/?igsh=ZnhnZmFtZDAxcTN4

FB: https://www.facebook.com/share/p/r4v2ZJvKAbA8iS24/?mibextid=WC7FNe
Desde Galiza Nova saudamos o povo português com grande fraternidade na comemoraçom do 50 aniversário da Revoluçom dos Cravos. Desde a Galiza, coma país lusófono e naçom irmã de Portugal, celebramos e reivindicamos o 25 de abril como umha data própria de liberaçom popular frente ao fascismo. Todos os dias tenhem de ser 25 de abril, todos os dias tenhem de ser de luita antifascista contra o seu terror.
“Em cada esquina um amigo, em cada rosto igualdade”.
#25deAbrilSempre #FascismoNuncaMais

IG: https://www.instagram.com/p/C6LHHuqs5IO/?igsh=djVudXhtNXY0am5s
X: https://x.com/galizanova/status/1783375521612538263?s=46
FB: https://www.facebook.com/100069104504305/posts/743480084632135/?mibextid=rS40aB7S9Ucbxw6v
✊🏼
Na véspera do Día Internacional dos Traballadores, Galiza Nova ergue a voz en defensa dos dereitos da mocidade traballadora galega. Unha mocidade cada día máis precarizada, con salarios máis baixos e contratos temporais, que sempre terá no sindicalismo nacionalista unha ferramenta na loita polos seus dereitos.

Sindícate, afíliate á CIG, fai valer a túa voz❗️

IG: https://www.instagram.com/reel/C6ZYPuyMC_f/?igsh=MWM2OTRrZGp4aGs4eA==
X: https://x.com/galizanova/status/1785384354207703342?s=46
TikTok: https://www.tiktok.com/@galizanova/video/7363738300428864801?_t=8lxzwAGX85I&_r=1
📸 A mocidade galega saímos hoxe ás rúas do país da man da CIG para a reclamar unhas condicións laborais dignas e reivindicar os dereitos que o grande capital nos nega 🙅🏻‍♀️

#1DeMaio

X: https://x.com/galizanova/status/1785766395449426325?s=46&t=vP5yaSMXVgWtZMlL7xu2yQ

IG: https://www.instagram.com/p/C6cGF-CM7xp/?igsh=MXVyOXlmanV5MmYzag==

FB: https://www.facebook.com/100069104504305/posts/pfbid0262q7Gzgbvmms1Mx3E61whPRZNhHG9JCDpNVWMHDVXSSt6FGAgmn3Pucx9wn8xboxl/?
Este 17 de maio, Galiza Nova volve saír ás rúas na defensa da lingua galega, un dos piares fundamentais do noso pobo. A lingua galega é o espello no que nos recoñecemos como galegas e galegos, facéndonos únicos no mundo.

Galiza é unha nación con lingua propia, case milenaria, que evolucionou desde o século IX. O galego non é unha lingua folclórica; é esencial para o noso desenvolvemento como pobo ceibe e soberano. Porén, foi vítima de ataques durante séculos con motivo da doma e castración de Galiza, e hoxe a Xunta do PP colabora no seu retroceso con políticas lingüicidas e antigalegas, subordinándose ao imperialismo colonialista español.

Fronte a esta situación, facemos un chamamento á mocidade galega a falar en galego para manter a nosa lingua viva mil primaveras máis e combater a crecente españolización do noso país. Neste Día das Letras Galegas, dedicado a Luísa Villalta, e todos os días do ano, defende o uso do galego!

Conta nas redes sociais por que defendes o galego co cancelo #ALinguaDoMeuPobo. Queremos escoitarte e compartir as túas razóns co mundo. Defendamos xuntas a nosa lingua!

IG: https://www.instagram.com/p/C7D6FXWMIpz/?igsh=b2F1bHRvcXhscHI1
TW: https://x.com/galizanova/status/1791369057674920376?s=46
FB: https://www.facebook.com/100069104504305/posts/757209136592563/?mibextid=rS40aB7S9Ucbxw6v
"Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma". Porque é a nosa lingua, a nosa identidade. Porque a nosa liberdade será en galego ou non será 🩵✊🏻

📹 Deixámosvos un resumo da nosa comitiva na manifestación de hoxe!

#DíaDasLetrasGalegas

IG: https://www.instagram.com/reel/C7FMvbfsnMA/?igsh=bWxmOWlvN29yeWIz
X: https://x.com/galizanova/status/1791552056274075752?s=46
TikTok: https://vm.tiktok.com/ZGeXRWfb8/
🩵 DEFÉNDOA PORQUE É A LINGUA DO MEU POBO 🩵

Outro #17deMaio no que nos manifestamos pola defensa do galego, polo noso dereito a vivir libremente na nosa lingua, en todos os ámbitos, sen impedimentos.

Manifestámonos porque a realidade é que cada vez hai menos falantes de galego na Galiza, porque as políticas da Xunta e do goberno estatal non fan máis que eliminar o noso idioma en detrimento do castelán.

A mocidade galega non debemos ficar caladas mentres vemos como nos rouban a nosa identidade e o noso medio de comunicación máis importante: a lingua.

Sempre en Galiza, sempre en galego

TW: https://x.com/galizanova/status/1791890395799941207?s=46&t=vP5yaSMXVgWtZMlL7xu2yQ

IG: https://www.instagram.com/p/C7Hm4JoMT5N/?igsh=M3dvMjZ5OWU1YXFz

FB: https://www.facebook.com/100069104504305/posts/pfbid02iWnY86PKQ3SK2zJpgRLVwcG6LpbSTFoiptwLJ8dPwsN7qvMg7w6vAhxMMesi3NWcl/?
Nestes tempos de desafíos globais e crises continuadas, consideramos crucial que Galiza teña unha voz forte en Europa, que a mocidade galega teñamos unha voz forte en Europa‼️
*Queres coñecer as nosas propostas? Queres saber cal é o modelo polo que apostamos?* Vén falar con nós! 🗣

📅 Sábado 25 de maio ás 12:00
📍 Praza da Fariña (A Coruña)*
* En caso de choiva será no @laterrazadel_profe
💬 Coas intervencións de:
Marta Gómez ( @srtamgm ) Secretaria Xeral de Galiza Nova
Artai Gavilanes ( @artai_gavilanes ) candidato nas #EleccionsEuropeas2024
Ana Miranda ( @ana_mirandapaz ) cabeza de lista de @obloque nas #EleccionsEuropeas2024
Ana Pontón ( @ana_ponton ) Portavoz Nacional de @obloque

⁉️ Ao remate poderás facerlle as túas preguntas ás nosas candidatas!

IG: https://www.instagram.com/p/C7Pc0vyscfO/?igsh=b3pqN3E0bXJlMnVp
X: https://x.com/galizanova/status/1792993964372451682?s=46
FB: https://www.facebook.com/100069104504305/posts/760222932957850/?mibextid=rS40aB7S9Ucbxw6v
👥 No día de onte Galiza Nova puido contar coa candidata cabeza de lista @anamiranda e co noso compañeiro candidato Artai Gavilanes nun acto no que falamos sobre a importancia de se mobilizar a mocidade galega este 9 de xuño.

📝 Neste acto tratáronse numerosas cuestións que afectan á mocidade polas políticas que se determinan na Unión Europea, como o control dos nosos medios produtivos, a emigración por falla de oportunidades, o aumento do gasto militar, a complicidade coa guerra e o imperialismo, entre moitas outras.

🤝 Desde Galiza Nova e o Bloque Nacionalista Galego defendemos un modelo radicalmente diferente para Europa, onde se respecte a soberanía dos diferentes pobos e nacións, con políticas que fomenten maior igualdade, xustiza social e oportunidades para a mocidade.

IG: https://www.instagram.com/p/C7bOvB7MZKC/?igsh=MW44Mm9vMXF5MzhmNw==

TW: https://x.com/galizanova/status/1794651743571378644?s=46&t=vP5yaSMXVgWtZMlL7xu2yQ

FB: https://www.facebook.com/share/p/uAhokUZjNfxbUsWd/?mibextid=WC7FNe
📢 Esta mañá Palas de Rei encheuse de voces que berraban "Altri NON!". Non precisamos nin queremos máis macroproxectos que veñen a destrozar a nosa biodiversidade para beneficio duns poucos.

#AltriNON

IG: https://www.instagram.com/reel/C7cMVfVMZUj/?igsh=MXdjbDhjOHh0cm4wZg==

TW: https://x.com/galizanova/status/1794788588426846322?s=46&t=vP5yaSMXVgWtZMlL7xu2yQ

FB: https://fb.watch/sjcc3L12-x/?
Dende Galiza Nova, denunciamos o masacre perpetrado polo estado ilexítimo e xenocida de Israel no campo de refuxiados de Tal al Sultan, en Gaza, onde morreron polo menos 50 palestinos, moitos deles nenos. Este ataque salvaxe, que desobedece deliberadamente a orde da Corte Internacional de Xustiza, é unha mostra máis do terrorismo do estado israelí.

Condenamos tamén a complicidade da OTAN e da UE, que coa súa inacción e apoio a Israel permiten estas atrocidades. O silencio e a colaboración destes organismos convertenos en cómplices do xenocidio do pobo palestino.

Toda a nosa solidariedade coas vítimas do xenocidio.

Dende o río até o mar, Palestina vencerá!

IG: https://www.instagram.com/p/C7eb7_4N-7O/?igsh=MXNhbHVtZjlsMDJ3ZQ==
X: https://x.com/galizanova/status/1795102547507593632?s=46
FB: https://www.facebook.com/100069104504305/posts/763683959278414/?mibextid=rS40aB7S9Ucbxw6v
📢 Na mañá de onte estivemos en Palas de Rei na manifestación convocada por @plataformaulloaviva en contra do proxecto da macrocelusosa de Altri que o goberno da Xunta do PP respalda e promove.

💶 Non soamente é un atentado contra a nosa biodeversidade forestal e marítima, senón que tamén responde a uns intereses económicos e políticos que non beneficiarían á sociedade galega e que só servirían para encher os petos duns poucos.

En Galiza Nova témolo claro: fóra as vosas mans da nosa terra! #AltriNON

IG: https://www.instagram.com/p/C7ey-YNi_OG/?igsh=MTl1aGNqZTYxeXQ3aw==

X: https://x.com/galizanova/status/1795152554365477164?s=46&t=vP5yaSMXVgWtZMlL7xu2yQ

FB: https://www.facebook.com/share/p/eD1vHj95zkdDG7kf/?mibextid=WC7FNe
UNHA NACIÓN, UNHA SELECCIÓN!

Galiza-Panamá, 31 de maio 2024.

A existencia de seleccións nacionais propias en Galiza é esencial para o noso recoñecemento como nación e para fortalecer a nosa identidade colectiva. A falta de oficialidade e de calendario estábel para as nosas seleccións impide que os e as deportistas galegas teñan as mesmas oportunidades que as súas homólogas doutras nacións do mundo. Galiza Nova defende a creación de seleccións galegas que poidan competir oficialmente a nivel internacional en todas as modalidades e categorías deportivas.

Consideramos imperioso que o novo Goberno Galego asuma a proposta avalada por miles de sinaturas e defendida no parlamento para conseguir a oficialidade das nosas seleccións. Isto non só beneficiaría os nosos deportistas, proporcionando máis oportunidades, senón tamén fortalecería o sentimento de pertenza e orgullo de sermos galegas.

A existencia de seleccións nacionais contribúe á cohesión social e á identidade colectiva, mostrándonos ao mundo como a nación que somos.

Por iso, Galiza Nova continuará a loitar incansabelmente para que as nosas seleccións sexan recoñecidas oficialmente e poidan representar a Galiza nos ámbitos deportivos internacionais, promovendo o noso dereito a competirmos e sermos visibilizados como pobo.

IG: https://www.instagram.com/p/C7mjBqWM9dk/?igsh=MXZtYnpvMnd4YzJoag==
X: https://x.com/galizanova/status/1796244084203430025?s=46
FB: https://www.facebook.com/100069104504305/posts/765496445763832/?mibextid=rS40aB7S9Ucbxw6v