Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
A partir das 4 da tarde, poderas seguir en directo a volta ao Concello de Rianxo da cabalgata dos Reis Magos. A comitiva percorrerá as parroquias polas estradas principais para que as crianzas se acheguen a saudalos desde as beirarrúas, ventás e balcóns. A emisión en directo permitiravos saber cando van pasando por cada lugar.

Recordade manter as distancias de seguridade co resto do publico.

A volta empezará en Isorna, e tras percorrer Leiro, A Martela, Asados, Burés, O Araño, Taragoña (volta na Burata), O Pazo, Rinlo, Tanxil, Paseo de Ribeira e a Praza Castelao, rematará no Auditorio de Rianxo cunha recepción privada, sen público.
A Xunta de Galicia anuncia a aplicación do nivel de restricións medio-alto a todos os municipios galegos a partir do venres. Rianxo seguirá en nivel máximo de alerta. Aplícanse novas restricións á mobilidade e ás xuntanzas entre persoas non conviventes.
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/54596/feijoo-pide-aos-galegos-maxima-prevencion-anuncia-que-toda-galicia-estara-desde
Os cinco grupos da corporación municipal apoiamos nun comunicado conxunto aos veciños afectados por un desfiuzamento en Rianxiño. Hoxe suspendeuse en Padrón o xuízo e a empresa desestimou a súa denuncia. Un primeiro paso para que as partes busquen un acordo.
Monbus achegounos unha nova táboa de rutas e horarios actualizados e informan de que están a colocar paneis informativos cos horarios nas paradas máis relevantes.

Lembra que, en todo momento, podes utilizar o buscador de horarios desde dúas paradas concretas na web https://www.bus.gal/ ​​​​​​​ https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/actualizacion-dos-horarios-de-autobuses-21-01-2021-
Desde o 23 de xaneiro ao 6 de febreiro, poderase visitar no Auditorio de Rianxo a exposición de gravados Luís Seoane: Homenaxe á Torre de Hércules, no marco dos Actos Castelao 2021 https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposici-n-de-gravados-lu-s-seoane-homenaxe-a-torre-de-h-rcules
O grupo Ailá actuará o vindeiro 23 de xaneiro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/aila-en-concerto-nos-actos-castelao-2021
Lembra que, desde outubro, o Sergas publica e actualiza decote os datos da incidencia da covid-19 en Galicia, que en todo momento podes consultar na súa web: incidencia global, datos por concellos, restricións...
https://coronavirus.sergas.gal/datos
Suspéndese a programación completa dos Actos Castelao 2021 debido ás restricións á actividade cultural que entran en vigor o 27 de xaneiro debido á COVID-19.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/suspension-dos-actos-castelao-2021
Emisión en directo do Pleno de xaneiro:

https://youtu.be/sZ3-9VlN8GE
Aprobado o Plan de Acción para o clima e a Enerxía Sostible-PACES.
No ano 2016 o Concello de Rianxo sumábase o Pacto das Alcaldías para o clima e a enerxía consistente, no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando pola súa vez na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a el, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sustentable e alcanzable e que ten sido subscrito xa por mais de 7.000 concellos e entidades de ámbito local da Unión Europea.
Este acordo impulsaba entre outros a esixencia por parte da organización do Pacto das Alcaldías polo Clima de contar cada municipio cun documento chamado Plan de Acción para o clima e a enerxía sostible-PACES- que hoxe se aprobou por unanimidade. Un documento que apunta de xeito global a unha serie de medidas a desenvolver de aquí ao ano 2030, algunha delas concreta e en marcha como é a substitución das luminarias do Concello por tecnoloxía led, un proceso subvencionado polo Ministerio a través do IDAE e que cambiará un 65% das luminarias a LED nesta primeira fase. Un proxecto de case un millón de euros.
Todas as medidas/accións propostas no plan, prevén que o municipio de Rianxo reduza as súas emisións de CO2 nun 40 % ata o ano 2030, tendo como referencia o ano 2017.
Isto significa portanto que as emisións de Rianxo en 2030 non deberán superar 22471 TeqCO2/ano desde as 37768 TeqCO2/ano actuais.
As medidas suxiren unha diminución gradual de emisións nos sectores clave de 50 % dos edificios municipais, 60 % do alumeado público e 40 % dos edificios privados/terciarios e do transporte, medidas de fiscalidade verde, medidas de mellora da mobilidade, entre outras.